Río Branco, Acre
Himno | Hino do município de Rio Branco (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Acre | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 364.756 (2022) (41,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8.835,541 km² | ||||
Bañado por | Rio Acre (pt) | ||||
Altitude | 143 m-172 m | ||||
Comparte fronteira con | Bujari (pt) Xapuri (pt) Brasiléia (pt) Capixaba Porto Acre (pt) Senador Guiomard (pt) Sena Madureira (pt) | ||||
Creación | 28 de decembro de 1882 | ||||
Organización política | |||||
• Prefeito (pt) | Tião Bocalom (pt) (2021–2024) | ||||
Órgano lexislativo | câmara municipal de Rio Branco (pt) , (Escano: 17) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 68900-000 | ||||
Prefixo telefónico | 68 | ||||
Código de concello do Brasil | 1200401 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | portalcgm.riobranco.ac.gov.br |
Rio Branco é a capital e cidade máis importante do estado brasileiro do Acre, situado na Rexión Norte do Brasil. Orixinouse a partir dun pequeno poboado creado para extracción de caucho na rexión, o Seringal Empresa, en 28 de decembro de 1882.
O seu nome débese a unha homenaxe a José Maria Paranhos Junior, Barón do Río Branco, diplomático brasileiro que negociou coa Bolivia o Tratado de Petrópolis, o cal garantiu a pose da rexión para o Brasil. En 1920 a cidade pasou a ser capital do entón Território do Acre.
Rio Branco é a capital de estado situada máis a oeste do Brasil, non moi distante das fronteiras co Perú e Bolivia. Ligase ós puntos de fronteira e tamén a Brasilia por estradas asfaltadas. A cidade vive principalmente do comercio e servizos, e ten unhas poucas industrias. Non é moi coñecida polas persoas do sueste e do sur do Brasil (principais orixes dos turistas brasileiros, por seren tamén as rexións economicamente máis ricas) debido á súa grande distancia destas rexións (ata São Paulo, por exemplo, son 3.642 km), e a non constar de grandes itinerarios turísticos do país. Espérase que terá un gran crecemento cando conclúa a ligazón por estrada asfaltada entre o Brasil e o Perú, dando acceso ós portos peruanos no océano Pacífico.[Cómpre referencia]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Branco, Acre |