Torre do Bolo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Torre do Bolo | |
---|---|
Concello | O Bolo |
Provincia | Ourense |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°18′28″N 7°05′42″O / 42.307777777778, -7.095 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (século XII) |
Estilo actual | mestura (século XV) |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre do Bolo é unha construción fortificada situada no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixe.
Historia
[editar | editar a fonte]Localízase posibelmente nun lugar noutrora ocupado por un antigo poboado castrexo, mais non foi antes do século XII que apareceron as primeiras referencias documentades ao castelo, documentos onde se relata a súa fundación real.
No século XIV, o rei Pedro I de Castela concedeu á vila foro de reguengo, en agradecemento á súa fidelidade na guerra civil que o opuña a Henrique de Trastámara. No século XV, o rei Xoán II de Castela confirmou os privilexios da vila, na altura en que concedeu a fortificación aos condes de Benavente.
A fortificación tamén pertenceu aos condes de Lemos, inimigos acérrimos dos de Benavente, que chegaran a posuír o título de condes do Bolo.
Características
[editar | editar a fonte]O castelo medieval posuíu planta rectangular con sete cubos e a torre da homenaxe. A torre foi reedificada por Xoán Pimentel no século XV, seguindo o estilo oxival. A torre da homenaxe é de planta cadrada. Construída en granito ben labrado, alcanza unha altura de 18 metros e cerca de 10 metros de lado. Non conserva nin o ameado nin o beiril. Distribúese en 3 andares e un soto cuberto con bóveda de canón apuntado, reforzado por 3 arcos. Tense acceso á torre mediante unha porta de acceso en altura, aberta no primeiro andar. No interior, pódense apreciar a entrada do subterráneo, os alxibes e un cuarto.
Ábrese outra torre de arco apuntado que permite o acceso ao patio de armas. A partir da porta de entrada ao patio de honra, presenta un arco de medio punto. Xunto a esta porta consérvase unha torre cilíndrica e parte da cerca defensiva, cun grosor de 2 metros e 25 centímetros, que conserva varios sinais de canteiros.
Alén destes elementos, consérvanse outros como o alxibe e murallas co adarve.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Torre do Bolo.
-
Torre do Bolo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Castelo do Bolo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.