Idade dos Metais
A Idade dos Metais[1] é unha das dúas grandes etapas tecnolóxicas nas que tradicionalmente se subdividiu a Prehistoria euroasiática. Por definición, é o período que seguiu á Idade de Pedra e durante o cal o home comezou a fabricar obxectos de metal[2] fundido. A existencia de procesos metalúrxicos é indispensable para establecer a adscrición dunha cultura arqueolóxica a esta etapa, xa que os metais nativos eran traballados por marteleado dende as fases iniciais do Neolítico.[3] Seguindo este criterio, a Idade dos Metais comezaría coas primeiras evidencias de fundición do cobre, que son do VI milenio a. C. (na Anatolia e os montes Zagros) e acabaría coa progresiva entrada na Historia de cada rexión (en Europa isto produciuse durante o I milenio a. C.). En Mesopotamia e Exipto coincide xa co desenvolvemento da escritura e polo tanto a metalurxia alí é plenamente histórica.[4][5]
Os primeiros indicios de metalurxia en Europa proceden da área dos Balcáns, a mediados do V milenio a.C. e son de orixe autóctona. Para o resto do continente as evidencias aparecen durante a segunda metade do IV milenio a.C., aínda que a súa xeneralización e o consecuente abandono da pedra como elemento básico para a fabricación de artefactos só se produciu coa chegada do ferro. Aínda que no Exipto faraónico, pola escaseza de materia prima, esta substitución nunca se produciu.[3]
Dado que non existen rupturas no desenvolvemento das tecnoloxías metalúrxicas entre a Prehistoria, a Protohistoria e a Historia, neste artigo inclúense procesos que se deron en períodos claramente históricos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Idade.
- ↑ Real Academia Española (ed.). "Idade".
- ↑ 3,0 3,1 Fullola, Josep Mª; Nadal, Jordi (2005). Introdución a la prehistoria. La evolución de la cultura humana (primeira ed.). Barcelona: Ed. UOC. p. 172. ISBN 84-9788-153-2.
- ↑ Heliodoro Núñez e Antonio Paniagua (2001). "La edad de los metales: cronología y períodos". Instituto de Tecnologías Educativas. Consultado o 17 de setembro de 2012.
- ↑ Fullola, