Alfiz
Aparencia
Un alfiz é un termo de orixe árabe (al-ifriz) que designa a moldura ornamental, xeralmente de forma rectangular, que envolve os arcos do estilo árabe e que pode arrancar desde as impostas ou desde o chan[1]
O seu uso é xeral na arquitectura musulmá, especialmente na arte islámica da Península Ibérica, influíndo así na arte mozárabe e cristiá.
Existen dous tipos de alfices:
- A: o que nace das impostas do arco.
- B: o que nace directamente do chan.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfiz |