Atol Bikini
(en) Bikini | |||||
Tipo | Atol división administrativa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Illas Marshall | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Marshall e Bikini Atoll, Illas Marshall (en) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 25 m | ||||
Superficie | 6 km² Patrimonio da Humanidade: 73.500 ha zona de protección: 130.425 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → Asia-Oceanía insular | ||||
Data | 2010 (34ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) e (vi) | ||||
Identificador | 1339 | ||||
O Atol Bikini (/ˈbɪkɪˌniː/ ou /bɪˈkiːni/; marshalés: Pikinni, que significa "lugar de cocos"),[1] tamén coñecido como Atol de Eschscholtz entre os anos 1800 e 1946[2] é un atol deshabitado duns 6 km² de superficie. É un dos atois que compón as Illas Marshall. Consta de 36 illas que bordean unha lagoa central duns 594,2 km². Despois da segunda guerra mundial, os habitantes do atol foron relocalizados á forza en 1946,[3] despois que as illas e a lagoa foran o lugar de 23 ensaios nucleares polos Estados Unidos ata 1958.
O atol atópase no extremo norte da Cadea Ralik, aproximadamente a 850 km. ao noroeste da capital Majuro. Tres familias foron reinstaladas na illa Bikini en 1970, cun total duns 100 residentes, pero os científicos atoparon niveis perigosamente altos de estroncio-90 na auga do pozo en maio de 1977, e os residentes levaban concentracións anormalmente altas de cesio-137 nos seus corpos. Foron evacuados de novo en 1980. O atol é visitado ocasionalmente hoxe por mergulladores e algúns científicos, e está ocupado por un puñado de coidadores.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome inglés da illa deriva do nome colonial alemán Bikini dado ao atol cando formaba parte da Nova Guinea alemá. O nome alemán transliterado a partir do nome marshales da illa, Pikinni, (Modelo:IPAc-mh) "Pik" que significa " superficie plana" e "Ni" que significa "coco" ou "superficie de cocos".[1]
Cultura
[editar | editar a fonte]O estilo de vida tradicional dos insulares en Bikini baseábase no cultivo de plantas e no consumo de marisco e peixe. Eran hábiles navegantes e construtores de embarcacións, que navegaban nos praos de dous cascos cara e dende os illotes arredor de Bikini e outros atois das Illas Marshall e desenvolveran unha sociedade unida por asociación familiar e tradición. Cada lagoa estaba dirixida por un rei e unha raíña, cun seguimento de caciques e xefas que constituían unha casta gobernante.
Xapón ocupou as illas a partir de 1914. Os insulares traballaron nas plantacións de copra baixo a atenta mirada dos xaponeses, que se quedaron unha parte das vendas. Os xefes podían reter ata 20.000 dólares ao ano, e o resto distribuíase aos traballadores. Os habitantes das illas Marshall se enorgullecían de ofrecer hospitalidade uns aos outros, incluso a parentes distantes.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]É famoso polas probas nucleares que levaron a cabo nel. Como parte dos Territorios de Proba do Océano Pacífico, se probaron máis de 20 bombas de hidróxeno e atómicas. Tamén porque o bikini, traxe de baño de dúas pezas introduciuse nos días da primeira proba nuclear no atol, debendolle o seu nome a que illa saia nas noticias.
Antes das probas nucleares, a poboación indíxena foi recolocada no atol Rongerik. Devanditas probas comezaron en xullo de 1946.
Entre 1946 e 1958, vinte e tres dispositivos nucleares foron detonadas no atol de Bikini. O 1 de marzo de 1954 a detonación co nome clave Castle Bravo, foi a primeira proba práctica da bomba de hidróxeno. A explosión nuclear máis grande xamais provocada polos Estados Unidos, foi moito máis forte do previsto, e creou unha ampla contaminación radioactiva.
En 1968 os Estados Unidos declararon a habitabilidade de Bikini e comezou a traer a un pequeno grupo de Bikinianos volvendo aos seus fogares na década de 1970 como unha proba. En 1978, con todo, os habitantes retiráronse de novo cando o estroncio-90 nos seus corpos alcanzou niveis perigosos logo que un equipo francés de científicos fixeran probas adicionais na illa.
Bandeira do Atol Bikini
[editar | editar a fonte]A bandeira foi adoptada en 1987 como xeito de recordatorio ao goberno estadounidense sobre as súas obrigacións cos nativos. As 23 estrelas brancas no rectángulo azul representan as illas do Atol. As tres estrelas negras representan as tres illas que foron destruídas en marzo de 1954 durante as probas nucleares dunha bomba de hidróxeno. As dúas estrelas negras na parte inferior esquerda, representan as illas Kili e Ejit do atol Majuro, onde os nativos foron recolocados antes de que se iniciasen as probas. Atópase situada a uns 683 Km. máis ao sur. Ambas as estrelas atópanse separadas simbolicamente das tres superiores para representar a distancia física e en calidade de vida das illas Bikini.
As palabras da parte inferior, "MEN OTEMJEJ REJ ILO BEIN ANIJ" suponse representan as palabras do líder bikiniano, Juda, ao comodoro estadounidense Ben Wyatt, cando este último foi a pedirlle aos poboadores que cedesen as súas illas para probas nucleares por 'o ben de toda a humanidade'. Tradúcense como "Todo está nas mans de Deus".
A illa hoxe
[editar | editar a fonte]O Grupo Asesor especial para Bikini da OIEA determinou en 1997 OIEA Informe do Grupo Asesor de Bikini Arquivado 30 de novembro de 2016 en Wayback Machine. que "É seguro camiñar en todas as illas ... a pesar da radioctividade residual nas illas, no atol de Bikini, segue sendo máis alta que noutros atois das Illas Marshall, non é perigoso para a saúde nos niveis medidos ... O principal risco sería a radiación dos alimentos: comer produtos cultivados localmente, tales como froitas, podería engadir importantes doses de radioctividade no corpo ... Comer cocos ou froito do pan da illa de Bikini en ocasións non sería motivo de preocupación. Pero comer moitos durante un longo período de tempo sen tomar as medidas correctivas podería dar lugar a doses de radiación superiores aos niveis de seguridade acordados internacionalmente ".
É porque os riscos destes alimentos que o grupo finalmente non recomenda plenamente o reasentamento na illa.
Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]Debido a que o sitio presenta evidencias tanxibles directas das probas nucleares realizadas alí no medio da paradoxal localización tropical, a UNESCO determinou que o atol simboliza o amencer da era nuclear e nomeouno Patrimonio da Humanidade o 3 de agosto de 2010.[5][6]
O atol de Bikini conservou probas tanxibles directas... que transmiten a potencia das... probas nucleares, é dicir, os barcos afundidos enviados ao fondo da lagoa polas probas de 1946 e o xigantesco cráter Bravo. Equivalentes a 7.000 veces a forza da bomba de Hiroshima, as probas tiveron grandes consecuencias na xeoloxía e no medio natural do atol de Bikini e na saúde dos que estaban expostos á radiación. Ao longo da súa historia, o atol simboliza o albor da idade nuclear, a pesar da súa paradoxal imaxe de paz e de paraíso terrestre.[5][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Marshallese-English Dictionary-Place Name Index". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2012. Consultado o 8 de agosto de 2013.
- ↑ "The Marshall Islands: A Brief History". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2013.
- ↑ Kiste, Robert C. (1974). The Bikinians : a study in forced migration (PDF). Menlo Park, Calif.: Cummings Pub. Co. ISBN 0846537524. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ McMahon, Thomas J. (novembro de 1919). "The Land of the Model Husband". Travel 34 (1). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 "Bikini Atoll, Nuclear Tests Site" (PDF). Thirty-fourth Session. World Heritage Committee. 3 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xuño de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2012.
- ↑ "Bikini Atoll Nuclear Test Site". UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2010. Consultado o 7 de agosto de 2010.
- ↑ Bikini Atoll Nuclear Test Site Arquivado 24 de xullo de 2011 en Wayback Machine., unesco.org