Carlo Tagnin
Tagnin | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlo Tagnin | ||
Nacemento | 18 de novembro de 1932 | ||
Lugar de nacemento | Alessandria | ||
Falecemento | 13 de marzo de 2000 | ||
Lugar de falecemento | Alessandria | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1948–1951 | Torino | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1952–1954 | Torino | 7 | (0) |
1952–1953 | → Alessandria | 31 | (10) |
1954–1957 | Monza | 78 | (3) |
1957–1958 | Alessandria | 29 | (3) |
1958–1959 | Lazio | 29 | (1) |
1959–1961 | Bari | 64 | (5) |
1962–1965 | Inter de Milán | 36 | (1) |
1965–1966 | Alessandria | 28 | (0) |
Adestrador | |||
1972–1973 | Albese | ||
1973–1974 | Savona | ||
1975–1983 | Inter de Milán (xuv.) | ||
1983–1985 | Alessandria (xuv.) | ||
1985–1986 | Alessandria | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Carlo Tagnin, nado en Valle San Bartolomeo, Alessandria, o 18 de novembro de 1932 e finado en Alessandria o 13 de marzo de 2000, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como centrocampista. Xogou en varios equipos italianos e destacou especialmente no célebre Inter de Milán de Helenio Herrera, co que gañou tres títulos da Serie A, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Torino, aínda que debutou profesionalmente nas filas do Alessandria da súa cidade natal, na Serie C, club ao que foi cedido durante a tempada 1952/53 e co que ascendeu á Serie B. Ao ano seguinte volveu ao Torino, co que debutou na Serie A o 13 de setembro de 1953 nun empate 1-1 ante a Sampdoria.
En 1954 pasou ao Monza, co que xogou tres anos na Serie B, regresando brevemente ao Alessandria para a tempada 1957/58 da Serie A. En 1958 fichou pola Lazio, coa que gañou ese mesmo ano a Copa de Italia, sendo titular na final contra a Fiorentina, á que derrotaron por 1-0 no Stadio Olimpico, cun tanto de Maurilio Prini.[2]
Entre 1959 e 1961 xogou no Bari, sendo posteriormente suspendido durante dúas tempadas e media tras ser acusado de estar implicado nun escándalo de apostas. A súa condena foi posteriormente reducida a un ano, e en 1962 fichou polo Inter de Milán, club co que acadou os seus maiores éxitos como futbolista, e no que xogou ata 1965.
Alí formou parte do Grande Inter de Helenio Herrera, co que gañou dúas ligas, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental. Foi titular na primeira das finais europeas, en 1964 contra o Real Madrid no Praterstadion de Viena, onde demostrou as súas excelentes habilidades de marcación ante o xogador estrela do club español, Alfredo Di Stéfano. Disputou un total de 56 partidos co Inter (36 deles na Serie A), e marcou 1 gol.[1][3]
Rematou a súa carreira en 1966, despois dunha última tempada co Alessandria na Serie B.[1][3][4]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Trala súa retirada dos campos de fútbol comezou a súa carreira como adestrador. O seu primeiro equipo foi o Albese, pasando logo polo Savona antes de regresar ao Inter, onde adestrou durante anos o equipo xuvenil. En 1985 pasou a dirixir os xuvenís do Alessandria durante dous anos, converténdose no adestrador do primeiro equipo na tempada 1985/86.[1]
morreu dun osteosarcoma o 13 de marzo de 2000, na súa Alessandria natal, aos 67 anos.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Lazio
- Coppa Italia (1): 1958.
Inter de Milán
- Serie A (2): 1962/63, 1964/65.
- Copa de Europa (2): 1963/64, 1964/65.
- Copa Intercontinental (1): 1964.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "La Grande Inter: Carlo Tagnin (1932-2000)" (en italiano). 18 de novembro de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ "COPPA ITALIA 1958" (en italiano). Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "“Ti seguirei fino al bagno”. In memoria di Carlo Tagnin e Ferruccio Mazzola" (en italiano). 8 de maio de 2013. Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ "Notizie di sport". la Repubblica (en italiano). 15 de marzo de 2000. Consultado o 19 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlo Tagnin |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en italiano).
- Nados en 1932
- Nados na provincia de Alessandria
- Finados en 2000
- Futbolistas de Italia
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Torino FC
- Xogadores do Unione Sportiva Alessandria Calcio 1912
- Xogadores do SS Lazio
- Xogadores do AS Bari
- Xogadores do Inter de Milán
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Adestradores de fútbol de Italia
- Adestradores do Unione Sportiva Alessandria Calcio 1912