Hubert van Eyck
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1366 Maaseik, Bélxica (pt) |
Morte | 18 de setembro de 1426 (Gregoriano) (59/60 anos) Gante, Bélxica |
Pintor de cámara | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Gante |
Ocupación | pintor |
Compañeiro profesional | Jan van Eyck: brothers van Eyck (en) |
Familia | |
Irmáns | Jan van Eyck Lambert van Eyck Margaretha [Margarete] van Eyck |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Hubert van Eyck, 213) Schilderboeck (pt) , (sec:Het leven van Ian en Hubrecht van Eyck, ghebroeders, en Schilders van Maeseyck., M182) The Lives of Dutch painters and paintresses (en) , (sec:Eyk (Huybert van), V1, pag. 179) |
Hubert van Eyck, tamén escrito Huybrecht van Eyck ou Hubertus van Eyck, nado en Maaseik cara a 1385 ou 1390 e finado en Gante o 18 de setembro de 1426, foi un pintor flamengo e irmán máis vello de Jan van Eyck.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Maeseyck (hoxe Maaseik, Bélxica), baixo a protección dun convento beneditino, no que se cultivara a arte e as letras dende principios do Século VIII. Despois dunha longa serie de guerras, nas que o país se volveu inseguro e as escolas que floreceran nas cidades decaeron, marchou a Flandres, e alí fíxose un nome por primeira vez. Foi pintor da corte do ducado de Borgoña, e cliente dun dos máis ricos patricios de Gante. Na súa mediana idade, entre 1410 e 1420, señalouse a si mesmo como o inventor dun novo método de pintura. Viviu ao servizo de Filipe III de Borgoña ata 1421. Aquí pintou cuadros para a corporación, cuxos principais maxistrados lle honraron cunha visita de estado en 1424.
A súa principal obra mestra, o políptico da Adoración do Cordeiro Místico, é unha das máis nobres creacións da escola flamenga, estando actualmente disperso, aínda que a Catedral de San Bavón de Gante, garda case todas as táboas. Outras se conservan nas galerías de Bruxelas e Berlín. Esta magna obra é froito da colaboración de Hubert co seu irmán Jan van Eyck, discutíndose que partes corresponden a cada irmán. A obra é case única como ilustración da vivencia da relixión na sociedade da época. Existe unha composición parecida, a Fonte da Salvación no Museo do Prado, asignada ao obradoiro dos van Eyck. O políptico de Gante representa, en numerosos paneis, a historia da Redención da humanidade por Cristo Salvador, a quen se representa na parte superior da obra no seu asento, como Xuíz, coa Virxe e san Xoán Bautista a ámbolos dous lados, flanqueados por Adán e Eva, símbolo da humanidade pecadora. Na parte inferior, o Cordeiro derramando o seu sangue en presenza dos anxos, apóstolos, profetas, mártires, cabaleiros e ermitáns, sobre unha ampla paisaxe. Nos lados exteriores dos paneis aparecen a Virxe e o anxo da Anunciación, as sibilas e profetas que anunciaron a chegada do Señor, e os doantes en oración aos pés do Bautista e o Evanxelista.
Despois de que se rematase esta grande obra colocouse, en 1432, nun altar en San Bavón de Gante, unha inscrición no marco describindo a Hubert como maior quo nemo repertus.
O retablo foi efectuado por ámbolos dous irmáns conxuntamente, como Jan van Eyck recoñeceu e os seus contemporáneos sabían perfectamente, e tal feito era igualmente coñecido polo duque de Borgoña ou os xefes da corporación de Bruxas, quen visitaron a casa do pintor nunha visita de estado en 1432, e os membros da cámara de retórica en Gante, que reproduciron o Agnus Dei como unha escena viva en 1456. No entanto, xeracións posteriores atribuíron o políptico en exclusiva a Jan.
A arte relixiosa no século XV non atopou, fóra de Italia, un expoñente máis nobre que Hubert van Eyck. A súa representación de Cristo como xuíz, entre a Virxe e San Juan, mostra unha representación realista, combinada cun fino debuxo e un colorido exquisito, e a unión feliz de severidade e simplicidade co máis fondo sentimento relixioso. En contraste con producións precedentes da escola flamenga, mostra unha singular fondura de ton e gran riqueza de detalle. Todo iso é posible grazas á nova técnica pictórica, o óleo, do que Hubert compartiu a invención co seu irmán, pero do que ningún outro pintor rival tiña entón o segredo. O uso do aceite como aglutinante é a achega do estilo flamengo á pintura gótica, pronto se difundiu entre os gremios das cidades veciñas, pero non foi revelado aos italianos ata case o final do século XV.
Cando Hubert morreu en setembro de 1426, foi enterrado na capela do altar onde estaba colocada a súa obra mestra. De acordo cunha tradición tan antiga coma o século XVI, o seu brazo estaba preservado como unha reliquia nun cofre na porta de San Bavón de Gante.
Na súa vida tivo unha grande actividade e sorprendentes éxitos, escurecidos hoxe en día un tanto xa que salvo a obra mestra do Políptico de Gante non se conserva ningunha outra obra súa documentada, aínda que se lle atribúen varias. Ensinou os fundamentos da arte ao seu irmán, quen lle sobreviviu e co tempo superoulle en fama.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hubert van Eyck |