Feto
O feto é un vertebrado vivíparo en desenvolvemento, no período que transcorre desde o momento en que se completou a etapa embrionaria até antes de que se produza o nacemento.
Durante a vida fetal non se forman órganos ou tecidos novos, senón que se produce a maduración dos xa existentes.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra feto vén do latín fetus, "parto", "alumbramento", "camada". Ás veces, en moitos idiomas, vese escrita como foetus ou fœtus, formas secundarias do latín científico debidas a unha hipercorrección, restituíndo un ditongo non etimolóxico (fetus está relacionado con fecundus, "fecundo", por tanto, a súa raíz é con -e).
Na especie humana
[editar | editar a fonte]Na especie humana, como noutras de vertebrados, o feto xa pasou a etapa embrionaria, de formación de novos órganos, aparellos e sistemas, e pasa a fortalecelos, progresando no seu crecemento e desenvolvemento como ser humano.
Considérase que a etapa fetal comeza ao final da 8ª semana de 8 do embarazo.[1] A organoxénese está case completada. Os xenitais externos, porén, aínda non están diferenciados, o que non permite determinar o sexo do nascituris mediante ecografía.
As células nai comezan o proceso de creación da masa encefálica, o corazón e os pulmóns. Tamén se van formando as cavidades auditivas e, finalmente, formar as extremidades e os músculos e restantes órganos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Curso de embrioloxía en liña para o uso de estudantes de Medicina Arquivado 12 de agosto de 2009 en Wayback Machine.. (en francés) Universidades de Friburgo, Lausana e Berna. Suíza.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Feto |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina referida ao desenvolvemento embrionario e fetal en Medlineplus. (en castelán) Consultada o 21/12/2012.
- Efeito do consumo de bebidas alcoólicas sobre o feto en VivaMais. (en portugués) Consultada o 21/12/2012.
- Prenatal Image Gallery en EHD. (en inglés) Consultada o 21/12/2012.
Predecesor: Embrión |
Feto | Sucesor: Infancia |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |