Bencina
O éter de petróleo, tamén coñecido como bencina, nafta VM & P, nafta de petróleo, nafta ASTM ou ligroína, é unha mestura líquida de diversos compostos volatiles, moi inflamables, do grupo funcional dos hidrocarburos saturados ou alcanos, e non á serie dos éteres como erroneamente indica o seu nome. Emprégase principalmente como disolvente non polar.
O éter de petróleo obtense nas refinerías de petróleo como unha parte do destilado, intermedia entre a nafta lixeira e a máis pesada do queroseno[1]. Ten unha densidade relativa comprendida entre 0,6 e 0,8, en función da súa composición. As seguintes fraccións de destilación do éter de petróleo están comunmente dispoñibles como produtos comerciais, en función da súa temperatura de ebulición: 30 a 40 °C, 40 a 60 °C, 60 a 80 °C, de 80 a 100 °C, de 80 a 120 °C e, ás veces, 100 a 120 °C. A fracción 60 a 80 °C emprégase a miúdo como substituto do hexano. O éter de petróleo é empregado principalmente polas compañías farmacéuticas no proceso de fabricación de fármacos. O éter de petróleo componse principalmente de pentano e utilízase ás veces no seu lugar, debido ao seu menor custo. O éter de petróleo non é tecnicamente un éter senón un alcano[2].
A bencina non debe confundirse co benceno. A bencina é unha mestura de alcanos, como pentano, hexano e heptano, mentres o benceno é un hidrocarburo aromático cíclico, de fórmula C6H6. Así mesmo, o éter de petróleo non debe confundirse coa clase de compostos orgánicos chamados éteres, que conteñen o grupo funcional R-O-R'. Tampouco debe confundirse coa gasolina.
Durante a segunda guerra mundial, nalgúns campos de exterminio nazis fixéronse experimentos para matar os prisioneiros con inxeccións de bencina[3].
Variedades
[editar | editar a fonte]Éter de petróleo 30º-40º
[editar | editar a fonte]Esta fracción está composta principalmente por pentano e isopentano, e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0 e algunhas das súas propiedades son as seguintes[4]:
Propiedade | Valor |
---|---|
Punto de ebulición : | 30-40 °C |
Punto de inflamación : | -56 °C |
Temperatura de auto ignición : | 285 °C |
Límites de explosión (inf./sup.): | 1,2 / 7,5 Vol. % |
Presión de vapor: (20 °C) | 350 hPa |
Indicacións de perigo: | Extremadamente inflamable Nocivo Perigoso para medio ambiente |
Símbolos (pictogramas): | Xn, F+, N |
Frases R: | R-12 (extremadamente inflamable), R-38 (irrita a pel), R-48/20 (risco grave por inhalación), R-51/53 (tóxico no medio ambiente acuático), R-62 (risco para a fertilidade), R-65 (risco para organismos acuáticos) e R-67 (somnolencia e vertixe por inhalación de vapores) |
Frases S: | S-16 (afastar do lume), S-23c (non respirar os vapores), S-24 (non respirar po), S-33 (evitar acumular cargas electrostáticas), S-36/37 (usar indumentaria e luvas de protección), S-61 (non liberar ao medio ambiente) e S-62 (en caso de inxestión, non vomitar) |
LC50: | 3400 ppm/4h (rata; inhalación) |
Test EC50 (mg/l) : | Peces = 159 mg/l |
Emprégrase como disolvente para diferentes usos de laboratorio, análise, investigación e química fina.
Éter de petróleo 40º-60º
[editar | editar a fonte]Esta fracción está composta principalmente por pentano e 2-metilpentano. Presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[5]. É miscible con triclorometano.
Éter de petróleo 50º-70º
[editar | editar a fonte]Esta fracción está composta principalmente por 2-metilpentano, 3-metilpentano e hexano. Presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[6].
Éter de petróleo 60º-80º
[editar | editar a fonte]Esta fracción está composta principalmente por 3-metilpentano e hexano, e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[7].
