Rivas-Vaciamadrid
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 100.275 (2023) (1.496,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 67 km² | ||||
Altitude | 590 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pedro del Cura (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28521, 28522, 28523 y 28524 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28123 | ||||
Páxina web | rivasciudad.es | ||||
Rivas-Vaciamadrid é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 75.444 habitantes (INE 2012). Está situado xunto á confluencia do río Jarama e o Manzanares. Esta cidade é a poboación que máis rápido creceu de España nos últimos 20 anos. Situada a 15 km da Porta do Sol de Madrid e a 21 km do centro da cabeceira comarcal, Alcalá de Henares, xunto á A-3, limita ao norte con Madrid (zona do distrito de Vicálvaro) e con San Fernando de Henares, ao sur con Arganda del Rey e San Martín de la Vega, ao leste con Mejorada del Campo e Velilla de San Antonio, e ao oeste con Xetafe e Madrid (distrito de Villa de Vallecas).
Características
[editar | editar a fonte]Rivas Vaciamadrid é un municipio de grandes contrastes e insólitas peculiaridades. É en realidade un municipio da periferia da Capital, pero é tamén unha paraxe de inestimable valor ecolóxico; tres cuartas partes do termo municipal forman parte do Parque Rexional do Sueste. Alí conflúen, entre cantís xesíferos de gran beleza, os ríos Jarama e Manzanares. Xunto ás súas contaminadas canles fóronse formando, como consecuencia dunha prolongada actividade de extracción de áridos, numerosas lagoas onde aniñan incontables especies de anátidas que conviven cunha colonia de duascentas cegoñas e cos falcóns e millafres dos riscos.
Rivas é tamén insólito desde o punto de vista sociolóxico. A súa poboación creceu vertixinosamente desde os escasos 500 veciños de 1980 aos actuais 60.000, dando lugar a un asentamento de aluvión que é considerado como o de maior expansión demográfica de Europa. As principais barriadas (Covibar e Pablo Iglesias) foron construídas por cooperativas vinculadas aos sindicatos Comisións Obreiras e UXT.
Rivas é un municipio singular, moi sensible aos problemas ecolóxicos derivados da expansión urbanística e a deterioración do medio natural.
Ten varios centros comerciais e tamén con outro de recente construción, H2Ocio, cuxa característica máis importante é que está situado nun lago artificial.