Otello (Rossini)
Otello ossia Il Moro di Venezia Otello ou o mouro de Venecia | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Francesco Berio, marqués de Salsa |
Fontes literarias | Otello do barón Carlo Cosenza, adaptación de Othello, or the Moor of Venice, Shakespeare |
Estrea | 4 de decembro de 1816 |
Teatro da estrea | Teatro del Fondo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Duración | 3 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Fondazione Rossini, Pésaro |
Personaxes | |
Otello (tenor) |
Otello, ossia il moro di Venezia (en galego Otello, ou o mouro de Venecia é unha ópera en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Francesco Maria Berio di Salsa, baseado nunha adaptación francesa do Otelo de Shakespeare realizada por Jean-François Ducis[1]. Foi estreada no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816.
É a única obra rossiniana baseada nun drama de Shakespeare. A ópera adáptase bastante á obra orixinal, ten lugar en Venecia e non en Chipre, e o drama desenvólvese doutro xeito. O papel de Jago é nalgún sentido menos importante e diabólico que na obra orixinal e que na versión de Verdi, estreada en 1887. O Otello de Rossini é un fito importante no desenvolvemento da ópera como drama musical, ademais proporcionou a Verdi un punto de referencia para as súas propias adaptacións de Shakespeare.
Otello, como moitas outras óperas de Rossini, foi caendo pouco a pouco no esquecemento e chegando no século XX a ser a súa presenza practicamente nula. Como noutros casos houbo que agardar ao renacemento de Rossini para que a obra volvese coller voo. É curioso que o propio Rossini afirmaba que, da súa extensa produción operística, tan só sobrevivirían no tempo Il barbiere di Siviglia completo, o acto II de Guillaume Tell e o acto III de Otello.
Esta ópera represéntase pouco, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto nº 222 das óperas representadas no período 2005-2010 e sendo a 65ª en Italia e a novena de Rossini con 12 representacións nese período[2].
Historia das representación
[editar | editar a fonte]A estrea do Otello de Rossini tivo lugar no Teatro del Fondo de Nápoles o 4 de decembro de 1816. A súa estrea no Reino Unido foi o 16 de maio de 1822 no King's Theatre de Londres, e a premier americana tivo lugar o 7 de febreiro de 1826 en Park Theatre en Nova York.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 4 de decembro de 1816 (Director: - ) |
---|---|---|
Otello | tenor | Andrea Nozzari |
Desdemona | mezzosoprano | Isabella Colbran |
Rodrigo | tenor | Giovanni David |
Jago | tenor | Giuseppe Ciccimarra |
Emilia | mezzosoprano | Maria Manzi |
Elmiro | baixo | Michele Benedetti |
O dogo de Venecia | tenor | Gaetano Chizzola |
Lucio | tenor | Nicola Mollo |
Un gondoleiro | tenor | Nicola Mollo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lois Potter (2002) Othello Manchester: Manchester University Press, p. 61
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- ↑ Holden, p. 779
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otello |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |