Bissezeele
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Altos de Francia | ||||
Departamento | Norte, Francia | ||||
Distritos | arrondissement of Dunkirk (en) | ||||
Cantón | canton of Bergues (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 246 (2021) (68,91 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921420 | ||||
Superficie | 3,57 km² | ||||
Altitude | 14 m-31 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 59380 | ||||
Fuso horario | |||||
Bissezeele (en neerlandés Bissezele) é un concello francés do departamento do Norte que forma parte do Flandres francés e está situado no límite das rexións naturais de Houtland e Blootland. Limita cos concellos de Socx, Esquelbecq, Zegerscappel e Crochte. O municipio conta con 3.57 km ten 247 habitantes[1].
Historia
[editar | editar a fonte]Debido á súa altura relativa, que oscilaba entre os 22 e os 30 metros, Bissezeele converteuse nun bo lugar para fuxir durante as inundacións. Isto fixo importante a zona durante a época celta. Aínda que a propia vila de Bissezele só aparece en fontes históricas en 1067, debeu existir dende ben antes. Nesa primeira mención aparecía como Bissengesela, que etimoloxicamente quere dicir "casa do pobo de Bisso", noutra referencia de 1085 figuraba como Betsingesela e xa en 1218 Bissinsela[2]. Entre os monumentos de Bissezele salienta a igrexa neorománica de Santo Hadrián, construída despois da destrución da igrexa románica en 1857.
-
A casa do concello de Bissezele
-
Igrexa de Santo Hadrián de Bissezele
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INSEE
- ↑ Ernest Nègre Toponymie générale de la France Volume 2, p. 1007 (ISBN 2600001336)