Saltar ao contido

Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
Logo
AcrónimoJAXA e ジャクサ
Tipoaxencia espacial e editorial académica
Data de fundación1 de outubro de 2003
Organización matrizMinistério da Educação, da Cultura, dos Desportos, da Ciência e da Tecnologia do Japão
Organización subsidiariaInstitute of Space and Astronautical Science
SedeChōfu
EnToquio
PaísXapón
Na rede
https://global.jaxa.jp/ e https://global.jaxa.jp/
Facebook: jaxa.jp Twitter: JAXA_jp Instagram: jaxajp Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Kibo, módulo experimental da JAXA.

A Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (en xaponés 宇宙航空研究開発機構, en inglés Japan Aerospace Exploration Agency, JAXA) é a axencia aeroespacial do Xapón.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A JAXA fundouse o 1 de outubro do 2003 pola unión da Axencia Nacional de Desenvolvemento Espacial (NASDA), o Laboratorio Nacional Aeroespacial do Xapón (NAL) e o Instituto da Ciencia Aeronáutica e Espacial (ISAS).

A primeira misión da JAXA foi o lanzamento dun cohete H-2A, en novembro de 2003, que fracasou. Despois de 15 meses, en febreiro de 2005, a JAXA fixou un novo lanzamento dun cohete modelo H-2A dende o Centro Espacial de Tanegashima, poñendo un satélite en órbita. A partir do 2005, a JAXA planea realizar as súas propias misións espaciais, incluíndo futuras misións tripuladas a Lúa. No 2003 lanzou a misión chamada Hayabusa co cohete M-V para recoller mostras dun asteroide, chegando ao asteroide na segunda metade do 2005, e volvendo a Terra no 2010. No 2007 lanzou a sonda lunar SELENE. Existen outras misións interplanetarias están prevista para chegar cunha sonda ata Venus, a sonda PLANET-C, e outra a Lúa, a sonda LUNAR-A.

Información xeral

[editar | editar a fonte]
H-IIA, H-IIB.

O ISAS foi o responsable da investigación espacial e planetaria. O NAL estaba enfocado na investigación da aviación. A NASDA fundouse o 1 de outubro de 1969, con oficinas centrais no Centro Espacial de Tanegashima, localizado na illa Tanegashima, a 115 quilómetros ao sur de Kyūshū. Adicado ao deseño e desenvolvemento de cohetes espaciais, satélites e do módulo de experimental xaponés para a Estación Espacial Internacional.

Asemade, a axencia mantén colaborción con outras entidades para o desenvolvemento de proxectos, como no caso da Misión BepiColombo, en colaborción coa ESA.[1]

Misións Hayabusa

[editar | editar a fonte]

En 2003, JAXA enviou unha cápsula para recoller mostras dun asteroide. A misión Hayabusa retornou en 2010 só con partículas de po. En 2020, JAXA logrou facer retornar por primeira vez unha cápsula con mostras de asteroides, Hayabusa2.

Oficinas e Centros de Investigación

[editar | editar a fonte]

A JAXA ten centros de investigación no Xapón e algunhas oficinas no exterior.

  • Oficinas centrais - Chofu, Toquio
  • Centro de investigación e observación terrestre (EORC) - Toquio
  • Centro de observación terrestre (EOC) - Hatayama
  • Centro de probas de Noshiro (NTC) - Dende 1962. Leva a cabo o deseño e proba de motores de cohetes.
  • Centro de globos aerostáticos de Sanriku (SBC) - Plataforma de lanzamento de globos aerostáticos dende 1971.
  • Centro de propulsión espacial de Kakuda (KSPC) - Deseño dos cohetes espaciais. Traballa de xeito principal no campo dos combustibeis líquidos para motores.
  • Campo Sagamihara - Deseño de equipo experimental para cohetes e satélites. Tamén posúe edificios administrativos.
  • Centro espacial Tsukuba (TKSC) - Centro da rede espacial do Xapón. Deseño e desenvolvemento de satélites e cohetes, adícase tamén a monitoreo e control dos satélites. Deseña equipos experimentais para o Módulo do Experimento Xaponés ("Kibo"). A formación de astronautas tamén se fai aquí.
  1. "BepiColombo operations". ESA. Consultado o 1 de abril de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Vehículo de transferencia H-II.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]