Saltar ao contido

Audrey Hepburn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAudrey Hepburn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Audrey Kathleen Ruston Editar o valor en Wikidata
4 de maio de 1929 Editar o valor en Wikidata
Rue Keyenveld - Keienveldstraat (Bélxica) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1993 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Tolochenaz, Suíza Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of Tolochenaz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
1988 – 1993 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEdda van Heemstra Editar o valor en Wikidata
ResidenciaTolochenaz (1966–1993) Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, actuación cinematográfica e axencia de asistencia Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de teatro, bailarina, bailarina de ballet, actriz, filántropa, modelo, actriz de cinema, humanitaria Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor en Wikidata - 1989 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
ProfesoresConstance Collier (pt) Traducir, Sonia Gaskell, Marie Rambert e Felix Aylmer (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAndrea Dotti (1969–1982), divorcio
Mel Ferrer (1954–1968), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaRobert Wolders (1980–1993) Editar o valor en Wikidata
FillosSean Hepburn Ferrer
 () Mel Ferrer
Luca Dotti
 () Andrea Dotti Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph Victor Anthony Hepburn-Ruston Editar o valor en Wikidata  e Ella van Heemstra Editar o valor en Wikidata
IrmánsArnoud Quarles van Ufford
Ian Quarles van Ufford Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonte1001 Vrouwen uit de Nederlandse geschiedenis (en) Traducir, (sec:983)
1001 vrouwen in de 20ste eeuw (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000030 Allocine: 760 Rottentomatoes: celebrity/audrey_hepburn Allmovie: p31869 16768 Metacritic: person/audrey-hepburn TV.com: people/audrey-hepburn IBDB: 44925
Facebook: 35824635063 BNE: XX967338 Spotify: 16eV2TebyEhqaDRFEZJ9h8 Musicbrainz: 7ddb6325-7022-4d30-a585-78a8eab631ab Discogs: 1130742 WikiTree: Ruston-29 Find a Grave: 475 Genius: Audrey-hepburn Editar o valor en Wikidata

Audrey Hepburn, nada como Audrey Kathleen Ruston o 4 de maio de 1929 en Ixelles e finada o 20 de xaneiro de 1993 en Tolochenaz (Vaud), foi unha actriz británico-belga que realizou a meirande parte da súa carreira artística nos Estados Unidos. Tamén foi moi activa como embaixadora de UNICEF.

É considerada pola American Film Institute como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos.

Nada en Ixelles, un distrito de Bruxelas, Hepburn pasou a súa infancia entre Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, incluíndo a Arnhem que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial. En Ámsterdam, estudou ballet con Sonia Gaskell antes de trasladarse a Londres en 1948 para seguir os seus estudos de ballet con Marie Rambert e traballar como corista nas producións musicais de West End.

Logo de aparecer en varias películas británicas e protagonizar a obra de Broadway de 1951, Gigi, Hepburn interpretou o papel principal de Vacacións en Roma (1953), o cal valeulle un Óscar á mellor actriz. Máis tarde actuando en películas de éxito como Sabrina (1954), Historia dunha monxa (1959), Breakfast at Tiffany's (1961), Charada (1963), My Fair Lady (1964) e Wait Until Dark (1967), Hepburn recibiu nomeacións aos premios Oscar, Globo de Ouro e BAFTA e devindicou un premio Tony pola súa actuación teatral na obra de Broadway de 1954, Ondina. Hepburn segue sendo unha das poucas persoas que gañaron un Óscar, un Emmy, un Grammy e un Tony. Hepburn foi a primeira actriz en gañar un Oscar, un Globo de Ouro e un premio BAFTA por unha soa actuación: Vacacións en Roma en 1954.

Apareceu en menos películas a medida que a súa vida seguiu, dedicando gran parte da súa vida posterior a Unicef. Malia contribuír coa organización desde 1954, traballou nalgunhas das comunidades máis profundamente desfavorecidas de África, América do Sur e Asia entre 1988 e 1992. Foi galardoada coa Medalla Presidencial da Liberdade en recoñecemento ao seu labor como Embaixadora de boa vontade de Unicef a finais de 1992. Un mes máis tarde, Hepburn morreu de cancro apendicular na súa casa en Suíza a principios de 1993 á idade de 63 anos.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Nada como Audrey Kathleen Ruston en Ixelles/Elsene, un municipio de Bruxelas, Bélxica. Era a única filla do inglés Joseph Victor Anthony Ruston e da súa segunda esposa, a baronesa Ella Van Heemstra, unha aristócrata holandesa que era filla do ex gobernador da Güiana Holandesa (Suriname), o barón Aarnoud van Heemstra. O pai da futura actriz engadiu máis adiante o apelido da súa avóa materna, Catherina, á familia; e o seu apelido converteuse en Hepburn-Ruston. Tiña dous irmáns de nai, froito dun primeiro matrimonio da súa nai co jonkheer (Señor) Hendrik Gustaaf Adolf Quarles van Ufford: jonkheer Arnoud Roberto Alexander ”Alex” Quarles van Ufford e jonkheer Ian Edgar Bruce Quarles van Ufford. Ella van Heemstra era descendente do rei Eduardo III de Inglaterra e do consorte escocés James Hepburn, cuarto Conde de Bothwell, de quen Katharine Hepburn tamén se considera descendente.

O pai de Hepburn traballou cunha compañía de seguros en Gran Bretaña, o cal significou que a familia tivo a oportunidade de viaxar a miúdo entre Bruxelas, Inglaterra e os Países Baixos. Entre 1935 e 1938 Hepburn estudou nunha academia privada e feminina en Kent, Inglaterra.

En 1935 os seus pais divorciáronse, e o seu pai, simpatizante nazi, abandonou a familia. Ambos os pais eran membros da unión británica de fascistas a mediados dos anos trinta, segundo Unity Mitford, amiga de Ella van Heemstra e seguidora de Adolf Hitler. Audrey chamou máis adiante a este feito «o momento máis traumático da súa vida». Non sería ata moito máis adiante cando conseguiu localizar ao seu pai en Dublín a través da Cruz Vermella. Desde entón permaneceu en contacto con el e apoiouno financeiramente ata a súa morte.

En 1939 trasladouse coa súa nai e os seus dous irmáns de nai á casa do seu avó en Arnhem, Países Baixos. Pensaban que Holanda era un lugar seguro para evitar ao exército nazi. Hepburn acudiu ao conservatorio de Arnhem entre 1939 e 1945, onde estudou piano e ballet clásico, os cales compaxinaba cos seus estudos escolares.

Vida durante a segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocidade Audrey sufriu a segunda guerra mundial, primeiro en Bélxica e logo en Holanda, de onde era orixinaria a súa nai. Para evitar que as súas orixes inglesas a delatasen, a nai de Audrey chamábaa Edda Van Heemstra, como ela, e obrigouna a falar holandés. Audrey falaba perfectamente inglés, francés, holandés e italiano, defendíase co alemán e tamén un pouco en castelán. Estudou para ser bailarina, pero a guerra fixo estragos na súa constitución, así que, pese a seguir estudando e practicando, Audrey viuse na disxuntiva de elixir unha nova profesión, que foi a de actriz.

En 1944 Hepburn xa era unha boa bailarina e, durante esta época, bailaba secretamente. O diñeiro que recaudaba doábao á resistencia holandesa. Sobre esta época dixo máis adiante: «O mellor público que terei; non facía nin un só son ao terminar a miña actuación».

