Saltar ao contido

Estación de Ávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Ávila
A estación en 2010.
SituaciónÁvila
Liñas
Longa DistanciaTrenhotel, Estrella
Media distanciaIntercity, MD, Rexional, Rexional Exprés

A estación de Ávila é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Ávila, en Castela e León. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. Ten tamén funcións loxísticas.[1]

En 2010, os seus servizos de Media Distancia foron usados por máis de 700.000 viaxeiros.[2]

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

A estación, que se atopa a 1.132 metros de altitude, forma parte do trazado das seguintes liñas férreas:

O ferrocarril chegou á cidade abulense en 1863 cando se abriron ao tráfico os tramos Ávila-Sanchidrián e Ávila-El Escorial da liña radial Madrid-Hendaia.[4] Ávila convertíase así na primeira capital de provincia en unirse a Madrid no longo traxecto de camiño a Francia. Rivon, un enxeñeiro francés, foi o encargado de poñer en pé a estación de Ávila.[5] Posteriormente Avillumer, outro enxeñeiro de Norte tamén francés, ampliou o edificio orixinal, que se mantivo invariable ata 1958 cando a electrificación e o desdobramento da vía, así como o empalme coa liña férrea a Salamanca, levaron a Renfe, que explotaba a estación desde a nacionalización de Norte en 1941, a construír un novo edificio para viaxeiros á vez que se melloraban as instalacións existentes.[5]

Dende o 31 de decembro de 2004 a estación está xestionada por Adif.

A estación

[editar | editar a fonte]
Vista das plataformas.

A actual estación, construída en 1958, sitúase fóra da muralla da cidade. Componse dun pavillón central de dous pisos ao que flanquean varias ás laterais. Está recuberta por un tellado de lousa. Fronte ás próximas estacións de Medina del Campo ou Valladolid mostra un deseño moito máis sobrio, froito da súa reconstrución ao final da década dos 50.

Dispón de catro plataformas, unha lateral e tres centrais, ás que acceden oito vías. Todas as plataformas dispoñen de marquesiña propia.

Ten venda de billetes, atención ao cliente, aseos, información turística, cafetería e restaurante. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Longa Distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 23 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Lusitania Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Salamanca · Ciudad Rodrigo · Fuentes de Oñoro · Vilar Formoso · Guarda · Celorico da Beira · Mangualde · Santa Comba · Coímbra · Pombal · Caxarias · Entroncamento · Lisboa-Oriente Lisboa-Santa Apolonia 1 tren diario por sentido
Estrella Picasso Málaga-María Zambrano Bobadilla · Puente Genil · Córdoba-Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro Bilbao-Abando Ocasional

Media Distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizados a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
' Intercity Madrid-Chamartín <> Irún
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo
MD Madrid-Chamartín <> León
MD Madrid-Chamartín <> Vitoria
Irún
13 MD Madrid-Chamartín <> Salamanca
La Alamedilla
16 RE Valladolid-Campo Grande <> Ávila
51 Rexional Madrid-Atocha Cercanías <> Ávila
  1. Adif. "Ficha técnica". Consultado o 7 de decembro de 2013. 
  2. Anuario del ferrocarril 2011 Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre
  3. 3,0 3,1 Ávila (Est.) Euroferroviarios
  4. Caminos de Hierro del Norte de España Arquivado 02 de xullo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  5. 5,0 5,1 Con el sello de Norte Luis Guijarro

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]