Saltar ao contido

Erving Goffman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErving Goffman

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1922 Editar o valor en Wikidata
Mannville, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMount Lebanon Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the American Sociological Association (en) Traducir
1982 – 1982 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Chicago - socioloxía (–1953)
Universidade de Toronto - grao en Artes (–1945)
Universidade de Manitoba (pt) Traducir
St. John's High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSocioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsociólogo, escritor de non ficción, antropólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley
Universidade de Pensilvania Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoEviatar Zerubavel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeGillian Sankoff (1981–1982) Editar o valor en Wikidata
FillosAlice Goffman Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Goffman, Erving, 1922-1982, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX867361 Dialnet: 118776 WikiTree: Goffman-5 Find a Grave: 9711947 Editar o valor en Wikidata

Erving Goffman, nado en Mannville (Alberta) o 11 de xuño de 1922 e finado en Filadelfia o 19 de novembro de 1982, foi un sociólogo, psicólogo social e escritor canadense, considerado por algúns "o sociólogo estadounidense máis influente do século XX".[1] En 2007 foi listado por The Times Higher Education Guide como o sexto autor máis citado en humanidades e ciencias sociais despois de Anthony Giddens, Pierre Bourdieu e Michel Foucault e por diante de Jürgen Habermas. [2]

Goffman foi o 73.º presidente da American Sociological Association. A súa contribución máis coñecida á teoría social foi o estudo da interacción simbólica. Esta tomou a forma de análise dramatúrxica, comezando co seu libro de 1956 The Presentation of Self in Everyday Life. Outras obras de Goffman inclúen Asylums (1961), Stigma (1963), Interaction Ritual (1967), Frame Analysis (1974) e Forms of Talk (1981). As súas principais áreas de estudo abranguen a socioloxía da vida cotiá, a interacción social, a construción social dun mesmo, a organización social (encuadramento da experiencia, e elementos particulares da vida social como a institución social e os estigmas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Goffman naceu en 1922 en Mannville, Alberta, Canadá, fillo de Max Goffman e Anne Goffman (de solteira Averbach).[3][4] Era dunha familia de xudeus ucraínos que emigraran ao Canadá co cambio do século.[3] Tiña unha irmá máis vella, Frances Bay, actriz.[4][5] A familia mudouse a Dauphin, Manitoba, onde o seu pai mantivo un negocio de xastrería de éxito.[4][6]

Dende 1937 Goffman asistiu ao St. John's Technical High School de Winnipeg, onde se mudara a súa familia este ano. En 1939 entrou na Universidade de Manitoba para estudar química.[3][4] Interrompeu os seus estudos e mudouse a Ottawa para traballar na industria do cinema para o National Film Board of Canada, fundado por John Grierson.[6] Posteriormente desenvolveu un interese en socioloxía. Tamén durante este tempo coñeceu o célebre sociólogo estadounidense Dennis Wrong.[3] O encontro motivou a Goffman a deixar a Universidade de Manitoba e entrar na Universidade de Toronto, onde estudou con C. W. M. Hart e Ray Birdwhistell, graduándose en 1945 cun BA en socioloxía e antropoloxía.[3] Posteriormente pasou á Universidade de Chicago, onde recibiu un MA (1949) e un doutoramento (1953) en socioloxía.[3][7] Para a súa disertación de doutoramento, dende decembro de 1949 a maio de 1951 viviu e recolleu datos etnográficos na illa de Unst nas Illas Shetland.[3]

En 1952 Goffman casou con Angelica Choate; en 1953, naceu o seu fillo Thomas. Angelica sufriu dunha enfermidade mental e suicidouse en 1964.[7] Fóra da súa carreira académica, Goffman foi coñecido polo seu interese, e relativo éxito, no mercado de accións e nas apostas. Nun momento, seguindo as súas afeccións e os estudos etnográficos, converteuse en xerente nun casino de Las Vegas.[7][8]

En 1981 casou coa sociolingüista Gillian Sankoff. O ano seguinte naceu a súa filla Alice, tamén socióloga.[9][10] O 19 de novembro de 1982 Goffman faleceu en Filadelfia de cancro de estómago.[9][11][12]

As investigacións que Goffman fixo en Unst inspirárono a escribir a súa primeira grande obra, The Presentation of Self in Everyday Life (1956).[7][13] Tras graduarse na Universidade de Chicago, en 1954–57 foi axudante do drector do National Institute for Mental Health en Bethesda, Maryland.[7] As observacións nas que participou alí levárono a escribir ensaios sobre saúde mental e as institucións sociais que tomaron forman ao seu segundo libro, Asylums: Essays on the Social Situation of Mental Patients and Other Inmates (1961).[7]

