Saltar ao contido

Casa do Concello de Valencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa do Concello de Valencia
Vista da Casa do Concello
Edificio
Coordenadas39°28′11″N 0°22′37″O / 39.469836, -0.376989
Uso(s)Casa do concello
editar datos en Wikidata ]

A Casa do Concello de Valencia (en valenciano Ajuntament de València) é a sede do Consello Municipal da cidade de Valencia. Domina a Praza de l'Ajuntament.

O edificio

[editar | editar a fonte]
Biblioteca do Ajuntament
Descenso da Bandeira da Cidade o 9 de outubro
Penó de la Conquesta, conservado no Museo da Casa do Concello

É un edificio neoclásico, cun campanario en medio e dúas torres nos dous extremos. O gran balcón atópase directamente enriba da porta principal. Á entrada, hai unha clase de soportal con dúas columnas grosas e unha escaleira. No alto da escaleira á dereita está a famosa cambra de vidre ("cámara de vidro"). Dentro tamén podemos atopar o Hemiciclo e o Arquivo Municipal.

O edificio actual erixiuse a comezos do século XX (1905-1950), incorporando a antiga Casa de l'Ensenyança, un instituto católico, e a Església de la Sang ("igrexa do sangue"). O proxecto foi a cargo do arquitecto municipal Carlos Carbonell, e a fachada foi deseñada por Mariano Benlliure. A estrutura orixinal, de estilo barroco, aínda se pode apreciar na parte de atrás. Até o 1934 o conselle municipal tiña como o seu edificio principal unha edificación xa desaparecida na Praza da Mare de Déu.

Durante a guerra civil celebráronse na Casa Consistorial sesións do parlamento español, refuxiado en Valencia entre o 6 de novembro de 1936 e 1939.

Durante as Fallas, ás dúas do mediodía, o balcón do Ajuntament enchese de persoeiros, ademais da Falleira Maior, o alcalde e ás veces o President da Generalitat. Desde aí dan a orde ao mestre pirotécnico de comezar a mascletà feita na mesma praza coa seguinte frase:

Senyor pirotècnic, pot començar la mascletà!

O 9 de outubro, día da cidade e dende 1982 "Diada do País Valenciano", a Senyera reial baixase dende o balcón a terra utilizando unha corda para que se manteña dereita (xa que a tradición di que non pode inclinarse ante ninguén) e fai un percorrido polo centro da cidade até a praza de Afonso o Magnánimo e retornando despois ao alto da Casa Consistorial, onde se garda até o vindeiro ano.

No Ajuntament pódense atopar oficinas de atención ao público: a de turismo, a do padrón ou rexistro municipal, a de información xeral, a de tributos e a Policía Local.

Tamén o Museu Històric de la Ciutat (Museo Histórico da Cidade) atópase dentro do edificio. Este museo conten a documentación dos Foros e do Llibre del Consolat del Mar, a Reial Senyera e o Penó de la Conquesta, o plano do Padre Tosca, bandeiras gremiais, un fragmento de artesanía da antiga Casa de la Ciutat e diversas pezas de ourivaría procedentes da capela dos Jurats e da capela de Santa Rosa.

A entrada é de balde e o horario é de 09.15 a 14.00 de luns a venres.

Vista lateral do Ajuntament de Valencia
Vista frontal do Ajuntament de Valencia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]