Éter de petróleo 65º-95º
[editar | editar a fonte]Esta fracción está composta por unha mestura de hidrocarburos e presenta o aspecto dun líquido incoloro. O seu número CAS é 64742-49-0[8].
Ligroína ou éter de petróleo 30-65 °C
[editar | editar a fonte]A ligroína é unha fracción rica en hidrocarburos saturados, procedente do refinado de petróleo, similar ao éter de petróleo e utilizada principalmente como disolvente de laboratorio. Está composta fundamentalmente de cadeas carbonadas entre 7 e 11 átomos de carbono, cunha proporción aproximada de 55% de parafinas, 30% de monocicloparafinas, 12% de alquilbencenos e 2% de dicicloparafinas. É un disolvente non-polar con moi baixa forza de elución. O seu número CAS é 8032-32-4. Xeralmente a ligroína de laboratorio ferve entre 60 a 90 °C[9].
Exemplo de composición
[editar | editar a fonte]Dunha análise cromatográfica mediante unha cromatografía GC-MS para obter o espectro de masas de cada un dos compoñentes principais, obtívose a seguinte táboa.
- 0,26% (1-alfa,2-beta,4-beta)-1,2,3-trimetilciclohexano.
- 0,28% 2,4-dimetilheptano
- 0,41% 3-metiloctano
- 0,77% trimetilciclohexano
- 1,08% 1-etil-3-metilciclohexano
- 0,69% p-xileno
- 2,66% nonano
- 0,96% 1-etil-4-metil-ciclohexano
- 0,35% 1-etil-2-metil-ciclohexano
- 0,41% 2,4-dimetilhexano
- 0,88% trans-1-metil-e-(2-properil-)-ciclopentano
- 1,60% cumeno
- 1,58% propilciclohexano
- 1,58% 2,6-dimetiloctano
- 1,62% 1,4-ciclooctanodiona
- 0,59% metilciclooctano
- 4,74% propilbenceno
- 20,43% 1-etil-3-metilbenceno
- 0,78% trans-1-metil-4(1-metiletil)ciclohexano
- 0,89% 1-etil-2,3-dimetilciclohexano
- 6,66% 1,2,4-trimetilbenceno
- 14,66% 1,2,3-trimetilbenceno
- 0,52% 1-metilciclohepteno
- 10,07% 1-etil-3-metilbenceno
- 1,27% 4-ciclohexildecano
- 3,32% idano
- 0,52% hexilciclopentano
- 2,11% 1-metil-3-propilbenceno
- 3,91% 2-etil-1,3-dimetilbenceno
- 0,94% 1-metil-2-propilbenceno
- 1,72% 1-etil-2,3-dimetilbenceno
- 1,30% 1-metil-2-(1-metilletil)benceno
- 1,41% undecano
- 0,12% hexadec-1-eno
- 0,11% eicosano
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Dupont-Durst, H.; Gokel, George W. (1985). Editorial Reverté, ed. Química orgánica experimental. p. 169. ISBN 842917155X.
- ↑ Williamson, Kenneth (2004). Houghton Mifflin Company, ed. Organic Experiments (en inglés) (9th Ed. ed.). Boston, Massachusetts.
- ↑ "The Nazi Doctors: Medical Killing and the Psychology of Genocide" (en inglés). Robert Jay Lifton. Arquivado dende o orixinal o 15-09-2007. Consultado o 1-11-2007.
- ↑ Ficha de seguridade do éter de petróleo 30º-40 °C Panreac
- ↑ Ficha de seguridade do éter de petróleo 40º-60 °C. Panreac
- ↑ Ficha de seguridade do éter de petróleo 50º-70 °C. Panreac
- ↑ Ficha de seguridade do éter de petróleo 60º-80 °C. Panreac
- ↑ Ficha de seguridade do éter de petróleo 65º-95 °C. Panreac
- ↑ Ficha de seguridade da ligroína Reagents S.A.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de seguridade do éter de petróleo 30-40 °C PRS, de Panreac.