Disolvente
Aparencia
Denomínase disolvente, ou solvente, á substancia que permite a dispersión doutra, o soluto, no seu seo. Normalmente o disolvente establece o estado físico da disolución, polo que se di que o disolvente é o compoñente da disolución que está no mesmo estado físico que a disolución.
A auga cualifícase moitas veces como o disolvente universal, porque disolve a máis do 50 % dos compostos coñecidos.
Tipos de disolventes
[editar | editar a fonte]- Disolventes apolares. En xeral son substancias de tipo orgánico e nas moléculas das cales a distribución da nube electrónica é simétrica, polo que non presentan un polo positivo nin un polo negativo. Non poden considerarse, por tanto, como dipolos permanentes. Porén, isto non implica que algúns dos seus enlaces sexan polares. Todo dependerá da xeometría das moléculas. Se os momentos dipolares individuais dos seus enlaces están compensados, a molécula será, en conxunto, apolar. Algúns disolventes deste tipo son: o dietiléter, o cloroformo, o benceno, o tolueno, o xileno, as cetonas, o hexano, o ciclohexano, o tetracloruro de carbono etc.
- Disolventes polares. Son substancias formadas por moléculas con distribucións da nube electrónica asimétrica e, por tanto, as súas moléculas presentan un polo positivo e un polo negativo. O exemplo clásico dun disolvente polar é a auga. Os alcohois de baixa masa molecular tamén pertencen a este tipo. Distínguense dous subtipos de disolventes polares:
- Disolventes polares apróticos. Non liberan ións ao medio.
- Disolventes polares próticos. Son capaces de achegar ións H+ ao medio, como a auga, o ácido acético e os alcohois en xeral.
Propiedades dalgúns disolventes comúns
[editar | editar a fonte]Disolvente | Fórmula química | Punto de ebulición | Constante dieléctrica | Densidade |
---|---|---|---|---|
Disolventes non polares | ||||
Hexano | CH3-CH2-CH2-CH2-CH2-CH3 | 69 °C | 2,0 | 0,655 g/ml |
Benceno | C6H6 | 80 °C | 2,3 | 0,879 g/ml |
Tolueno | C6H5-CH3 | 111 °C | 2,4 | 0,867 g/ml |
Dietil éter | CH3CH2-O-CH2-CH3 | 35 °C | 4,3 | 0,713 g/ml |
Cloroformo | CHCl3 | 61 °C | 4,8 | 1,498 g/ml |
Acetato de etilo | CH3-C(=O)-O-CH2-CH3 | 77 °C | 6,0 | 0,894 g/ml |
Diclorometano | CH2Cl2 | 40 °C | 9,1 | 1,326 g/ml |
Disolventes polares apróticos | ||||
1,4-Dioxano | /-CH2-CH2-O-CH2-CH2-O-\ | 101 °C | 2,3 | 1,033 g/ml |
Tetrahidrofurano (THF) | /-CH2-CH2-O-CH2-CH2-\ | 66 °C | 7,5 | 0,886 g/ml |
Acetona | CH3-C(=O)-CH3 | 56 °C | 21 | 0,786 g/ml |
Acetonitrilo | CH3-C≡N | 82 °C | 37 | 0,786 g/ml |
Dimetilformamida (DMF) | H-C(=O)N(CH3)2 | 153 °C | 38 | 0,944 g/ml |
Dimetil sulfóxido (DMSO) | CH3-S(=O)-CH3 | 189 °C | 47 | 1,092 g/ml |
Disolventes polares próticos | ||||
Ácido acético | CH3-C(=O)OH | 118 °C | 6,2 | 1,049 g/ml |
n-Butanol | CH3-CH2-CH2-CH2-OH | 118 °C | 18 | 0,810 g/ml |
Isopropanol | CH3-CH(-OH)-CH3 | 82 °C | 18 | 0,785 g/ml |
n-Propanol | CH3-CH2-CH2-OH | 97 °C | 20 | 0,803 g/ml |
Etanol | CH3-CH2-OH | 79 °C | 24 | 0,789 g/ml |
Metanol | CH3-OH | 65 °C | 33 | 0,791 g/ml |
Ácido fórmico | H-C(=O)OH | 100 °C | 58 | 1,21 g/ml |
Auga | H-O-H | 100 °C | 80 | 1,000 g/ml |
Notas:
- 1. En caracteres negros, as densidades dos disolventes que a teñen maior que a da auga.
- 2. Obsérvese que a auga é o disolvente común que ten máis alta constante dieléctica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Disolvente |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Disolución.
- Disolvente sostíbel.
- Química verde.
- Solubilidade.
- Concentración (química).
- Liposolúbel.
- Hidrosolúbel.