Co desembarco das tropas aliadas en Normandía o día D (6 de xuño), as cousas en Holanda empeoraron drasticamente. Durante o inverno de 1944 os alemáns confiscaron os alimentos e combustibles da poboación holandesa. Sen comida nin calor nos fogares, a xente morría de fame e frío nas rúas. Hepburn e moitos outros facían fariña a partir de tulipáns cos que podían cociñar galletas e tortas. A cidade holandesa de Arnhem foi devastada durante o bombardeo aliado, como parte da errada operación Market Garden. O seu tío e un primo da súa nai foron fusilados como membros da resistencia, o seu irmán Ian foi capturado e estivo nun campo de traballo. As carencias alimenticias fixéronse patentes e Audrey sufriu anemia e problemas respiratorios. En 1991 Audrey dixo: «Teño recordos. Recordo estar na estación de tren vendo como se levaban aos xudeus, e recordo en particular a un neno cos seus pais, moi pálido, moi louro, usando un abrigo que lle quedaba moi grande, entrando no tren. Eu era unha nena observando a un neno».

Audrey tamén notou as semellanzas entre ela e Anne Frank. «Tiña exactamente a mesma idade que Anne Frank. Ambas tiñamos dez anos cando empezou a guerra e quince cando acabou. Un amigo deume o libro de Anne en holandés en 1947. Lino e destruino. O libro ten ese efecto sobre moitos lectores, pero eu non o vía así, non só como páxinas impresas; era a miña vida. Non sabía o que ía ler. Non volvín a ser a mesma, afectoume profundamente».

«Vimos fusilamentos. Vimos a homes novos poñerse contra a parede e ser tiroteados. Pechaban a rúa e despois volvíana a abrir e podías pasar por ese mesmo lugar. Teño marcado un lugar no diario, no cal Anne (Frank) di que fusilaron a cinco reféns. Ese foi o día en que fusilaron ao meu tío. Nas palabras desa nena eu lía o que aínda sentía no meu interior. Esa nena que vivira entre catro paredes fixera unha reportaxe completa de todo o que vivira e sentido».

Pero eses terribles anos non eran totalmente malos, e Audrey podía vivir algo a súa nenez. Seguindo cos paralelismos coa vida de Anne Frank, di: «O espírito de supervivencia é moi forte nas palabras de Anne Frank. Nun momento di "estou deprimida" e ao seguinte fálache de que quere montar en bicicleta. Ela é a mostra dunha infancia en terribles circunstancias».

Un xeito coa cal Audrey Hepburn pasaba o tempo era debuxando. Algúns dos seus debuxos poden verse hoxe en día.

O país foi liberado polas forzas aliadas e a Administración das Nacións Unidas para o Auxilio e a Rehabilitación interveu no mesmo. Hepburn dixo nunha entrevista que se comeu un paquete enteiro de leite condensada e que se puxo enferma polo exceso de azucre. Estas experiencias contribuíron a que Audrey estivese sempre á beira de UNICEF durante o resto da súa vida.

Formación como bailarina

[editar | editar a fonte]

En 1945, ao finalizar a guerra, Audrey abandonou o conservatorio de Arnhem e mudouse a Ámsterdam onde tomou clases de ballet con Sonia Gaskell. En 1948 foise a Londres e seguiu estudando ballet, esta vez de man da recoñecida Marie Rambert, profesora de Vatslav Nizhinskii, un dos maiores bailaríns da historia da danza. De cando en vez Hepburn preguntáballe a Rambert sobre o seu futuro, ao que ela respondíalle que podería seguir alí e ter unha gran carreira, pero o feito de que fose relativamente alta (1,67 m), sumado á súa delgadez por mor da malnutrición durante a ocupación alemá non lle permitiría ter un bo futuro como primeira bailarina. Pero Audrey quería sobresaír, así que confiou na súa mentora e intentou a actuación.[4] Ademais, a situación económica da familia Hepburn non lle permitiría continuar cos seus estudos, e Audrey, necesitada de diñeiro, reformulouse o empezar a actuar, xa que esta profesión estaba mellor paga que a de bailarina. Rambert dixo despois sobre Audrey: «Era unha estudante marabillosa; se seguise, podería converterse nunha bailarina excepcional». A fame da guerra sumouse a disciplina da danza, que a volveu case anoréxica: nas súas Memorias José Luis de Vilallonga afirma que os seus xantares non pasaban dun á de polo e unha folla de leituga.[Cómpre referencia]

Primeiros anos de actriz

[editar | editar a fonte]

A súa carreira como actriz comezaría co filme educativo Holandés en sete leccións. Despois actuou en producións musicais como High Button Shoes e Sauce Piquante. O seu primeiro papel nunha película foi no filme inglés One Wild Oat no cal actuaba como recepcionista dun hotel. Tamén actuou en papeis máis pequenos como Young Wives' Talle, Laughter in Paradise, The Lavender Hill Mob, e Monte Carlo Baby. Durante o rodaxe de Monte Carlo Baby foi elixida para protagonizar o musical de Broadway Gigi, estreado o 24 de novembro de 1951. A reportera Sidonie-Gabrielle Colette dixo sobre Audrey: «¡Voilà!, ¡esta é a nosa Gigi!». Audrey gañou o Theatre World Award polo seu debut. Seguiu actuando neste musical durante os seis exitosos meses seguintes.

O seu primeiro papel de importancia foi no filme Secret People, no cal realizaba o papel dunha bailarina prodixio. Naturalmente, Audrey fixo todas as escenas de baile. Pero o papel que a catapultou á fama, ademais de ser o seu primeiro papel en Hollywood, foi, xunto a Gregory Peck, en Vacacións en Roma, de William Wyler.

Vacacións en Roma

[editar | editar a fonte]
Hepburn en Vacacións en Roma, 1953.

Nun primeiro momento os produtores querían a Elizabeth Taylor para o papel protagonista, pero o director William Wyler quedou impresionado pola proba de cámara de Audrey, na cal deixouse a cámara queda e empezáronselle a realizar unha serie de preguntas a Audrey, que non sabía que a cámara estaba gravando. As súas respostas e sinceridade demostraron o seu enorme talento e Wyler non dubidou en contratala. Wyler dixo: «Ten todas as cousas que buscou: encanto, inocencia e talento. Ademais é moi divertida. É absolutamente encantadora. Non dubidamos en dicir que é a nosa moza». O seu compañeiro de repartición, Gregory Peck, xa era unha estrela consagrada e no póster da película o seu nome tiña máis importancia que o «presentando a Audrey Hepburn». Cando acabou o rodaxe, Peck chamou ao seu axente e fixo que lle desen a mesma importancia aos dous nomes. Peck predixo que ela gañaría o Óscar. Ambos, Hepburn e Peck, conectaron durante o rodaxe, ata houbo rumores de que tiveron unha relación amorosa, rumores desmentidos por ambos. Con todo, Audrey engadiu: «En realidade, sentes algo de amor pola túa parella na película. Se vas interpretar un romance, tes que sentilo. Non o podes facer doutro xeito. Pero non o leves máis aló do plató». Debido ao grande éxito de Vacacións en Roma, Audrey foi portada da revista Time o 7 de setembro de 1953.

A súa interpretación recibiu as alabanzas dos críticos. «Aínda que non é precisamente unha recentemente chegada ao mundo da interpretación, Audrey Hepburn, a actriz británica que se mete na pel da princesa Anne, está espléndida, bellísima, alternando as súas escenas da realeza e as máis infantís durante a súa procura de praceres básicos e do amor. Aínda que sorrí ao final da película, ela segue sendo unha persoa lamentablemente soa que fai fronte a un futuro difícil».[5] Audrey referiuse no futuro a Vacacións en Roma como a súa película máis querida, xa que foi a que a fixo unha estrela.

Logo dos catro meses de rodaxe de Vacacións en Roma viaxou a Nova York para seguir coas funcións de Gigi. Antes de incorporarse ao rodaxe de Vacacións en Roma, Audrey estivo actuando co musical nos Ánxeles e San Francisco. Isto foi posible xa que tiña un contrato coa Paramount que lle permitía ter doce meses entre película e película para dedicarse ao teatro.

Durante os anos seguintes, Audrey converteríase nunha das actrices máis recoñecidas pola súa inigualable beleza natural, icona da sinxeleza na elegancia feminina e transparencia de personalidade. Foi considerada entre as máis queridas e populares da meca do cine e gozou da amizade de case todos os seus compañeiros de rodaxe.

Durante estes anos protagonizou Dous na estrada, How to Steal a Million (Como roubar un millón), Funny Face, My Fair Lady (1964), o famoso musical multioscarizado, e o que se considera o papel da súa carreira, a Holly Golightly de Breakfast at Tiffany's (1961). Pero para Audrey o seu mellor papel foi, sen dúbida, o da irmá Lucas en Historia dunha monxa. Ese papel, o coñecer ao seu protagonista real, as similitudes -ambas eran belgas e sufriran a guerra- fixo que Audrey recapacitara moito e se entregase máis aos seus labores humanitarios. É, sen dúbida, unha das mellores películas de Audrey e do cine, pero moitas persoas só ven a Audrey como un icona de moda pola súa actuación como Holly en Breakfast at Tiffany's.

Audrey co seu glamour e a súa beleza, demostrounos en Vacacións en Roma que tamén valía como actriz e co seu "I wanna say thank you to..." recibiu o Premio Oscar á mellor actriz, o único que recibiría en toda a súa carreira.

Estrela de Hollywood

[editar | editar a fonte]
Hepburn en Sabrina, 1954.

Logo de Vacacións en Roma, traballou con Humphrey Bogart e William Holden na comedia romántica de Billy Wilder, Sabrina. Audrey foi enviada ao deseñador Hubert de Givenchy para que decidise o seu vestiario na película. Cando lle dixeron a Givenchy que «Miss Hepburn» viña velo, pensou en Katharine Hepburn, non en Audrey. Nun primeiro momento, rexeitou vestila, pero ao final rectificou. Audrey e Givenchy mantiveron unha forte amizade durante o resto das súas vidas. Durante a filmación de Sabrina, Audrey e William Holden mantiveron unha relación amorosa. O seu papel de Sabrina valeulle un nomeamento ao Oscar, premio que finalmente foi parar a mans de Grace Kelly.

En 1954, Audrey volveu aos escenarios para protagonizar Ondine, de Jean Giraudoux, xunto ao que máis tarde sería o seu marido, Mel Ferrer. Seguiu protagonizando a obra durante o resto do ano. Ese mesmo ano recibiría o Globo de Ouro á mellor actriz e o Óscar polo seu papel en Vacacións en Roma. Seis semanas logo de recibir o Oscar, Audrey recibiu o premio Tony pola súa obra Ondine, converténdose así nunha das tres únicas actrices en gañar o Oscar e o Tony o mesmo ano -as outras dúas son Shirley Booth e Ellen Burstyn.

A mediados dos 50, Audrey non só era unha das maiores estrelas de Hollywood, senón un icona da moda. O seu estilo, tan persoal e elegante, era admirado e imitado. Ademais, era moi admirada polo público, como o demostra o seu Globo de Ouro á actriz máis querida en todo o mundo en 1955.

Sendo xa unha das actrices con maior recadación de Hollywood, Audrey contaba con compañeiros de repartición do talle de Humphrey Bogart (Sabrina), Fred Astaire (Funny Face), Maurice Chevalier e Gary Cooper (Love in the afternoon), William Holden (Paris - When it sizzles), George Peppard (Breakfast at Tiffany's), Cary Grant (Charada), Rex Harrison (My Fair Lady), Peter O'Toole (How to Steal a Million) e Sean Connery (Robin and Marian). Moitos destes actores convertéronse en persoas moi próximas á actriz. Rex Harrison chamouna a súa «principal dama» -Audrey fíxose moi amiga da bailarina británica Kay Kendall, que era a muller de Rex-; Cary Grant amaba o sentido do humor de Audrey. «Todo o que pido por Nadal é outra película xunto a Audrey Hepburn» dixo unha vez; e Gregory Peck converteuse nun dos seus amigos máis íntimos. Logo da morte da actriz, Peck foi á cámara e recitou o seu poema favorito, Unending Love de Rabindranath Tagore. Algúns cren que Audrey e Humphrey non mantiveron a súa amizade, pero iso é falso. Bogart fíxoo mellor con Audrey do que o faría calquera. Como ela despois diría: «Ás veces os tipos máis duros resultan ser os máis sensibles, como Bogey o é comigo».

