Castelo do Castro de Ouro
Castelo do Castrodouro | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Alfoz |
Provincia | Lugo |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 43°31′40″N 7°24′32″O / 43.52777778, -7.40888889 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | ? (? ) |
Estilo actual | ? (Restaurado ) |
Estado actual | Restaurado |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo do Castro de Ouro é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia do Castro de Ouro, no concello de Alfoz e debe a súa fama á súa relación co mariscal Pardo de Cela.
Historia
[editar | editar a fonte]Edificado sobre un antigo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intervención dos Reis.
Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa que:
La fortaleza de castro de Oro estaba muy obscura, sin ventanas, por lo que era húmeda y enferma. Rompió las Murallas por tres partes, y abrio buenas ventanas, que dan vista y alegría a la casa: y ya tenía comprado el hierro para asegurarlas con unas rejas fuertes.
Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se fose derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.
Actividades
[editar | editar a fonte]No verán do ano 2006 celebráronse no castelo de Castro de Ouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela.
O Castro de Ouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castelo do Castro de Ouro na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Debate de Carlos Barros