Saltar ao contido

Florianópolis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaFlorianópolis
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoRancho de Amor à Ilha (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

EpónimoFloriano Peixoto Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°35′36″S 48°33′11″O / -27.593281, -48.553047
EstadoBrasil
Unidades da federaciónSanta Catarina Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación537.213 (2022) Editar o valor en Wikidata (795,39 hab./km²)
Xeografía
Superficie675,409 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
São José (pt) Traducir
Biguaçu (pt) Traducir
Palhoça (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1726 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataTopázio Neto (pt) Traducir (2025–2028) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativocâmara municipal de Florianópolis (pt) Traducir , (Escano: 23) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal88000-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico48 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil4205407 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Roanoke (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webpmf.sc.gov.br Editar o valor en Wikidata

Florianópolis é a capital do estado de Santa Catarina, no sur do Brasil. Ocupa toda a illa de Santa Catarina e tamén unha pequena parte do continente. A área do municipio, comprendendo a parte continental e a illa, ocupa 436,5 km2 , e tiña unha poboación de 341.781 habitantes segundo o Censo 2000. Ao contrario que noutros estados brasileiros, Florianópolis non é a cidade con maior poboación do estado, senón a segunda.

O concello divídese nos distritos de: Sede, Barra da Lagoa, Cachoeira do Bom Jesus, Campeche, Canasvieiras, Ingleses do Rio Vermelho, Lagoa da Conceição, Pântano do Sul, Ratones, Ribeirão da Ilha, Santo Antônio de Lisboa e São João do Rio Vermelho.

Os primeiros habitantes da rexión de Florianópolis foron os indios tupis-guaranís. Practicaban a agricultura, mais tiñan na pesca e colleita de moluscos as actividades básicas para a súa subsistencia. Os indicios da súa presenza atópanse nos sambaquis e sitios arqueolóxicos. Os rexistros máis antigos datan de 4800 a.C.

Xa no inicio do século XVI, había embarcacións que se abastecían de auga e víveres. En 1675 Francisco Dias Velho dá inicio ó poboación da illa con europeos coa fundación da Nosa Señora do Desterro (actual Florianópolis) - segundo núcleo de poboamento máis antigo do Estado, aínda que formaba parte da vila de Laguna - desempeñando un importante papel político na colonización da rexión. A partir desta data intensifícase o fluxo de paulistas e vicentistas que ocupan outros puntos do litoral. O 23 de marzo de 1726, dáselle a categoría de vila, logo do seu separación de Laguna.

A illa de Santa Catarina, pola súa posición estratéxica como vangarda dos dominios portugueses no Brasil meridional, pasou a ser ocupada militarmente a partir de 1737, cando comezan a ser erixidas as fortalezas necesarias para a defensa do seu territorio. Ese feito resultou ser un paso importante na ocupación da illa. Coa ocupación, prosperaron a agricultura e a industria manufatureira de algodón e liño, permanecendo, aínda hoxe, físgoas dese pasado no que se refire á confección artesanal da fariña de mandioca e das rendas de bilro (pequena peza de madeira). Nesta época, mediados do século XVIII, verifícase a implantación de frotas para a pesca da balea, en Armação da Piedade (Governador Celso Ramos) e Armação do Pantano do Sul (Florianópolis), comercializando a Coroa o aceite fóra de Santa Catarina, non tendo beneficio económico a rexión.

No século XIX, Desterro foi elevada á categoría de cidade; capital da Provincia de Santa Catarina en 1823, inaugurou un período de prosperidade, co investimento de recursos federais. Proxectouse a mellora do porto e a construción de edificios públicos, entre outras obras urbanas. A modernización política e a organización de actividades culturais tamén destacaron, marcando inclusive os preparativos para a recepción do Emperador Don Pedro II (1845).

Coa chegada da República (1889), as resistencias locais ó novo goberno provocaron un distanciamento do goberno central e a diminuición dos seus investimentos. A vitoria das forzas comandadas polo Mariscal Floriano Peixoto determinaron en 1894 o cambio do nome da cidade a Florianópolis, en homenaxe a este oficial. A cidade, ó entrar no século XX, pasou por profundas transformacións, sendo a construción civil un dos seus principais soportes económicos. A implantación das redes básicas de enerxía eléctrica e do sistema de fornecemento de auga e da rede de sumidoiros sumáronse á construción da Ponte Governador Hercílio Luz, como marcos do proceso de desenvolvemento urbano.

Economía

[editar | editar a fonte]
Lagoa da Conceição, grande laguna natural de Florianópolis.

Florianópolis ten a súa base económica no comercio, servizos públicos, industria de transformación e turismo. Recentemente a industria téxtil e a informática tamén colleron pulo. En canto ao turismo, nas súas praias e nas localidades que conservan o seu sabor antigo, como o Ribeirão da Ilha, a Lagoa da Conceição, Santo Antônio de Lisboa e o propio centro histórico da cidade de Florianópolis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]