América
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Tipo | supercontinente área continental e illas circundantes continente | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Amerigo Vespucci | ||||
Descubridor ou inventor | Cristovo Colón valor descoñecido | ||||
Parte de | superficie terrestre Terra | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Punto máis baixo | Lagoa do Carbón (−105 m ) | ||||
Punto máis alto | Aconcagua (6.961 m ) | ||||
Superficie | 42.549.000 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1492 e hai 30.000 anos | ||||
América ( pronunciación (axuda · info)), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.
É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.[1]
Xeografía física
[editar | editar a fonte]Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenas no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: o río Amazonas en Suramérica, e o río Mississippi en América do Norte.
Etnografía
[editar | editar a fonte]A poboación americana está constituída polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura: amerindios e esquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América); europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), e africanos negros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.
Idiomas
[editar | editar a fonte]Fálanse varios idiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é o español, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.
Outros idiomas importantes son (enumerado por número de falantes):
- Inglés - 300-325 millóns de falantes nos Estados Unidos de América, Güiana, Illas Malvinas, a maioría do Canadá, e varias illas no mar Caribe.
- Portugués - 189 millóns de falantes, predominantemente no Brasil.
- Francés - Aproximadamente 10-15 millóns de falantes en Haití, Güiana Francesa, partes do Canadá, Saint-Pierre-et-Miquelon, e varias illas francesas no mar Caribe.
- Quechua - Falado por moita xente indíxena, 10-13 millóns, nos Andes, especialmente en Bolivia, o Perú e Ecuador.
- Guaraní - Aproximadamente 6 millóns de falantes no centro de Suramérica, predominantemente en Paraguai.
En menor medida, tamén se falan:
- Aimará - lingua indíxena falada nos Andes, especialmente en Bolivia.
- Kʼicheʼ - lingua indíxena falada en Guatemala e o sur de México.
- Náhuatl - lingua indíxena falada no centro de México por 1,5 millóns de persoas.
- Neerlandés - falado nas Antillas Neerlandesas, Aruba e Suriname.
- Mapudungun (ou mapuche) - lingua indíxena falada por aproximadamente 440 mil persoas en Chile e a Arxentina.
Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e no Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.
O total de idiomas de América supera a centena.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo a teoría máis aceptada actualmente, os amerindios descenden de grupos de cazadores-colleitadores de orixe siberiana que migraron a América polo estreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de illamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemento de sociedades autónomas e moi orixinais, como os maias, os aztecas e os incas.
A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.
Xeografía política
[editar | editar a fonte]Como resultado deste devir histórico, América conta actualmente cos seguintes países e dependencias:
América do Norte
[editar | editar a fonte]América Central
[editar | editar a fonte]- Belize
- Costa Rica
- O Salvador
- Guatemala
- Honduras
- Nicaragua
- Panamá
- Antiga e Barbuda
- Aruba (Países Baixos)
- Bahamas
- Barbados
- Cuba
- Dominica
- Granada
- Guadalupe (Francia)
- Haití
- Xamaica
- Martinica (Francia)
- Porto Rico (Estados Unidos de América)
- República Dominicana
- San Cristobo e Nevis
- San Vicente e as Granadinas
- Santa Lucía
- Trinidad e Tobago
- Antillas Holandesas (Países Baixos)
- Illas Caimán (Reino Unido)
- Illas Virxes Americanas (Estados Unidos de América)
- Illas Virxes Británicas (Reino Unido)
América do Sur
[editar | editar a fonte]- Arxentina
- Bolivia
- Brasil
- Chile
- Colombia
- Ecuador
- Güiana Francesa (Francia)
- Güiana
- Paraguai
- Perú
- Suriname
- Uruguai
- Venezuela
- Illas Malvinas (Reino Unido)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-08-19.