Carcaixent
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Ribera Alta | ||||
Capital | Carcaixent (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.777 (2023) (350,67 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Valenciano (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 59,25 km² | ||||
Bañado por | Río Xúcar | ||||
Altitude | 21 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Mare de Déu d'Aigües Vives (en) e Denise, Dativa, Leontia, Tertius, Emilianus, Boniface, Majoricus, and Servus (en) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francesc Salom Salom (en) (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46740 | ||||
Código INE | 46083 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46083 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | carcaixent.es | ||||
Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal sitúase entre a marxe dereita do río Xúcar, Val de Aigües Vives e as montañas del Convent. A cidade de Carcaixent é o núcleo máis importante do municipio, que ademais lle dá nome.
No que respecta á orografía, cabe dicir que é regada polo río Xúcar e polos seus afluentes Magre, Verd e Barxeta, e tamén pola Real Quenlla de Carcaixent. O termo é maiormente chairo, e esténdese pola unidade xeográfica que forma o val do Xúcar, que se transforma a partir da cidade cara ao leste nun terreo montañoso coa serra de Corbera e a das Agullas. O chan é cuaternario, orixinado polo aluvión procedente do río Xúcar, con montañas de roca calcárea.
Desde Valencia, accédese a esta localidade a través da CV-42 e CV-41 ou por medio da A-7 e logo tomando a CV-543. Tamén ten estación de ferrocarril na liña C-2 de Proximidades Valencia (Renfe).
Barrios e pedanías
[editar | editar a fonte]No termo municipal de Carcaixent atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Barraca de Aigües Vives
- Cogullada
Pola súa banda, o núcleo de Carcaixent divídese en catro barrios:
- Santa Bàrbara
- Les Barraques
- La Muntanyeta
- Els Quatre Camins
Demografía
[editar | editar a fonte]Carcaixent ten 21.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 7,7% da súa poboación é de nacionalidade estranxeira.
Evolución demográfica deCarcaixent | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
9.255 | 12.503 | 12.262 | 13.520 | 13.834 | 15.393 | 17.846 | 17.216 | 17.937 | 18.971 | 22.164 | 20.062 | 20.609 | 21.753 | 21.695 | 21.973 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carcaixent |