Saltar ao contido

Artemisa (Rembrandt)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artemisa
Xudit no banquete de Holofernes
ArtistaRembrandt
Data1634
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións127 cm × 143 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Artemisa é o título tradicional dunha importante pintura do pintor holandés Rembrandt conservada no Museo do Prado en Madrid, España. Rembrandt realizouna en óleo sobre lenzo, no ano 1634. Mide 127 cm de alto e 143 cm de ancho. Está asinada «REMBRANDT F: 1634». Hai que precisar que segundo as últimas investigacións, o título Artemisa é erróneo e en realidade a obra representaría unha escena bíblica: Xudit no banquete de Holofernes.

Tema discutido

[editar | editar a fonte]

A pintura amosa a unha moza en roupas luxosas e xoias á que unha serventa entrega unha copa. Crese que Rembrandt usou como modelo á súa esposa Saskia van Uylenburgh, con quen casou en 1634, o mesmo ano en que pintou a obra. A muller pousa cun vestido amplo e apoia a man dereita sobre o ventre, detalles que fixeron crer a algúns expertos que Saskia estaba embarazada cando pousou.

Durante longo tempo discutiuse cal era a personaxe mitolóxica ou histórica aquí representado. Finalmente, no 2009 o Museo do Prado desvelou que se trata da heroína bíblica Xudit, quen, para liberar o seu pobo do asedio das tropas de Holofernes, acudiu ó campamento deste, ceou con el, embriagouno até facelo durmir e entón decapitouno. A escena do asasinato é bastante común na pintura antiga, pois xa a trataron Tintoretto (Museo do Prado), Caravaggio (Palacio Barberini, Roma), Artemisia Gentileschi e outros artistas. Pero o momento previo de Xudit no banquete é relativamente raro, o que explica que este cadro fose difícil de identificar. A confusión é máis comprensible porque na escena non se ve a Holofernes senón só a Xudit, e faltan alusións claras ó banquete.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • D'Adda, Roberta (2006). Rembrandt (en italiano). Milán: Skira.