Partido Comunista da Unión Soviética
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Partido Comunista da Unión Soviética | |
---|---|
Filiación internacional | Segunda Internacional Terceira Internacional Cominform |
Historia | |
Fundación | Vladimir Lenin en xaneiro de 1912 |
Disolución | 6 de novembro de 1991 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Bolxevique |
Outros datos | |
Sede | Praza Staraya, Moscova |
O Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), en ruso Коммунисти́ческая па́ртия Сове́тского Сою́за ( КПСС ), foi o nome usado polo partido bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso de 1952 a 1991, aínda que a expresión Partido Comunista pertencese ao nome do partido desde 1918, cando os bolxeviques se tornaron o Partido Comunista de Todas as Rusias. En 1925 pasou a chamarse Partido Comunista da Unión ( Всесоюзная коммунистическая партия (большевиков), ВКП(б) ). En 1934 tornouse o Partido Comunista da Unión Soviética (Bolxeviques). Finalmente, en 1952 tornouse, simplemente, o Partido Comunista da Unión Soviética, nome que permaneceu até 1991.
Unha vez que a Terceira Internacional ou Komintern se formou en 1919, a estrutura marxista-leninista do PCUS foi copiada por outros dos seus membros. Durante toda a historia da Rusia soviética e da URSS, o Partido Comunista foi o partido gobernante e maioritario. En consecuencia, a historia do PCUS e da URSS entrecrúzanse e solápanse.
Historia
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Unión Soviética.
Primeiros anos (1898-1924)
[editar | editar a fonte]A orixe do PCUS estaba na facción bolxevique do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). Esta facción xurdíu da división entre os seguidores de Julius Martov e Vladimir Lenin en agosto de 1903, na segunda conferencia do partido. Os seguidores de Martov chamábanse menxeviques (que significa "minoría" en ruso); e os de Lenin, os bolxeviques (a "maioría"). (As dúas faccións tiñan, en realidade, tamaños numéricos bastante semellantes). A división formalizouse en 1914, cando as faccións pasaron a seren denominadas "Partido Laborista Socialdemócrata Ruso (bolxeviques)" e "Partido Laborista Socialdemócrata Ruso (menxeviques)". Antes da Revolución de Febreiro, a primeira fase da Revolución Rusa de 1917, o partido traballaba na clandestinidade como grupos anti-tsaristas organizados. Na época da revolución, moitos dos líderes centrais do partido, incluído Lenin, estaban no exilio.[1]
Coa deposición do emperador Nicolao II (1868 - 1918, reinou 1894 - 1917), en febreiro de 1917, estabeleceuse unha república administrada por un goberno provisorio, que estaba ampliamente dominado polos intereses dos militares, da antiga nobreza, dos grandes capitalistas e de socialistas democráticos. Paralelamente, formáronse espontaneamente asembleas xerais de base, chamadas soviets, e unha estrutura de poder duplo entre os soviets e o goberno provisorio estivo en vigor até o momento no que as súas diferenzas foran reconciliadas nun goberno póst-provisorio. Lenin estaba nese momento exiliado na Suíza, onde el, con outros disidentes no exilio, conseguiu arranxar co goberno imperial alemán unha pasaxe segura a través da Alemaña nun tren selado de volta á Rusia a través do continente no medio da primeira guerra mundial en curso. En abril, Lenin chegou a Petrogrado (rebautizada da antiga San Petersburgo) e condenou o goberno provisorio, apelando ao avance da revolución transformando a guerra en curso nunha guerra da clase traballadora contra o capitalismo. A rebelión demostrouse non ter aínda terminado, pois as tensións entre as forzas sociais aliñadas co soviets (ou comisións) co goberno provisorio agora liderado por Alexander Kerensky (1881 - 1970, no poder en 1917), chegaron a un punto explosivo naquel verán.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 March, Luke (2002). The Communist Party in Post-Soviet Russia. Manchester University Press. ISBN 9780719060441.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido Comunista da Unión Soviética |
- Corpos executivos do Partido Comunista da Unión Soviética (1917-1991) (en inglés)
- Programa do PCUS, 27º Congreso do partdido (1986) (en inglés)
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |