Saltar ao contido

George Clooney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Clooney

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Timothy Clooney Editar o valor en Wikidata
6 de maio de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Lexington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAugusta (pt) Traducir
Lexington
Laglio (pt) Traducir
Lago Como Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Cincinnati (en) Traducir
Augusta High School (en) Traducir
Northern Kentucky University (en) Traducir
Beverly Hills Playhouse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema, actor de dobraxe, actor, produtor, realizador, escritor, director de cinema, guionista, actor de televisión, actor de cinema, produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAmal Alamuddin (2014–)
Talia Balsam (1989–1993) Editar o valor en Wikidata
ParellaStacy Keibler (2011–2013)
Elisabetta Canalis (2009–2011)
Lisa Snowdon (2005–2006)
Krista Allen (2002–2004)
Céline Balitran (1996–1999)
Kimberly Russell (1995–1995)
Kelly Preston (1987–1988) Editar o valor en Wikidata
FillosAlexander Clooney
 () Amal Alamuddin
Ella Clooney
 () Amal Alamuddin Editar o valor en Wikidata
PaiNick Clooney Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000123 Allocine: 18069 Rottentomatoes: celebrity/george_clooney Allmovie: p13722 TCM: 35763 Metacritic: person/george-clooney TV.com: people/george-clooney
BNE: XX1288046 Musicbrainz: efdc17eb-6662-48c2-af9c-a4cc61573b58 Songkick: 2015836 Discogs: 355356 Allmusic: mn0001303217 WikiTree: Clooney-8 Editar o valor en Wikidata

George Timothy Clooney, nado o 6 de maio de 1961, é un actor de cine e televisión estadounidense gañador dos premios Oscar e Globo de Ouro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A George Clooney o vencello co mundo do espectáculo vénlle de familia. O seu pai, Nick Clooney, era un presentador de televisión moi popular en Cincinnati. De neno George acudía con frecuencia ós estudios para velo traballar e mesmo aparecer ante as cámaras. A súa nai, Nina Warren, dedicábase á política e tamén ten unha irmá máis vella chamada Ada (1958).

Ademais do seu pai, conta con varios artistas na súa familia, como é o caso do seu tío José Ferrer (gañador dun Oscar ó mellor actor en 1950 polo filme Cyrano de Bergerac), os seus curmáns Miguel e Gabe Ferrer e a súa tía Rosemary Clooney, actriz e cantante.

Foi descuberto para o gran público pola serie ER (Urxencias), o papel que o lanzou á fama, aínda que levaba case unha década traballando en series de televisión. Non tardou en cativar a público e crítica con filmes como O Brother, Where Art Thou? ou Three Kings.

Aínda que a súa primeira gran paixón non foi a interpretación, senón o béisbol, non puido ver cumprido o seu soño de ser xogador profesional.

Descubriu o cine grazas a un curmán seu, fillo do actor Jose Ferrer, quen o animou a intervir nun filme cun breve papel. A película nunca se estreou, pero Clooney considerou daquela seriamente a posibilidade de dedicarse á interpretación. Decidiu trasladarse aos Ánxeles, onde durante anos estivo traballando como actor secundario en infinidade de series de televisión. Chegou a ser o actor descoñecido mellor pagado de Hollywood.

Todo cambiou a mediados dos 90, cando participou en ER. A serie tivo enorme éxito e converteu a George Clooney nunha auténtica estrela. A partir de entón empezaron a choverlle ofertas para o cine. A súa primeira gran produción foi From Dusk Till Dawn, un filme vampírico de suspense dirixido por Robert Rodríguez e Quentin Tarantino.

Traballo tras traballo, George Clooney foise consolidando coma unha das grandes estrelas de Hollywood tanto polo seu atractivo como polo seu talento. Na súa filmografía destacan títulos como a comedia romántica One Fine Day, xunto a Michelle Pfeiffer; Batman e Robin, onde interpretaba ó home morcego; Out of Sight, un intelixente filme de suspense de Steven Soderbergh; ou o drama bélico Tres reis, polo que cultivou moi boas críticas.

Nos últimos tempos puidemos velo en Ocean's Eleven, A tormenta perfecta e O Brother, Where Art Thou?, a comedia dos irmáns Coen coa que Clooney levou un Globo de Ouro. Anos máis tarde repetiu con estes directores noutra comedia, Intolerable Cruelty, que protagonizou xunto a Catherine Zeta-Jones.

Ademais, asociouse a Steven Soderbergh como produtor: ambos son responsables de Welcome to Collinwood, unha comedia negra na que George ten un pequeno papel como actor; o filme de suspense Insomnia, con Al Pacino e Robin Williams, e Solaris, protagonizada por Clooney e dirixida por Soderbergh. Tamén debutou como director con Confessions of a Dangerous Mind, na que tamén actúa.

Tralo seu debut como director, repetiu recentemente a experiencia con Good Night, and Good Luck, onde interpretou ademais un papel secundario. Grazas a este impecable traballo foi nomeado ó Oscar 2005 como mellor director. E aínda que finalmente, foi Ang Le quen levou ese Oscar, Clooney recolleu a súa primeira figura como actor secundario pola súa interpretación en Syriana.

Este mesmo ano estreou O bo alemán, xunto a Cate Blanchett. Presentou ademais a terceira parte da saga Ocean's, Ocean's Thirteen, no pasado Festival de Cannes. Estímase que este ano estree Michael Clayton, que protagoniza; e ten outra película en posprodución.

En televisión, á marxe de ER, destacan as súas aparicións en series cómicas de televisión, como Roseanne e Friends.

No relativo á súa vida persoal, casou en 1989 con Taila Balsam, da que se dicorciou en 1992. A súa actual parella é a actriz chilena Leonor Varela.

Filmografía como actor

[editar | editar a fonte]

Filmografía como director

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Película Resultado
2005 Oscar ó mellor director Good Night, and Good Luck Candidato
2005 Oscar ó mellor actor secundario Syriana Gañador
2005 Oscar ó mellor guión orixinal Good Night, and Good Luck Candidato
Ano Categoría Película/Serie Resultado
2005 Globo de Ouro ó mellor director Good Night, and Good Luck Candidato
2005 Globo de Ouro ó mellor actor secundario Syriana Gañador
2005 Globo de Ouro ó mellor guión Good Night, and Good Luck Candidato
2000 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical O Brother, Where Art Thou? Gañador
1997 Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Drama ER Gañador
1996 Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Drama ER Candidato
1995 Globo de Ouro ó mellor actor de serie de TV - Drama ER Candidato
Ano Categoría Película/Serie Resultado
2005 Mellor actor secundario Syriana Candidato
1998 Mellor elenco nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1997 Mellor elenco nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1996 Mellor elenco nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1995 Mellor elenco nunha serie de TV - Drama ER Gañador
1994 Mellor elenco nunha serie de TV - Drama ER Candidato

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]