En 1958 Goffman entrou como membro do claustro do departamento de socioloxía da Universidade de California, Berkeley, primeiro como profesor visitante e a partir de 1962 como profesor a tempo completo.[7] En 1968 mudouse á Universidade de Pensilvania, recibindo a cátedra Benjamin Franklin en Socioloxía e Antropoloxía,[7] grazas en gran parte aos esforzos de Dell Hymes, antigo colega en Berkeley.[14] En 1969 entrou como membro da American Academy of Arts and Sciences[15] e en 1970 cofundou a American Association for the Abolition of Involuntary Mental Hospitalization[16] e coescribiu o seu Platform Statement.[17] En 1971 publicou Relations in Public, en que ligaba moitas das súas ideas sobre a vida cotiá, vista dende unha perspectiva sociolóxica.[9] Outra das súas grandes obras, Frame Analysis, apareceu en 1974.[9] Recibiu unha Guggenheim Fellowship en 1977–78.[8] En 1979, recibiu a Medalla Cooley-Mead for Distinguished Scholarship, da sección de psicoloxía social da American Sociological Association.[18] Foi elixido presidente a American Sociological Association, actuando como tal en 1981–82; porén, foi incapaz de desenvolver o traballo na presidencia en persoa debido á súa progresiva enfermidade.[9][19]

Postumamente, en 1983, recibiu o premio Mead da Society for the Study of Symbolic Interaction.[20]

Obras seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  1. Fine and Manning (2003), páx. 34.
  2. "The most cited authors of books in the humanities". Times Higher Education. 26 de marzo de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Fine and Manning (2003), páx. 35.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Smith, Greg (1 de novembro de 2002). Goffman and Social Organization: Studies of a Sociological Legacy. Taylor & Francis. p. 22. ISBN 978-0-203-01900-9. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  5. Syme, S. Leonard (27 de xullo de 2011). Memoir of A Useless Boy. Xlibris Corporation. pp. 27–28. ISBN 978-1-4653-3958-4. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Burns (2002), p.9.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Fine and Manning (2003), páx. 36.
  8. 8,0 8,1 Sallaz, Jeff (1 de xaneiro de 2009). The Labor of Luck: Casino Capitalism in the United States and South Africa. University of California Press. pp. 262–263. ISBN 978-0-520-94465-7. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Fine and Manning (2003), páx. 37.
  10. Parry, Marc (18 de novembro de 2013). "The American Police State: A sociologist interrogates the criminal-justice system, and tries to stay out of the spotlight". The Chronicle of Higher Education. 
  11. Turner, Roland (1982). The Annual Obituary. St. Martin's. p. 550. ISBN 978-0-312-03877-9. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  12. Trevino (2003), páx. 6.
  13. Elliott, Anthony; Turner, Bryan S (23 de xullo de 2001). Profiles in Contemporary Social Theory. SAGE Publications. p. 94. ISBN 978-0-7619-6589-3. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  14. Winkin, Y., & Leeds-Hurwitz, W. (2013). Erving Goffman: A critical introduction to media and communication theory. Nova York: Peter Lang.
  15. Smith, Greg (1 de novembro de 2002). Goffman and Social Organization: Studies of a Sociological Legacy. Taylor & Francis. p. 3. ISBN 978-0-203-01900-9. Consultado o 29 de maio de 2013. 
  16. Fischer, Constance; Brodsky, Stanley (1978). Client Participation in Human Services: The Prometheus Principle. Transaction Publishers. p. 114. ISBN 978-0-87855-131-6. 
  17. Szasz, Thomas (1 de xuño de 1971). "American Association for the Abolition of Involuntary Mental Hospitalization". American Journal of Psychiatry 127 (12): 1698. PMID 5565860. doi:10.1176/ajp.127.12.1698. 
  18. Section on Social Psychology Award Recipients, American Sociological Association. Consultado o 14 de agosto de 2013.
  19. "American Sociological Association: Erving Manual Goffman". Asanet.org. 5 de xuño de 2009. Consultado o 3 de xuño de 2013. 
  20. Denzin, Norman K. (30 de abril de 2008). Symbolic Interactionism and Cultural Studies: The Politics of Interpretation. John Wiley & Sons. p. 17. ISBN 978-0-470-69841-9. Consultado o 29 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]