Saltar ao contido

Barril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barrís feitos de madeira.
Barrís de cervexa feitos de aceiro inoxidábel.

Un barril é un recipiente cilíndrico oco, tradicionalmente feito de varas de madeira vertical e ligadas por aros de madeira ou metal, usado para colocar líquidos e outros materiais, os de madeira usanse na súa maioría para gardar viño. Os termos cuba e tonel son practicamente sinónimos de barril, sempre grandes, de doelas de madeira e só para conter líquidos.

O termo fuste designa un barril de gran tamaño.

O termo bocoi designa un barril máis grande, cunha capacidade media entre trescentos e setecentos litros.

O termo pipa designa un barril máis pequeno ca o bocoi, cunha capacidade media entre douscentos cincuenta e cincocentos litros[1].

  1. "Sinónimos da palabra: bocoi". Portal das Palabras. Consultado o 2020-01-13. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.