Arne Næss
Nome orixinal | (nb) Arne Dekke Eide Næss |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1912 Slemdal, Noruega |
Morte | 12 de xaneiro de 2009 (96 anos) Oslo, Noruega |
Lugar de sepultura | Vestre gravlund |
Educación | Universidade de Oslo |
Actividade | |
Campo de traballo | Ecoloxía profunda |
Ocupación | filósofo, escritor, montañista, catedrático, ecoloxista |
Empregador | Universidade de Oslo |
Movemento | Ecoloxía profunda |
Deporte | alpinismo |
Familia | |
Fillos | Ragnar Næss |
Irmáns | Erling Dekke Næss |
Parentes | Arne Næss, Jr., sobriño |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Arne Dekke Eide Næss, nado en Oslo o 27 de xaneiro de 1912 e finado o 12 de xaneiro de 2009, foi un filósofo noruegués, fundador da ecoloxía profunda. Foi o catedrático máis novo en impartir clase na Universidade de Oslo, cargo que exerceu ininterrompidamente dende 1939 a 1970.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai foi maior do exército alemán e a súa nai era norueguesa. Diplomouse en filosofía en 1933 antes de continuar os seus estudos en París e Viena. Con 27 anos comezou a impartir clase na universidade de Oslo. En 1970, encadeouse, xunto a outras 300 persoas, para impedir a construción dunha presa cerca da cascada de Mardalsfossen, ao norte do país, o que provocou o abandono do proxecto. Fundou en 1973 coa "ecoloxía profunda" un pensamento ecolóxico que concede máxima prioridade ao coidado do planeta, o medio ambiente, a preservación dos sistemas ecolóxicos e as especies en perigo de extinción. Segundo expoñía, todos os seres vivos teñen o mesmo valor. Estaba a favor da loita pola preservación do planeta en manifestacións e tamén infrinxindo a lei.
No seu pensamento filosófico influíron sobre todo Baruch Spinoza, Mahatma Gandhi e o budismo. Naess desenvolveu ademais seis regras para os debates xustos suxeitos á materia en cuestión sen ataques persoais. "A ecoloxía profunda é un movemento segundo o cal non se fai o ben polo planeta en interese do ser humano, senón polo planeta en si mesmo", declarou Naess nunha entrevista publicada na web da Universidade de Oslo. Alpinista e sendeirista apaixonado, formou parte en 1950 do primeiro equipo en acadar a cima do Tirich Mir (7.708m), en Paquistán.
Naess publicou cerca de 30 libros e numerosos artigos. O seu último libro, editado xunto con Henrik B. Tschudi, foi publicado en xaneiro de 2007 con motivo do 95 aniversario do pensador.
Filosofía
[editar | editar a fonte]A ecoloxía profunda ou Deep Ecology Movement
[editar | editar a fonte]“Unha drástica redución da poboación do planeta resolvería os problemas ambientais” é o que propón a corrente da Ecoloxía Profunda. "Penso que non necesitaríamos ter máis de mil millóns de persoas para ter a variedade de culturas que tiñamos hai 100 anos", defendía Naess.
A ecoloxía profunda é unha das visións holísticas máis polémicas da relación home-natureza. Esta proposta perfílase como totalmente revolucionaria por apuntar cara a unha metafísica, unha epistemoloxía, e unha cosmoloxía novas así como a unha nova ética medio ambiental na relación home-planeta.
Arne Naess caracteriza unha nova filosofía ambiental cos seguintes trazos básicos: Todas as formas de vida sobre a terra (humanas e non humanas) teñen valor intrínseco. A riqueza e diversidade das formas de vida contribúen á realización destes valores, e con elas mesmas, valores. O ser humano non ten dereito a diminuír esta riqueza e diversidade, salvo para satisfacer as “necesidades vitais”.
Esta filosofía profunda cuestiona as raíces do comportamento ético antropocéntrico. De acordo co primeiro principio, cada ser vivo ten dereito á vida. Particularmente o ser humano ten dereito a satisfacer as súas necesidades vitais, pero non a dominar, explotar ou esquilmar outras especies e ecosistemas, precisamente polo valor intrínseco destas. O home debe identificarse coas outras identidades do mundo (os colectivos como especies animais, vexetais, ecosistemas e paisaxes). O desenvolvemento do ego involucra unha nova posibilidade do ser humano, para concibir á natureza como portadora de valor intrínseco, e respectar unha cosmoloxía onde home e natureza sexan un só.
Dentro desta óptica, calquera outro xeito de visualizar a relación home-medio ambiente (fóra da plena identificación mutua como valores intrínsecos) é claramente “reformismo tépedo”, en tanto disfraza uns motivos ou outros para salvagardar egoistamente os intereses humanos. Deste xeito, o antropocentrismo débil ou incluso, o biocentrismo moderado; serían ecoloxías superficiais enfrontadas á ecoloxía profunda que indaga os motivos filosóficos que moven a acción humana para modificar esta praxe.
A ecoloxía profunda nega a existencia de alternativas, asumindo unha metafísica que nega a vontade e a racionalidade humanas como fontes da ética.
Obras
[editar | editar a fonte]- Symbolic Logic (1961)
- Gandhi and Group Conflict (1974)
- Livsfilosofi, Natur och Kultur
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa sueca Filippa Kumlin d'Orey, a actriz norueguesa Mari Maurstad e a cantante de pop Diana Ross. Tivo sete fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Ecología Profunda y Arne Naess Arquivado 13 de marzo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Obituario en The Guardian (en inglés)
- Necrolóxica en The Telegraph (en inglés)
- Vídeo
- Metafísica del Límite Arbóreo (en castelán)