Saltar ao contido

Bullying

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bullying é un termo de orixe inglesa utilizado para describir actos de violencia física ou psicolóxica, intencionais e repetidos, practicados por un individuo (bully) ou grupo de individuos co obxectivo de intimidar ou agredir outro individuo (ou grupo de individuos).[1]

Características do bullying

[editar | editar a fonte]
Sinónimos

O científico noruegués Dan Owelus define bullying como un comportamento que inclúe tres aspectos esenciais[2]:

  1. É un comportamento agresivo que implica accións negativas e non desexadas.
  2. Implica tamén un patrón de conduta repetitivo.[3]
  3. Supón un desequilibrio de poder entre as partes involucradas.

O bullying, segundo Owelus, divídese en dúas categorías:

  1. bullying directo ( en forma de ataques físicos e verbais )[4]
  2. bullying indirecto, tamén coñecido como agresión social,[5] ou "acoso centrado nas relacións sociais a través da exclusión deliberada ou do aillamento"[4]

Diferenza entre bullying e mobbing

[editar | editar a fonte]

Aínda que sexan termos semellantes, no bullying sempre está presente a violencia física, mentres que no mobbing as estratexias que utilizan os acosadores ou mobbers sempre son máis psicolóxicas e sutís, pois a intención é non deixar rastro ou pegada do acoso, para facer notar ao acosado ou mobbed como un traballador incompetente, conflitivo ou problemático.

  1. José Mª Torras Coll - Magistrado, Audiencia Provincial de Barcelona. (24-5-2017). "El delito de stalking. Breves consideraciones". Lefebvre - El Derecho (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20-03-2018. Consultado o 20-3-2018. 
  2. "Education". UNESCO (en inglés). Consultado o 20 marzo 2018. 
  3. Consello Xeral do Poder Xudicial (9-5-2017). "El Tribunal Supremo establece que el delito de ‘stalking’ requiere continuidad en el tiempo y alterar los hábitos de la víctima". Poder Judicial: CGPJ (en castelán). Consultado o 20-3-2018. 
  4. 4,0 4,1 Río Pérez, Jorge del; Sádaba Chalezquer, Charo; Bringué Sala, Xavier (marzo 2010). "Menores y redes ¿sociales?: de la amistad al cyberbullying". Revista de estudios de juventud (en castelán) (88): 116. ISSN 0211-4364. 
  5. Maiuro, Ph.D., Dr. Roland D. (2015). Perspectives on Bullying: Research on Childhood, Workplace, and Cyberbullying (en inglés). Springer Publishing Company. p. 250. ISBN 9780826194633. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]