Peroné
Aparencia
Peroné | ||
---|---|---|
Ósos do membro inferior | ||
Extremidade inferior do peroné dereito. |
O peroné ou fíbula[1] é un óso longo da parte externa da perna. Posúe unha epífise proximal, diáfise e epífise distal.
Estrutura e insercións musculares
[editar | editar a fonte]- Epífise proximal: posúe unha apófise ósea e unha superficie articular pequena. Presta inserción ó músculo bíceps crural e o ligamento lateral externo do xeonllo na apófise; e ó músculo sóleo e peroneo lateral longo nesa superficie.
- Diáfise: tres superficies e tres bordos.
- Superficie posterior: insírese o sóleo no terzo superior, o tibial posterior e os flexores dos dedos comúns e I dedo no terzo medio. No terzo inferior achamos os músculos peroneos laterais longo e curto, que só pasan por aquí, non se insiren
- Superficie interna: hai febras de inserción do tibial anterior.
- Superficie externa: insírense os peroneos laterais longo e curto.
- Bordo anterior: moi afiado, sen insercións importantes.
- Bordo interno: permite a inserción do ligamento interóseo.
- Bordo externo: permite a inserción do tabique osteofibrótico externo.
- Epífise distal: o peroné remata no maléolo peroneo, que se artellará co astrágalo. Este maléolo permite a inserción do ligamento lateral externo do nocello.
Articulacións do peroné
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dicionario Ir Indo