Ciro in Babilonia
Ciro in Babilonia Ciro en Babilonia | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Francesco Aventi |
Fontes literarias | Biblia, Libro de Daniel 5, 1-30 |
Estrea | 14 de marzo de 1812 |
Teatro da estrea | Teatro Comunale |
Lugar da estrea | Ferrara |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Perdida |
Personaxes | |
Ciro in Babilonia, ossia La caduta di Baldassare (en galego Ciro en Babilonia, ou a caída de Baldassare) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano de Francesco Aventi baseado no Libro de Daniel 5, 1-30 da Biblia. A ópera foi estreada no Teatro Comunale de Ferrara o 14 de marzo de 1812.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira representación tivo lugar o 14 de marzo de 1812 no Teatro Comunale de Ferrara. A pesar de que o propio Rossini a definiu como "un dos meus fiascos", a ópera tivo unha boa acollida, como se deduce das múltiples representacións que se fixeron da mesma nos seguintes anos (o mesmo Stendhal a definiu como unha "ópera chea de graza"). Porén, trátase dun dos traballos máis febles do compositor de Pésaro.
A ópera tivo un escaso éxito debido á insuficiencia e a algúns elementos do elenco. A segunda muller Anna Savineli, segundo Rossini, había unha única nota que lle resultaba ben: o Si bemol central. O compositor, logo, tivo que escribir un aria de serbetto para Savinelli, escrita para a aria Chi disprezza gl'infelici centrada nesa única nota, garantindo deste xeito o éxito para a cantante.
A ópera caeu no esquecemento case inmediatamente: a primeira representación en tempos modernos tivo lugar en 1988 en Savona, con Daniela Dessì no papel de Amira e Ernesto Palacio no de Baldassare. Logo unha representación en Bad Wildbad en 2004 e unha en versión de concerto en París no 2008, a ópera foi finalmente representada por primeira vez no Rossini Opera Festival de Pésaro en 2012, con Ewa Podles no papel principal.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só dúas representacións no período 2005-2010.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 14 de marzo de 1812[2] (Director: - ) |
---|---|---|
Baldassare, rei dos asirios en Babilonia | tenor | Eliodoro Bianchi |
Ciro, rei de Persia | contralto | Marietta Marcolini |
Amira, muller de Ciro, prisioneira de Baldassare | soprano | Elisabetta Manfredini-Guarmani |
Argene, confidente de Amira | mezzosoprano | Anna Savinelli |
Zambri, príncipe babilonio | baixo | Giovanni Layner |
Arbace, capitán dos exércitos de Baldassare | tenor | Francesco Savinelli |
Daniello, profeta | baixo | Giovanni Fraschi |
Bambino | personaxe mudo | |
Coro masculino de Grandes do reino e soldados. |
Argumento
[editar | editar a fonte]Baldassare quere casar coa fermosa Amira, a muller de Ciro e agora leal a el. Ciro tenta salvar á súa muller e a seu fillo prisioneiros do cruel tirano, mais é descuberto e capturado. Baldassare cre que gañou, mais durante unha celebración un prodixio anúncialle a súa próxima morte. Os sacerdotes suxírenlle que secrifique aos prisioneiros, mais os persas están preparados para derrotar aos babilonios, liberando así a Ciro e á súa familia. Baldassare morre, e finalmente os dous esposos poden vivir en paz finalmente.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Rossini require o uso de:
- 2 frautas (II tamén piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots
- 2 trompa, 2 trompeta, trombón
- Timbal
- Archi
Estrutura
[editar | editar a fonte]- Sinfonia
Acto I
[editar | editar a fonte]- 1 Introduzione Di Babilonia i popoli (Coro, Zambri, Baldassare)
- 2 Duetto T'arrendi, alfin dipende (Baldassare, Amira)
- 3 Coro e cavatina Veh come pallido - Ciro infelice! (Ciro)
- 4 Aria Avrai tu pur vendetta (Arbace)
- 5 Aria Vorrei veder lo sposo (Amira)
- 6 Final do primeiro acto Guardie, olà! (Baldassare, Zambri, Ciro, Amira, Coro)
Acto II
[editar | editar a fonte]- 7 Introduzione Sì bell'alma soccorrete (Coro)
- 8 Escena, duettino e terzetto Nello stringerti al mio petto (Ciro, Amira, Baldassare)
- 9 Coro Intorno fumino
- 10 Recitativo, temporale e scena Daniello io son (Daniele)
- 11 Cavatina con coro Misero me, che intesi! (Baldassare)
- 12 Aria Deh, per me non v'affliggete (Amira)
- 13 Aria Chi disprezza gl'infelici (Argene)
- 14 Coro, scena ed aria T'abbraccio, ti stringo (Ciro, Coro)
- 15 Final do segundo acto Al vincitor clemente (Coro, Ciro, Amira, Zambri)
Gravacións
[editar | editar a fonte]Ano | Elenco: Baldassare, Ciro, Amira, Argene |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo [4] |
---|---|---|---|
1988 | Ernesto Palacio, Caterina Calvi, Daniela Dessi, Oriana Ferraris |
Carlo Rizzi, Orchestra Sinfonica di Sanremo e Coro Francesco Cilea di Reggio (Gravación dunha representación no Teatro Chiabrera, Savona o 30 de outubro) |
CD de son: Hunt, Cat: 105; Arkadia, Cat: CDAK 105.2; Celestial Audio, Cat: CA 502 |
2004 | Riccardo Botta, Annarita Gemmabella, Luisa Islam-Ali-Zade, Maria Soulis |
Antonino Fogliani, Württembergische Philharmonie Orchestra e ARS Brunensis Chamber Choir (Gravado en 3 rerpesentacións no Wildbad Festival, July) |
CD de son: Naxos Cat: 8.660203/4 |
2008 | Cyril Auvity, Nora Gubisch, Elena de la Merced, Sophie Daneman |
Jean-Claude Malgoire, La Grande Ecurie et La Chambre du Roy e Choeur de Chambre de Namur (Gravado nunha versión de concerto no Théâtre des Champs-Elysées o 12 de xaneiro) |
CD de son: Premiere Opera Cat: ?? |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 07 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Information from AmadeusOnline.net". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 07 de xaneiro de 2013.
- ↑ Osborne, p. 16
- ↑ Gravacións de Ciro in Babilonia en operadis-opera-discography.org.uk
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |