Botón (vestimenta)
Un botón é un elemento pequeno utilizado para abrochar ou axustar vestimentas, especialmente camisas e sacos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Os botóns acostuman ser redondos e planos, aínda que os hai de diversas formas e tamaños. Acostuman estar feitos de metal, madeira ou, máis recentemente, plástico. O botón abróchase facéndoo pasar por un ollal de tamaño xusto situado nun extremo da vestimenta.
Nun primeiro momento, os botóns non eran senón discos decorativos que se cosían á roupa e non tiñan a función de abrochalas. Os primeiros botóns foron cunchas de diversos moluscos, talladas e perforadas. Datan do 2000 a.C. e foron encontrados no val do Indo.
Os gregos e romanos tamén utilizaron botóns decorativos fabricados a partir de conchas ou madeira. En xacementos europeos, encontráronse botóns de marfil e óso labrados cubertos de ouro ou con xemas incrustadas. En ningún destes casos eran utilizados para abrochar as pezas de roupa.