Topónimos galegos en -obre
En Galicia, especialmente no Golfo Ártabro e no Val do Ulla, existe un grupo de topónimos rematados en -obre. Segundo Moralejo, están son continuacións medievais e modernas (en -bre, -be, -ve) de formas antigas en -bris. Están relacionadas xa que logo as terminacións -briga (v. Nemetobriga ou Brigantium), -brix, -bris, -bria e -bre (precedido de vogal: -abre, -ebre, -ibre, -obre e -ubre; ou consoante, i.e. -mbre).
Listaxe non exhaustiva
[editar | editar a fonte]Nome actual | Concello(s) | Nome antigo, evolución ou outras observacións |
---|---|---|
Alcobre | Vila de Cruces | |
Añobre | Vila de Cruces | |
Añobres | Muxía | |
Anzobre | Arteixo | |
Baiobre | Arzúa e Touro | |
Bañobre | Guitiriz, Miño, Monfero (dato da Xunta), San Sadurniño (dato da Xunta) | |
Barallobre | Betanzos, Fene, Friol | |
Callobre | Brión, A Estrada (dato da Galipedia), Fene (dato da Xunta), Miño, Ortigueira (dato da Galipedia), Oza-Cesuras, Paderne (dato da Xunta) | |
Canzobre | Arteixo | |
Cillobre | Culleredo, A Laracha, Touro (dato da Galipedia) | |
Fiobre | Bergondo | |
Illobre | Betanzos, Boqueixón (dato da Xunta), Vedra | |
Iñobre | Rianxo | |
Ixobre | Ares | |
Laxobre | Arteixo | |
Maiobre | Ares | |
Obre | Paderne | |
Pantiñobre | Arzúa | |
Pezobre | Santiso | |
Pezobrés | Santiso | |
Rañobre | Arteixo | |
Sillobre | Fene | |
Tallobre | Negueira de Muñiz | |
Tiobre | Betanzos | |
Xobre | A Pobra do Caramiñal |
Fóra de Galicia
[editar | editar a fonte]Esta etimoloxía podería non circunscribirse exclusivamente a Galicia: non se poden descartar os posibles Cobre en Asturias ou Dobres en Cantabria e Corte de Cobres, concello de Mértola, distrito de Beja, Portugal. Con todo, é improbable dada a concentración xa non en Galicia, senón en determinadas áreas interiores, e toda hipótese debe confirmarse con documentación medieval.
Outras terminacións relacionadas
[editar | editar a fonte]Existen outras formas evolucionadas por metátese ou disimilación. Ademais, o betacismo permitiu a variación ortográfica.
ove
[editar | editar a fonte]Outros sospeitosos son os rematados en -ove, que en Galicia son:
- O Grove (< O Grobe < Ogrobe < Ogobre < Ocobre)
- Guiove,
- Landrove,
- Montrove (< Montobre) e
- Tragove (en Corvillón, Cambados).
Tamén aparecen:
- Castrove (< Castrobre)
No entanto, non se incluirían Ove (de Euve) ou Xove (de [Villa] Iovii).
obe
[editar | editar a fonte]Falsos positivos
[editar | editar a fonte]Existen outros topónimos con esa cadea fonética, pero que non están relacionados coa mesma etimoloxía: Cobres ou aqueles coas palabras
- nobre,
- pobre,
- cobre (O Cobre en Ames, Cobres en Vilaboa),
- sobre- (de suber, "sobreira" ou de super, "posición superior"),
- robre (de robur, "carballo") e
- salobre (de "auga pouco salgada")
- Sansobre, en Vimianzo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Para Galicia: toponimia.xunta.es; pódese contrastar cartográficamente
- Para Portugal: mapadeportugal.net
- Para España: ine.es
- Moralejo, Juan José "Cambre, Pambre e outros topónimos en -bre" en Revista Galega de Filoloxía, 2003, 4: 97-112. ISSN 1576-2661. Consultable aquí no Repositorio da Universidade da Coruña.