Jodie Foster
Alicia Christian Foster, coñecida como Jodie Foster, nada nos Ánxeles (California) o 19 de novembro de 1962, é unha actriz e directora de cine estadounidense gañadora de dous Globo de Ouro e dous Oscar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ó exclusivo colexio Liceo Francés dos Ánxeles, e despois á Universidade Yale, onde no ano 1985 se graduou magna cum laude en Literatura. Mantén unha forte privacidade sobre toda a súa vida persoal a diferenza de moitos dos seus compañeiros de profesión. Rumoreouse durante anos nos medios de prensa acerca da súa probable orientación sexual como lesbiana, algo que ela nunca recoñeceu nin desmentiu. Actualmente, mantén unha relación sentimental coa produtora Cydney Bernard, a súa parella durante máis dunha década, a pesar de que Foster foi moi coidadosa en non falar do tema cos medios de comunicación. Ten dous fillos, Charles (1998) e Kit (2001). Foster nunca comentou ou revelou ningún dato acerca dos seus pais.
Foster é membro de Mensa, organización para persoas con elevado cociente intelectual. A actriz domina a lingua francesa, polo que xeralmente realiza a dobraxe das súas películas a devandito idioma.
O 30 de marzo de 1981, un fanático psicópata obsesionado polo papel interpretado por Foster no filme Taxi Driver executou un atentado errado contra a vida do Presidente Ronald Reagan.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Debutou ós dous anos de idade protagonizando un anuncio de televisión. Ós catro comezou a actuar en series de televisión. Á idade de 12 anos alcanzou o seu primeiro éxito cinematográfico en 1976 con Taxi Driver de Martin Scorsese, obtendo un nomeamento para o Oscar á mellor actriz.
As intervencións de Foster nos filmes son notables, caracterizando a mulleres con pesadas cargas emocionais conferíndolle aos seus personaxes unha complexa matriz de emocións atopadas.
As súas interpretacións máis notables, entre outros títulos, son Le Sang des autres (C. Chabrol, 1983), The Accused (J. Kaplan, 1988), O silencio dos cordeiros (J. Demme, 1991), Sombras e néboa (Woody Allen, 1991), Sommersby (J. Amiel, 1992), Nell (de M. Apted, 1994), Contact (de Robert Zemeckis, 1997) e Anna and the King (A. Tennant, 1999).
Debutou como directora con Little Man Tate en 1991.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1968–1970 | Mayberry, R.F.D. | 2 episodios | Serie de televisión |
1969 | The Doris Day Show | Jenny Benson | Serie de televisión, Tempada 1: "The Baby Sitter" |
1970 | Menace on the Mountain | Suellen McIver | Telefilme "The Wonderful World of Disney" |
1970 | Daniel Boone | Rachel | Serie de televisión, Tempada 6, episodio 24: "Bringing Up Josh" |
1970 | Adam 12 | Mary | Serie de televisión, tempada 3, episodio 6: "Log 55 Missing Girl" |
1972 | Bonanza | Bluebird | Serie de televisión, tempada 13, episodio 24: "A Place to Hide" |
1972 | My Sister Hank | Henrietta "Hank" Bennett | Telefilme |
1972 | Napoleon and Samantha | Samantha | |
1972 | Kansas City Bomber | Rita | |
1972 | The Amazing Chan and the Chan Clan | Anne Chan (voz) | Serie de televisión |
1973 | Rookie of the Year | Sharon Lee | Televisión |
1973 | Alexander, Alexander | Sue | Televisión |
1973 | Partridge Family | Julie | Serie de televisión |
1973 | Tom Sawyer | Rebecca Thatcher | |
1973 | Kung Fu | Alethea Patricia Ingram | Serie de televisión, tempada 1, episodio 11: "Alethea" |
1973 | One Little Indian | Martha McIver | |
1973 | The Addams Family | Pugsley (voz) | Serie de televisión |
1974 | Alicia xa non vive aquí | Audrey | |
1974 | Smile, Jenny, You're Dead | Liberty Cole | Televisión |
1974 | Paper Moon | Addie Loggins | Serie de televisión |
1975 | The Secret Life of T.K. Dearing | T.K. Dearing | Televisión |
1976 | Taxi Driver | Iris Steensma | |
1976 | Echoes of a Summer | Deirdre Striden | |
1976 | Bugsy Malone | Tallulah | |
1976 | The Little Girl Who Lives Down the Lane | Rynn Jacobs | |
1976 | Freaky Friday | Annabel Andrews | |
1977 | Moi, fleur bleue | Isabelle Tristan | |
1977 | Beach House | Teresina Fedeli | |
1977 | Candleshoe | Casey Brown | |
1980 | Foxes | Jeanie | |
1980 | Carny | Donna | |
1982 | O'Hara's Wife | Barbara O'Hara | |
1983 | Svengali | Zoe Alexander | |
1984 | The Hotel New Hampshire | Frannie Berry | |
1984 | The Blood of Others | Hélène Bertrand | |
1986 | Mesmerized | Victoria Thompson | |
1987 | Five Corners | Linda | |
1987 | Siesta | Nancy | |
1988 | Stealing Home | Katie Chandler | |
1988 | The Accused | Sarah Tobias | |
1990 | Catchfire | Anne Benton | |
1991 | O silencio dos cordeiros | Clarice Starling | |
1991 | Little Man Tate | Dede Tate | |
1992 | Sombras e néboa | Prostituta | |
1993 | Sommersby | Laurel Sommersby | |
1994 | Maverick | Mrs. Annabelle Bransford | |
1994 | Nell | Nell Kellty | |
1997 | The X-Files | Betty (voz) | Serie de televisión, episodio "Never Again" |
1997 | Contact | Dr. Eleanor Arroway | |
1998 | The Uttmost | Ela mesma | Documental |
1998 | Psycho | Muller | |
1999 | Anna and the King | Anna Leonowens | |
2002 | The Dangerous Lives of Altar Boys | Irmá Assumpta | |
2002 | Panic Room | Meg Altman | |
2002 | Tusker | Minnie | |
2003 | Abby Singer | Ela mesma | |
2004 | Un longo domingo de noivado | Elodie Gordes | |
2005 | Flightplan | Kyle Pratt | |
2005 | Statler and Waldorf: From the Balcony | Ela mesma | Episodio 8 |
2006 | Inside Man | Madeline White | |
2007 | A estraña que hai en ti | Erica Bain | |
2008 | Nim's Island | Alexandra Rover | |
2009 | The Simpsons | Maggie Simpson (voz) | Serie de televisión, episodio: "Four Great Women and a Manicure" |
2011 | The Beaver | Meredith Black | Tamén directora |
2011 | Carnage | Penelope Longstreet | |
2013 | Elysium | Jessica Delacourt |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1994 | Oscar á mellor actriz | Nell | Candidata |
1991 | Oscar á mellor actriz | O silencio dos cordeiros | Gañadora |
1988 | Oscar á mellor actriz | Acusados | Gañadora |
1976 | Oscar á mellor actriz de repartición | Taxi Driver | Candidata |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1999 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Contact | Candidata |
1995 | Globo de Ouro á mellor película - Drama | Nell | Candidata |
1995 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Nell | Candidata |
1992 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | O silencio dos cordeiros | Gañadora |
1989 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Acusados | Gañadora |
1977 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | ¡Que desenfreo de filla! | Candidata |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jodie Foster |
- Actores de California
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Directores de cine dos Estados Unidos de América
- Nados en 1962
- Nados nos Ánxeles
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Alumnos da Universidade Yale
- Óscar á mellor actriz