Dunkerque
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2021.) |
Dunkerque (fr) Duunkerke (vls) Duinkerken (nl) | |||||||||
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Public institution of intermunicipal cooperation with own taxation (en) | Communauté urbaine de Dunkerque (en) | ||||||||
Capital de | canton of Dunkerque-Ouest (en) canton of Dunkerque-Est (en) arrondissement of Dunkirk (en) canton of Dunkerque-2 (en) (2015–) canton of Dunkerque-1 (en) (2015–) | ||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 86.788 (2021) (1.977,4 hab./km²) | ||||||||
Lingua usada | Flamengo occidental lingua francesa | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921420 Unité urbaine de Dunkerque (en) | ||||||||
Superficie | 43,89 km² | ||||||||
Altitude | 4 m-0 m-17 m | ||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||
Datos históricos | |||||||||
Precedido por | Rosendaël, Petite-Synthe (en) , Malo-les-Bains (pt) , Mardyck (en) , Q112289487 , Fort-Mardyck e Saint-Pol-sur-Mer | ||||||||
Creación | 960 | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
• Alcalde | Patrice Vergriete (2014–) | ||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 59140, 59240, 59430, 59640 e 59279 | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | Gaza Riga Ramat Hasharon (pt) Rostock (1960–) Krefeld (1974–) Middlesbrough (pt) (1976–) Liberec (2010–) | ||||||||
Páxina web | ville-dunkerque.fr | ||||||||
Dunkerque (en neerlandés Duinkerke) é unha cidade portuaria do norte de Francia, no departamento de Norte, situada a 10 quilómetros da fronteira con Bélxica.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A poboación do concello era de 86.865 habitantes no ano 2018. Incluíndo poboacións próximas, a poboación da área metropolitana é de máis de 200 mil habitantes. O seu nome provén das palabras neerlandesas duin (duna) e kerk (igrexa).
Historia
[editar | editar a fonte]Rexión moi disputada entre España (pois pertencía aos Países Baixos españois), Inglaterra, os Países Baixos e Francia, non foi ata o 17 de outubro de 1662 que pasou definitivamente a soberanía francesa, cando Carlos II de Inglaterra llela vendeu por 40.000 libras. Durante o reinado de Lois XIV serviu de base para un gran número de corsarios, o máis famoso dos cales foi Jan Bart, coñecido por atacar barcos holandeses.
Xa bombardeada durante a Primeira guerra mundial, a cidade padeceu especialmente durante a Segunda. En 1940 foi escenario da evacuación de 300.000 soldados franceses e británicos, estes últimos pertencentes á Forza Expedicionaria Británica, cara a Gran Bretaña, ante o avance alemán, no que foi coñecido como Operación Dinamo (ver Batalla de Dunkerque).
O 14 de decembro de 2002, o Tricolor, un barco noruegués destinado ao transporte de coches, chocou co Kariba (rexistrado nas Bahamas) en fronte ás costas de Dunkerque, e afundiu, o que representou un inmenso perigo para a navegación no canle da Mancha. Xa á noite seguinte o Nicola, un barco alemán, tocou o naufraxio e tivo que ser remolcado para liberarse. O 1 de xaneiro de 2003 o barco de bandeira turca Vicky embarrancou nos restos do Tricolor, pero puido marchar ao subir a marea.
Economía
[editar | editar a fonte]Dunkerque é o terceiro porto máis grande de Francia logo do Le Havre e de Marsella. Tamén teñen importancia as industrias metalúrxica, alimentaria, petroquímica e naval. Dunkerque representa, ademais, un importante nó de comunicacións, con enlaces con tren de alta velocidade con Lille e París (ademais de trens de proximidade), por autoestrada con Flandres e Calais e por ferri con Ramsgate e Dover, en Gran Bretaña.
Eventos e atraccións turísticas
[editar | editar a fonte]- O Museo portuario acolle exposicións sobre a historia da cidade e do porto.
- O Museo de Belas Artes ten unha ampla colección de pintura e escultura flamenga, inglesa e francesa.
- O entroido de Dunkerque.
- Os Catro días de Dunkerque unha proba de ciclismo profesional.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Dunkerque está irmandada con:
- Riga (Letonia) dende 1960
- Krefeld (Alemaña) dende o 15 de xuño de 1974
- Middlesbrough (Reino Unido) dende 12 de abril de 1976
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Dunkerque |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do concello de Dunkerque Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en francés)
- Web turística oficial (en francés) e (en inglés)