En 1957 actuou en Funny Face, unha das súas películas favoritas debido a que conseguía bailar con Fred Astaire. A esta seguiuna Historia dunha monxa, un dos seus papeis máis dramáticos e atrevidos. Sobre este papel Films in Review dixo: «O seu papel calará a todos os que dixeron que é só un símbolo de muller sofisticada. A súa interpretación da irmá Luke é unha das mellores actuacións do cine». Audrey recibiu un nomeamento aos Óscar por este papel. Simone Signoret foi a agraciada co galardón neste ocasión.

Breakfast at Tiffany's

[editar | editar a fonte]
Audrey Hepburn como Holly Golightly.

A súa interpretación de Holly Golightly en Breakfast at Tiffany's (1961) converteuna nunha icona do cine americano. Ela definiu o seu papel como «o máis jazz da miña carreira». Cando foi interrogada sobre o seu novo papel dixo: «Son introvertida. Actuar para ser unha moza extrovertida é a cousa máis difícil que fixen na miña vida». O elegante vestiario que usou na película estaba deseñado por Givenchy. Ademais, púxose mechas louras no pelo, look que tamén conservou fóra da pantalla. Este papel, sen dúbida o máis popular da súa carreira, estaba orixinariamente pensado para Marilyn Monroe. Truman Capote, o autor da novela en que se basea a película, ademais de guionista, era un grande amigo da polémica actriz. Cando Marylin rexeitou o papel debido a que quería deixar de interpretar a «mozas inxenuas» e este chegoulle a Audrey, o personaxe de Holly sufriu varios cambios; entre eles, o personaxe deixaba de ser bisexual para ser heterosexual. Ademais, o seu traballo de prostituta de luxo queda moito máis difuso e en ningún momento faise a máis mínima referencia a este feito. A súa magnífica interpretación recibiría outro nomeamento aos Óscar, pero o premio foi parar á italiana Sophia Loren por Two Women.

Hepburn estabilizárase como unha das actrices máis populares de América. En 1963 cantoulle o «Feliz aniversario» ao presidente Kennedy como Marilyn Monroe fixera un ano antes. Malia todo iso, Audrey viviu unha vida moito máis reservada e humilde que a maioría das estrelas de Hollywood, como demostra o feito de que vivise en casas, non en mansións, e que cultivaba o seu propio horto, ademais da súa vocación por UNICEF e as súas múltiples viaxes a África.

My Fair Lady

[editar | editar a fonte]
Con Cary Grant en Charada (1963).
Con Walter Matthau en Charada.

Con Shirley MacLaine protagonizó en 1961 A calumnia, dirixido por William Wyler, un dos seus traballos máis complicados e polémicos ao tratar o tema do lesbianismo. William Wyler, para recibir a aprobación da Motion Picture Production Code, cortou gran parte do material no que se facía referencia implícita ou explícita á homosexualidade de Martha, o personaxe interpretado por McLaine, pois entón estaba prohibida calquera referencia á homosexualidade. Talvez debido á represión sexual da época, a película e a actuación de Hepburn pasaron practicamente inadvertidas tanto pola crítica como polo público.

En 1963 protagonizaría xunto a Cary Grant a divertida Charada,[6] enxeñosa parodia das películas de suspense.

A este papel seguiuno o de My Fair Lady, de George Cukor, da que se dixo que era a película máis esperada desde Foise co vento. Elixiron a Audrey como protagonista por encima da por entón descoñecida Julie Andrews, quen protagonizara o papel no musical de Broadway. A decisión de non contar con Andrews tomouse antes de contratar a Hepburn, quen nun principio rexeitou o papel e pediu que llo desen a Julie Andrews, pero cando se decatou de que ía ir a mans de Elizabeth Taylor, quen tamén competía por ser a protagonista do filme, aceptouno. Os produtores estaban de acordo en que Hepburn era a opción perfecta. A polémica elección de Hepburn sobre Andrews tamén provocou a ira do actor Rex Harrison, quen actuara xunto a Andrews na obra musical orixinal. Harrison atopábase molesto coa decisión do papel de Eliza alegando: «Suponse que Eliza Doolittle sintese incómoda nos bailes europeos. A maldita Audrey xamais pasou a súa vida fóra dos bailes europeos». Harrison, nunha entrevista despois, arrepentiuse do devandito e cando lle preguntaron quen fora a súa mellor acompañante durante a súa carreira sen pensalo dixo: «Audrey Hepburn». Julie Andrews tiña que filmar Mary Poppins, que foi estreada o mesmo ano que My Fair Lady. Nun primeiro momento, decidiuse que Audrey Hepburn rodaría as escenas musicais da película, pero non as cantaría. Diso encargábase Marni Nixon, quen dobrou todas as súas cancións. Pero aínda así, Hepburn gravou as cancións. Na montaxe final da película optouse polas de Marni Nixon, que tamén están recollidas nos CDs, e non as de Hepburn, que están presentes en documentais e no material extra nos DVDs. Só varios números pertencen á actriz, como Just You Wait e I Could Have Danced All Night. Cando lle preguntaron polos cambios de voz dos números musicais da película, simplemente respondeu: «You could tell, couldn't you? And there was Rex, recording all his songs as he acted... next time» e non dixo máis. Deixando ao carón a dobraxe, a actuación de Audrey era excelente, «Audrey Hepburn está magnífica, ela é a "Eliza" que se recordará», dixo Gene Ringgold, crítico de cine.

A polémica sobre a repartición da película alcanzou o seu cénit na tempada dos Oscar de 1964-1965, cando Audrey non estaba nomeada polo seu papel de Eliza, pero si o estaba Julie Andrews por Mary Poppins. Os medios fixeron referencia á rivalidade entre as dúas actrices, cando ata elas mesmas negábana. O Óscar finalmente recaeu en Julie Andrews.

Audrey Hepburn é a actriz que presentou máis veces o premio Oscar á mellor película, catro en total; destacando a súa bonita presenza ao facelo.

Matrimonios, familia e últimos papeis

[editar | editar a fonte]
Audrey Hepburn e Mel Ferrer en War and Peace (en galego Guerra e paz).

Hepburn estivo casada en dúas ocasións, a primeira co actor Mel Ferrer[7], co que tivo un fillo, Sean, que actualmente xestiona a fundación Audrey Hepburn Childhood, e a segunda con Andrea Dotti, un médico italiano con quen tivo o seu segundo fillo, Luca. O padriño de Sean é o autor escocés, A. J. Cronin. Audrey confesou que o fracaso destes dous matrimonios fíxolle sufrir moito. Nos últimos anos estivo unida a Robert Wolders, un holandés co que compartío labores humanitarias e o seu gusto polas cousas sinxelas.

A partir de 1967, logo de quince anos de éxitos sobresaíntes no cine, comezou a participar en películas unicamente de forma ocasional. Hai que destacar o thriller Wait Until Dark (1967), onde encarnaba a unha muller cega acosada por criminais, e Robin and Marian (1976) con Sean Connery. O seu último papel interpretouno en 1988, na película Always, para sempre, de Steven Spielberg, onde daba vida a un anxo, pouco antes de ser nomeada embaixadora especial de UNICEF. Todos quixeron ver nese papel a evocación que se tiña dela en moitos ambientes.

A súa última aparición no cine produciuse en 1989, desde entón e ata a súa morte en 1993, Audrey colaborou activamente con UNICEF, converténdose en embaixadora de boa vontade. Audrey entrou na historia como unha das maiores estrelas de Hollywood.

