Renato Cappellini
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1943 (81 anos) Soncino, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1977) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Renato Cappellini, nado en Soncino o 9 de outubro de 1943, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Inter de Milán, co que debutou na Serie A o 29 de setembro de 1963, nunha vitoria por 2-0 contra o Mantova.[1] Despois de pasar a tempada 1964/65 cedido no Genoa, regresou ao equipo nerazzurro, co que gañou un scudetto da man de Helenio Herrera.[2]
Nos cuartos de final da Copa de Europa 1966/67 ante o Real Madrid, marcou un gol tanto no partido de ida como no de volta, clasificándose así para a seguinte fase.[2] Nas semifinais enfrontouse ao CSKA Sofia búlgaro, eliminatoria que precisou dun partido de desempate, no que Cappellini fixo o único tanto, metendo así o equipo milanés na súa terceira final continental.[3]
En 1968 foi traspasado ao Varese, onde xogou un ano, antes de fichar pola Roma, club no que militou durante cinco campañas.[2] Posteriormente pasou polo Como, a Fiorentina e o Chiasso, da liga suíza, antes de colgar as botas en 1977.[2]
Ademais da súa carreira futbolística, tamén se dedicou a escribir historias de detectives.[4]
Selección italiana
[editar | editar a fonte]En marzo de 1967 disputou dous partidos coa selección italiana e marcou un gol ante Portugal.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tra Inter e Mantova ha deciso Jair: 2 - 0". La Stampa (en italiano). 30 de setembro de 1963. p. 6. Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Galasso 2015, p. 384.
- ↑ Cosin, Alberto (5 de xuño de 2015). "Final Copa de Europa 1967. HH claudicó ante los ‘Leones de Lisboa’" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ Izzi 2017, p. 648.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Galasso, Vito (2015). L'Inter dalla A alla Z (en italiano). Newton Compton Editori. ISBN 9788854186989.
- Izzi, Massimo (2017). L'AS Roma dalla A alla Z (en italiano). Newton Compton Editori. ISBN 9788822714886.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).