Saltar ao contido

Estatua de Atenea Prómakhos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Atenea Prómakhos
Representación idealizada da Acrópole de Atenas, na que se aprecia a enorme estatua de Atenea Promacos. Pintura realizada en 1846 por Leo von Klenze (Neue Pinakothek, Múnic)
Presentación
Nome localΆγαλμα της Προμάχου Αθηνάς
LocalizaciónAtenas, Grecia Grecia
DirecciónAcrópole de Atenas
Construción
Inicio(inicio de obras)
Remate(remate da construción)
Dimensións
Altura máxima(altura en antena)
Altura da azotea(altura en azotea)
Altura da última planta(altura en piso máis alto)


Representación de Atenea Promakhos, fragmento de enócoe, c. -410 (Museo da Ágora de Atenas)

Atenea Promakhos foi unha estatua de bronce realizada por Fidias na Acrópole de Atenas. Promakhos significa que combate en primeira liña de batalla. Calcúlase que medía uns 15 metros de altura, en base ao pedestal onde estaba situada esta estatua e que aínda se conserva entre en Erecteion e o Partenón. Outros autores atribúenlle só sete metros de altura. Calcúlase que se necesitaron aproximadamente tres toneladas de bronce para a súa realización e uns 180 traballadores.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Ilustración de Atenea Parthenos de Harper's Weekly, 1892

Esta estatua foi realizada para conmemorar a vitoria dos atenienses sobre o exército persa, pois Pausanias, o xeógrafo grego di sobre ela que foi realizada co décimo do botín dos Medos de Maratón, e que no seu escudo se labrou entre outras cousas, a loita de Centauro e Lapitas, deseñada polo pintor Parrasio e realizada polo gravador Mis. A seguir engade

A punta (dourada) da súa lanza e a crista do seu helmo é o primeiro que ven os mariñeiros ao se achegar desde Sunion. Pausanias, Descrición de Grecia, ii, 28, 2.

Fidias realizouna probabelmente despois da Atenea Lemnia e con anterioridade á Atenea Parthenos de marfil e ouro. En 465 a estatua foi trasladada a Constantinopla e foi situada no foro de Constantino.[1]

Nicetas Coniates, historiador bizantino do século XIII, é o único testemuño que dá detalles sobre ela:

A roupaxe caíalle ata os pés. Levaba un cinto que lle cinguía o talle. Cubría os seus peitos unha coiraza coa cabeza da Gorgona. O seu pescozo, descuberto e longo, causaba pracer sen límite ao contemplalo. Tiña marcadas as súas veas e as súas formas eran áxiles e ben articuladas. Sobre a cabeza levaba unha cimeira de pelo de cabalo que infundía pavor. O seu cabelo estaba atado por detrás nun recollido, mentres que os bucles que se escoaban por debaixo do casco eran festa para os ollos, porque o cabelo non estaba enteiramente retido polo helmo senón que este permitía ver un pouco das súas trenzas.

En 1203 foi destruída por unha multitude que cría que servía para lles facer sinais aos cruzados que atacaban a cidade. Non se conserva na actualidade ningunha copia segura dela aínda que si algunhas representacións en moedas e vasos, de onde se deduce que cunha man sostiña o escudo e probabelmente coa outra suxeitaba a lanza como para protexer a cidade dun ataque ou talvez sostiña un bufo.

Ás veces relaciónase á chamada Atenea Médicis, unha estatua localizada hoxe no museo do Louvre, París, coa Atenea Promakhos.

  1. Birte Lundgreen, A Methodological Enquiry: The Great Bronze Athena by Pheidias, en "The Journal of Hellenic Studies Nº. 117", 1997, p. 190.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pijoán, José. Fidias. Historia general del arte, colección Summa Artis. Tomo IV, El arte griego hasta la toma de Corinto por los romanos. Editorial Espasa Calpe S.A.
  • Boardman, John. Escultura griega. Ediciones Destino, 1999.
  • Stefania Ratto. Grecia. Colección Los diccionarios de las civilizaciones. Editorial Mondadori-Electa. Milán, 2006.