Discurso secreto
O chamado discurso secreto, cuxo nome oficial é sobre do culto á personalidade e ás súas consecuencias, é unha famosa intervención do líder soviético Nikita Khrushchev durante o 20º Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética, o 25 de febreiro de 1956. Neste denuncianse os crimes de Stalin e a represión durante a chamada Gran Purga nos anos anteriores á segunda guerra mundial.
Este discurso significou o rompemento da liña oficial do partido dos postulados reflectidos no chamado stalinismo, dunha maneira que intentase volver de regreso ao PCUS ao seu leninismo oficial e inicial, instaurando o repudio contra o culto á personalidade.
O seu nome é debido á sesión na cal foi pronunciado, xa que era unha sesión reservada na cal non participaron os invitados estranxeiros do Congreso. Ademais o seu texto orixinal só foi publicado na súa totalidade na gaceta oficial do Comité Central do partido o 3 de marzo de 1989, como produto da apertura realizada por Gorbachov no proceso coñecido como glásnost.
Estrutura do discurso
[editar | editar a fonte]A estrutura parcial do discurso é a seguinte:
- Denuncia do culto a Stalin.
- Citas dos textos clásicos de marxismo-leninismo polos que se ataca ao culto ao individuo.
- Citas do testamento de Lenin e de escritos de Nadezhda Krupskaya nos cales se ataca ao carácter de Stalin.
- Antes de Stalin a disputa ideolóxica co Trotskismo era netamente intelectual, e el foi o que introduce o concepto de "inimigo do pobo".
- Violación por parte de Stalin das normas sobre o liderado colectivo.
- Represión contra os "vellos bolcheviques" e os delegados ao XVII Congreso. Dos 1.966 delegados, 1.108 foron acusados de ser contrarevolucionarios, sendo executados 848 deles. Dos 139 membros e candidatos ao Comité Central, 98 foron declarados "inimigos do pobo".
- Despois da brutal represión, Stalin deixa de considerar as opinións colectivas.
- Exemplos da represión stalinista:
- Creación de probas falsas para acusar aos seus inimigos.
- Esaxeración do seu rol durante a Gran Guerra Patriótica.
- Deportación das nacionalidades.
- Complot dos doutores
- Creación de pinturas, cancións etc. para gabanza ao líder.