Conversa usuario:Carlos Kaplan
Benvido á Galipedia, Carlos Kaplan!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:09, 19 de setembro de 2010 (UTC)
La Bohème
[editar a fonte]Ola, Carlos. Vin as edicións que fixeches en La Bohème e botei en falta algún tipo de referencia que lles dea solidez. A ver se podes amañar iso. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:51, 19 de setembro de 2010 (UTC)
- Trátase de indicar de que fonte extraes o que achegas ao artigo: da carátula do disco, dun libro, dun artigo... Normalmente faise en forma de nota ao pé, que se fai cun dos botóns que hai arriba á esquerda da caixa de edición, o que ten o debuxo do libro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:45, 19 de setembro de 2010 (UTC)
Ligazóns inaxeitadas
[editar a fonte]Ola Carlos, benvido.
Por favor, non metas polo medio dos artigos da Galipedia ligazóns a artigos da wiki noutras linguas.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22:19, 14 de novembro de 2011 (UTC)
- Para as ligazóns externas temos un formato para levalas fora do corpo do artigo, cara ó final. Tes unha guía en Wikipedia:Guía/Fontes --. HombreDHojalata.conversa 22:38, 14 de novembro de 2011 (UTC)
Formas válidas
[editar a fonte]Carlos, cando hai varias posibilidades de escrita, cómpre respectar a escolla do primeiro editor. Isto conta para os até-ata, ble/bel ou ao-ó. Tamén para Galiza-Galicia. Por este motivo, non debemos cambiar o criterio do primeiro editor dun artigo e debemos ademais escribir segundo a súa escolla nese artigo en concreto. Coméntocho porque vin que mudaches un ó por ao. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 02:15, 27 de novembro de 2011 (UTC)
Sinatura
[editar a fonte]Ola Carlos, a túa sinatura debe conter unha ligazón á páxina de usuario, e estaría ben que xa puxeras tamén á páxina de conversa. Tés aquí máis información. Saúdos. --JaviP96 28 de abril de 2013 ás 21:40 (UTC)
Texto canónico
[editar a fonte]Ola, referente ao artigo Veni, Sancte Spiritus, ao ser un texto canónico dunha entidade hai que poñer o texto oficial na versión galega, non unha simple tradución (sexa o latín ou do que sería peor do castelán), podes ver o texto oficial en galego aquí [1], abaixo despois de secuencia, podes engadilo ti ou se prefires xa o engadirei eu, a non ser que esteas en desacordo, entón podes ir á páxina de conversa do artigo; pasaría o mesmo noutros textos que creo creaches da liturxia católica (a liturxia só é nos textos oficiais aprobados, outras traducións non teñen sanción da igrexa para formar parte da súa liturxia).--Sernostri (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 20:00 (UTC)
Cuestionario onomástica
[editar a fonte]Ola, Carlos Kaplan! Déixoche aquí esta mensaxe porque non tes activada a opción de mandarche un correo electrónico.
Sei que hai tempo que non editas na Galipedia, pero quería pedirche un favor:
Como quizais xa sabes, estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC. Este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que estou a enviar aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.
Agradecería moito a túa colaboración; podes responder ao formulario aquí.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 12:43 (UTC)
Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Día_do_Galizionario_na_Galipedia
[editar a fonte]Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla
[editar a fonte]Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.
Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)
Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal
[editar a fonte]Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.
Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro
[editar a fonte]Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.