Saltar ao contido

Basellaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Basellaceae

Anredera Cordifolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Eudicotyledoneae
Orde: Caryophyllales
Familia: Basellaceae
Raf. (1837)
Xéneros

Ver texto

Sinonimia
  • Anrederaceae
  • Ullucaceae

Basellaceae é unha familia de plantas dicotiledóneas que comprende 25 especies distribuídas en 5 xéneros. Son herbáceas, perennes e tuberosas ou rizomatosas, orixinarias das rexións tropicais de América, África e Asia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son herbas, rubideiras, escandentes ou rastreiras, perennes desde cáudices ou tubérculos, subsuculentas, mucilaxinosas, xeralmente glabras; plantas hermafroditas ou ás veces funcionalmente dioicas. Follas alternas ou subopostas, simples, enteiras ou raramente apiculado-dentadas, suculentas; exestipuladas. Inflorescencia unha espiga, acio, panícula ou cima, terminal ou axilar, brácteas pequenas abrazando o pedicelo ou inmediatamente baixo as bractéolas cando as flores son sésiles, bractéolas 4 en 2 pares opostos na base do cáliz, as do par superior sepaloides, flores actinomorfas; cáliz gamosépalo, (4–) 5 (–13)-lobado, os lobos imbricados, esbrancuxados ou ás veces coloreados, persistentes no froito; pétalos ausentes; disco nectarífero anular, intra- ou extrastaminal; estames (4–) 5 (–9), opostos aos lobos do cáliz, filamentos connados na base, anteras basifixas ou dorsifixas, ditecas, dehiscencia variada; ovario súpero, 1-locular, placentación basal, óvulo 1, anátropo a campilótropo, estilo 1, indiviso a 3-fido ou estilos 3. Froito un utrículo máis ou menos rodeado polo cáliz persistente e a miúdo carnoso e polas bractéolas superiores; semente 1, subesférica, o embrión anular e rodeado de perisperma ou torto en espiral e o perisperma escaso ou ausente.[1]

As especies máis importantes nos mercados de alimentos son Ullucus tuberosus e Basella alba.

  1. "Basellaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden: Flora de Nicaragua. Consultado o 17 de febrero de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fl. Guat. 24(4): 215. 1946; Fl. Pan. 66: 110–112. 1979; P. Wilson. Basellaceae. N. Amer. Fl. 21: 337–339. 1932; C.R. Sperling. Systematics of the Basellaceae. Ph.D. Thesis, Harvard University, Cambridge. 1987.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]