Traballo para UNICEF

[editar | editar a fonte]

Unha das cousas que máis destacaron nos seus últimos anos foi a dedicación, por enriba da súa saúde, ás causas do SIDA ou a malnutrición dos nenos en todo o mundo. En 1992, tres meses antes da súa morte e xa desafiuzada, Audrey fixo a súa última viaxe a Somalia, un acto que sempre foi moi agradecido por UNICEF e que engrandecía aínda máis a súa xa sinxela e humana forma de entender a vida. A través desta organización, Hepburn dedicou o resto da súa vida a axudar aos nenos necesitados nos países máis pobres. En UNICEF aínda recordan a súa dedicación e entrega á causa, que databa dende o ano 1955 e que, pouco a pouco, foi gañando peso na súa vida. Cabe destacar a súa estatua na sede UNICEF de Nova York, inaugurada no ano 2000.

Defunción

[editar | editar a fonte]
Tumba de Hepburn en Tolochenaz, Suíza.

Faleceu de cancro de colon na súa casa de Tolochenaz, en Suíza, o 20 de xaneiro de 1993 aos 63 anos de idade. Ese mesmo día, Elizabeth Taylor dixo que «Deus estaría contento de ter un anxo como Audrey con El».

Malia que nunca fixo ostentación de xoias e rexeitou ser imaxe da marca, a famosa xoiaría Tiffany, a que popularizara en Breakfast at Tiffany's, dedicoulle un escaparate coa frase «My Huckleberry friend», da canción “Moon River”.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Audrey Hepburn no cartel do filme Vacacións en Roma. (1953)
Hepburn en Breakfast at Tiffany's. (1961)
Reggie agochándose de Carson Dyle. (Charada 1963)
Filmes
Título Ano Personaxe Notas
Dutch in Seven Lessons 1948 Azafata
One Wild Oat 1951 Recepcionista de hotel
Young Wives' Tale 1951 Eve Lester
Laughter in Paradise 1951 Frieda e moza fumando
The Lavender Hill Mob 1951 Chiquita
The Secret People 1952 Nora Brentano
Monte Carlo Baby 1952 Linda Farell
Vacacións en Roma 1953 Princesa Ann
Sabrina 1954 Sabrina Fairchild
War and Peace 1956 Natasha Rostova En España titulouse Guerra y paz
Love in the Afternoon 1957 Ariane Chavasse / Rapaza
Funny Face 1957 Jo Stockton Filme musical
Green Mansions 1959 Rima
Historia dunha monxa 1959 Irmá Luke En España titulouse Historia de una monja
The Unforgiven 1960 Rachel Zachary En España titulouse Los que no perdonan
Breakfast at Tiffany's 1961 Holly Golightly En España titulouse Desayuno con diamantes
A calumnia 1961 Karen Wright
Charada 1963 Regina "Reggie" Lampert
Paris When It Sizzles 1964 Gabrielle Simpson / Gaby
My Fair Lady 1964 Eliza Doolittle gañou oito Premios Oscar
How to Steal a Million 1966 Nicole Bonnet
Dous na estrada 1967 Joanna Wallace
Wait Until Dark 1967 Susy Hendrix
Robin and Marian 1976 Maid Marian
Bloodline 1979 Elizabeth Roffe
They All Laughed 1981 Angela Niotes
Always, para sempre 1989 Hap
  1. de Givenchy, Hubert (2007). Pavilion, ed. Audrey Hepburn. Londres. p. 19. ISBN 978-1-86205-775-3. 
  2. Ferrer, Sean (2005). Atria, ed. Audrey Hepburn, an Elegant Spirit. Nova York. p. 148. ISBN 978-0-671-02479-6. 
  3. Paris, Barry (2001). Berkley Trade, ed. Audrey Hepburn. ISBN 978-0-425-18212-3. 
  4. Audrey Hepburn's Son Remembers Her Life (en inglés)
  5. A.H. Weiler, New York Times, 28 de agosto de 1953.
  6. Charada en IMDb
  7. audreyhepburnlibrary.com [expired domain], ed. (1954). "Audrey Hepburn puts an end to "will she" or "won't she" rumors by marrying Mel Ferrer!". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 5 de maio de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]