Giancarlo Esposito
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giancarlo Giuseppe Alessandro Esposito 26 de abril de 1958 (66 anos) Copenhague, Dinamarca |
Residencia | Nova York (1964–) |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | The Harlem School of the Arts (en) Elizabeth Seton College (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, director de cinema, actor de teatro, actor de dobraxe, actor de cinema, produtor de cinema, actor de televisión, realizador |
Período de actividade | 1966 - |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | giancarloesposito.com |
|
Giancarlo Giuseppe Alessandro Esposito, nado en Copenhague o 26 de abril de 1958 é un actor e director de cine e televisión danés-estadounidense, principalmente coñecido polo seu papel como Gustavo "Gus" Fring nas series Breaking Bad e Better Call Saul.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Esposito naceu en Copenhague, Dinamarca, de pai italiano e nai estadounidense. A súa nai era unha cantante de ópera e bares de Alabama. O seu pai era orixinario de Nápoles e traballaba como operario de tremoia e carpinteiro.[1] Viviu en Europa, Nova York e Cleveland ata que a familia se estableceu en Manhattan cando tiña seis anos de idade.
A familia mudause mais tarde a Elmsford, ao norte da cidade de Nova York, onde Esposito viviu entre un barrio de afroamericanos e italianos.
Posúe residencias en Red Hook, Nova York e Ridgefield, Connecticut. Ten tres fillas e está separado da súa muller, Joy McManigal.
Carreira
[editar | editar a fonte]Debutou en Broadway en 1966 aos oito anos interpretando a un mozo escravo xunto a Shirley Jones no musical Maggie Flynn. Por aquela non se sentiu ofendido polo racial da obra.
Na década dos 80, Esposito interpretou pequenos papeis en películas como Maximum Overdrive, King of New York e Trading Places, e en series de televisión como Miami Vice e Spenser: For Hire. Interpretou o cadete J.C. Pierce na película Taps (1981). En 1988, tivo un papel clave na súa carreira interpretando a un estudiante universitario en School Daze de Spike Lee. Durante os seguintes catro anos, Esposito tería un papel en The Usual Suspects (1995) e traballaría en tres películas mais de Lee: Do the Right Thing, Mo' Better Blues e Malcolm X. No ano 2004 traballaría na serie Cinco días para morir, junto con Timothy Hutton e Randy Quaid.
Interpretou o importante papel de Gustavo Fring, na serie Breaking Bad, da AMC.
No ano 2016, Giancarlo Esposito interpreta o pai de "Mylene" na serie de Netflix The get down, volverá a traballar coa plataforma cun papel importante na película Okja, no 2017. Tamén no 2016 traballa na película de Jodie Foster Money Monster, interpretando ao Capitán da Policía Powell.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Giancarlo Esposito Biography (1958-)". Film Reference (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Giancarlo Esposito en IMDb. (en inglés)