Ana I de Rusia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1693 (Xuliano) Moscova, Rusia |
Morte | 17 de outubro de 1740 (Xuliano) (47 anos) San Petersburgo, Rusia |
Causa da morte | nefropatía |
Lugar de sepultura | Catedral de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo |
Emperador de todas as Rusias | |
5 de febreiro de 1730 (Xuliano) – 28 de outubro de 1740 (Xuliano) ← Pedro II de Rusia – Iván VI de Rusia → | |
Xefe da Casa dos Romanov | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Emperador de todas as Rusias |
Familia | Dinastía Romanov |
Cónxuxe | Frederico Guilherme, Duque da Curlândia (1710 (Xuliano), 1710–) |
Pais | Iván V de Rusia e Praskovia Feodorovna Saltykova |
Irmáns | Praskovia Ivanovna da Rússia Catarina Ivanovna da Rússia Maria Ivanovna Theodosia Ivanovna |
Premios | |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Russian Biographical Dictionary (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ana Ivanovna, tamén coñecida como Ana I de Rusia (en ruso: А́нна Иоа́нновна), nada o 28 de xaneiroxul./ 7 de febreiro de 1693greg. e finada o 7 de outubroxul./ 18 de outubro de 1740greg., foi Tsarina do Imperio Ruso de 1730 a 1740.
Ascenso ó trono
[editar | editar a fonte]Ana era filla de Iván V, e pólo tanto sobriña de Pedro o Grande. Ana casou con Federico Guillerme, Duque de Curlandia en novembro de 1710, pero na viaxe de regreso a San Petersburgo, en xaneiro de 1711, o seu marido morreu. Ana continuou como Duquesa de Curlandia (agora occidental) de 1711 ata 1730, co residente ruso, Peter Bestuzhev, como conselleiro. Non volveu a casar tras a morte do seu marido.
Coa morte de Pedro II, Supremo Consello Privado ó cargo do príncipe Dmitri Galitzine consagrou a Ana emperatriz en 1730. O Consello tiña a esperanza de que ela sería grata aos nobres pola súa fortuna inesperada e continuaría sendo unha figura de proa no mellor dos casos, e maleable no peor dos casos. Coa esperanza de establecer unha monarquía constitucional en Rusia, Ana foi convencida para asinar os artigos que limitaban o seu poder. Porén, estes non resultaron un gran problema para acabar establecendo un réxime autocrático.
Goberno
[editar | editar a fonte]Ana estableceu unha alianza con Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico e leva a Rusia a participar na Guerra de Sucesión Polaca, colocando no trono de Polonia ó seu candidato Augusto III.
No 1735 ataca ó Imperio Otomán. pero Carlos VI firma unha paz a parte que obriga a Rusia a suspender as hostilidades e a devolver todas as súas conquistas, coa excepción de Azov, durante o seu goberno, iniciouse a expansión de Rusia cara Asia Central.
Ana finou o 28 de outubro de 1740, e, ó igual que o seu antecesor, sen herdeiros directos, e nomeou ó seu sobriño Iván, que só tiña uns meses de vida, como sucesor.