Albert Günther
Nome orixinal | (de) Albert Karl Ludwig Gotthelf Günther |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Albert Karl Ludwig Gotthilf Günther 3 de outubro de 1830 Esslingen am Neckar, Alemaña |
Morte | 1 de febreiro de 1914 (83 anos) Londres, Reino Unido |
Presidente da Sociedade Linneana de Londres | |
1896 – 1900 ← Charles Baron Clarke – Sydney Howard Vines (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Tubinga |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía, Ictioloxía e Herpetoloxía |
Ocupación | biólogo, ictiólogo, herpetólogo, conservador, zoólogo, coleccionista de animais |
Empregador | Museo de Historia Natural de Londres, division manager (en) (1875–1895) Museo de Historia Natural de Londres, ictiólogo (1856–) Museo Británico |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Günther |
Familia | |
Fillos | Robert Gunther |
Premios | |
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) Nordisk familjebok Obálky knih, |
Albrecht Carl Ludwig Gotthilf Günther, tamén coñecido como Albert Charles Lewis Gotthilf Gunther e Albert Günther, nado o 3 de outubro de 1830 en Esslingen (Suabia), e finado o 1 de febreiro de 1914 en Richmond upon Thames, Gran Londres (Reino Unido), foi un zoólogo británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 3 de outubro de 1830 en Esslingen, Suabia, daquela no reino de Baviera.
Estudou teoloxía en Bonn e en Berlín, e despois medicina en Tubinga.
En 1856 trasladouse ao Museo Británico, onde traballou en ictioloxía. Despois da morte de John Edward Gray, en 1875, foi director do departamento de zooloxía do Museo de Historia Natural, até 1895. Ademais de traballar con peixes da colección do museo, fíxoo con réptiles e anfibios[1]
Naturalizado británico en 1874, Günther faleceu no Real Xardín Botánico de Kew (Royal Botanic Gardens, Kew) o 1 de febreiro de 1914.[1][2]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Günther emprégase para recoñecer a Albert Günther como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.