Saltar ao contido

Aclimatación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aclimatación é o proceso polo que un organismo se adapta ós cambios do seu contorno, frecuentemente en relación coa temperatura ou clima, a diferenza da adaptación, a aclimatización acontece nun período de tempo relativamente curto como a vida dun organismo ou grupo. Nalgúns organismos a aclimatación desenvólvese en ciclos periódicos, como o medro do pelo que experimentas algúns mamíferos no inverno.

Algúns científicos distinguen entre a aclimatación como resposta a alteracións ambientais naturais e a aclimatación como resposta a mudanzas ambientais impostas en condicións de laboratorio.