Saltar ao contido

Conversa:Peroné

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

O International Anatomical Nomenclature Committee recolle na súa Nomina Anatomica tanto en portugués como en español o sinónimo "fíbula", que, creo, debera figurar neste artigo, xunto con "peronio" (do grego περόνη).

Creo que deberías ser máis preciso, que é exactamente o que di o IANC que fibula é unha forma científica para se referir ao peroné en todas as linguas ou que en castelán e portugués fíbula é sinónimo de peroné. En todas as linguas dá os mesmos sinónimos ou ben os sinónimos mudan dependendo da lingua, se é este último caso non é unha referencia para o galego o que diga do portugués e castelán e debería ser confirmado por outra fonte.--RNC 19:53, 27 outubro 2009 (UTC)