Estación de Miraflores
Miraflores | |
---|---|
Situación | Zaragoza |
Liñas | |
Media distancia | Intercity, Rexional, Rexional Exprés |
Cercanías | Proximidades Zaragoza |
A estación de Miraflores, tamén chamada Zaragoza-Miraflores, é unha estación ferroviaria soterrada situada na cidade de Zaragoza, en Aragón. Atópase no distrito de Las Fuentes, próxima ao Pavillón José Luis Abós e á Facultade de Veterinaria de Zaragoza, principais focos que dan sentido á estación, así como da entrada da cidade desde o leste. A estación actual foi construída sobre a antiga estación de RENFE e foi aberta, en precario, co resto da liña de proximidade o 11 de xuño de 2008.
Trátase actualmente do final de liña de proximidade C-1, aínda que a ampliación desta está prevista a curto prazo ata a Cartuja. Ademais de formar parte da rede de Proximidades Zaragoza, conta con servizos de media distancia.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación forma parte da liña férrea de ancho ibérico Madrid-Barcelona, punto quilométrico 344,3.[1] Con indéntica quilometraxe Miraflores intégrase tamén na liña 210 da rede que une a propia Miraflores con Tarragona.[1]
A estación
[editar | editar a fonte]Miraflores foi planificada a raíz do proxecto dunha liña de proximidade na cidade, xunto coa remodelación ferroviaria que supuxo a chegada da alta velocidade a Zaragoza. Esta estación é o extremo leste da liña de tren que travesa a cidade a través dun túnel existente baixo a Avenida de Goya e a súa prolongación pola Avenida do Tenor Fleta. O proxecto da estación, aínda non finalizada, inclúe cubrir as vías en Tenor Fleta alongando a rúa ata a Z-30 ademais das instalacións de proximidade. A estación inclúe instalacións eléctricas para a liña e un aparcadoiro disuasorio na entrada da cidade. Atópase comunicada co resto da cidade polas liñas 25, 38, 44, 51 e 52 dos Transportes Urbanos de Zaragoza.
Críticas
[editar | editar a fonte]A localización da estación foi frecuentemente criticada na cidade ao estar no final do tramo urbanizado e consecuentemente con pouca poboación, podéndose escoller zonas completamente urbanizadas como a intersección da Avenida do Tenor Fleta coa Avenida de San José, aínda que parece formar parte dunha aposta de futuro polo desenvolvemento da cidade ao leste, o que coincidía coas intencións do alcalde Juan Alberto Belloch de trasladar o estadio do Real Zaragoza ás inmediacións e celebrar unha exposición sobre horticultura na zona, convertendo a contorna da estación en futura zona integrada na cidade. Con todo, en 2011, renunciouse á celebración da devandita exposición[2] e actualmente o proxecto do Novo Estadio de San José está descartado de maneira oficiosa.[3] A principios de 2014 houbo reestruturación de liñas en AUZSA, pola cal a liña 44 ten como final do traxecto esta estación.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 21 de xaneiro de 2017.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Intercity | València-Nord Cartaxena |
Zaragoza-Miraflores | ||
Rexional Exprés | Madrid-Chamartín | Barcelona-Estació de França | ||
Rexional Exprés | Burgos | Zaragoza-Miraflores | ||
Rexional Exprés | Logroño Castejón de Ebro |
Zaragoza-Miraflores Zaragoza-Delicias | ||
Rexional | Madrid-Chamartín Arcos de Jalón Calatayud |
Zaragoza-Miraflores | ||
34 | Rexional | Móra la Nova | Zaragoza-Delicias | |
49 | Rexional | Teruel | Zaragoza-Miraflores | |
56 | Rexional | Jaca Canfranc |
Zaragoza-Delicias |
Proximidades
[editar | editar a fonte]A estación forma parte da liña C-1 da rede de Proximidades Zaragoza operada por Renfe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ministerio de Fomento. "Rede ferroviaria española" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 9 de decembro de 2013.
- ↑ Grandes Proyectos se suprime y Blasco debe notificar ya la renuncia a la Expo
- ↑ CHA pide que se archive el proyecto de campo de fútbol de San José
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Miraflores |
- Información na web de Adif Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)