Festa
Unha festa é un rito social mediante o cal as persoas marcan certo acontecemento derivado polo xeral dun motivo concreto ou especial, como un aniversario ou unha voda; non obstante, sobre todo na cultural occidental, non se considera imprescíndibel a existencia dun motivo definido, puidéndose xa que logo levar a cabo a festa coma un simple acto ocioso de xuntanza. Asé mesmo, o carácter festivo tamén engloba os festexos ou celebracións polulares, que segundo o tipo reciben o nome de foliadas ou romarías; tamén neste grupo de carácter folclórico entran as feiras.
Como rito que é, a festa segue uns patróns, que adoitan incluír bailes, música e dispensación de comida e bebida. Con todo, o concepto de festa é aberto e non ten unhas directrices fixadas, de xeito que estes patróns poden mudar para ficar nun segundo plano ou mesmo para terminar por desaparecer.
Os participantes da festa poden ser de todo tipo. Calquera individuo pode nun momento dado formar parte dela; dende unha familia ou grupo social até unha localidade, vila, municipio ou mesmo unha nación.
En canto á mocidade, o termo festa é dotado de novas acepcións, chegando a entenderse decote coma unha diversión buliciosa. Daquela, a palabra festa multiplícase dando orixe a diversas denominacións: xolda, esmorga, algueirada, pándega, rexouba, troula, trouleo, ruada...
Tipos de festa
[editar | editar a fonte]Algunhas das máis comúns son:
- Festa de aniversario;
- Festa da vila;
- Festa gastronómica;
- Festa infantil;
- Festa de disfraces;
- Festa de aninovo;
- Festa de Entroido;
- Festa de despedida de solteiro/a;
- Festa sorpresa;
- Festa de litruxia relixiosa;
- Festa privada;
- Festa de Nadal;
- Festa nocturna.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de festas de Galicia.
-
Romaría Viquinga de Catoira: nave viquinga na ría de Arousa
-
Festa dos maios en Ourense (2009)
-
Momentos posteriores a unha festa con alcol, presumibelmente da mocidade
-
Festa de aniversario en Oregón, Estados Unidos
-
Festa nunha praza pública no Brasil
-
Festa nas rúas de Bos Aires, Arxentina