Saltar ao contido

Cuenca del Henares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCuenca del Henares
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°23′29″N 3°20′17″O / 40.39146, -3.33797
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid Editar o valor en Wikidata

Comarca de la Cuenca del río Henares.

A Cuenca del Henares é unha das comarcas da Comunidade de Madrid segundo a Guía de Turismo Rural e Activo, editada pola Dirección Xeral de Turismo (Consellería de Cultura e Turismo) da Comunidade de Madrid. Forma parte da conca hidrográfica do Texo. Na área definida por esta conca atópanse concellos como Alcalá de Henares, Nuevo Baztán, Santorcaz e Loeches. Algúns organismos definiron esta conca como unha comarca de carácter turístico, coa maioría dos seus concellos.

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

Nesta histórica zona, sementada de hortas e cereal, podemos contemplar diversas aves acuáticas, cegoñas brancas, avutarda[1] e peneireiros, así como perdices e paspallás.

Son lugares de interese natural as Ribeiras do Henares e Jarama e a Cañada Real Galiana. A flora componse principalmente de álamos, chopos e salgueiros, típica vexetación de ribeira.

Concellos da comarca

[editar | editar a fonte]

A comarca está formada polos seguintes concellos coa superficie en quilómetros cadrados, e a súa poboación no ano 2021:

Concello Superficie Poboación
Total comarca 595,89 239 022
Anchuelo 21,55 1359
Arganda del Rey 79,65 56 386
Campo Real 61,75 6416
Corpa 25,91 742
Loeches 44,06 8860
Los Santos de la Humosa 34,89 2729
Mejorada del Campo 17,21 23 737
Nuevo Baztán 20,2 6630
Olmeda de las Fuentes 16,57 357
Pezuela de las Torres 41,44 927
Pozuelo del Rey 31 1190
Rivas-Vaciamadrid 67,38 92 925
Santorcaz 27,98 925
Torres de la Alameda 43,79 7729
Valverde de Alcalá 13,53 518
Velilla de San Antonio 14,35 12 543
Villalbilla 34,63 15 049
  1. Bautista, L.M.; Domínguez, A. (2017). "La avutarda, ave vulnerable en las estepas del Henares". Entrevista en formato MP3 a Luis M. Bautista en el programa “Alcalá de Henares en la onda”. Onda Cero Alcalá. Emisión del 31/07/2017. (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]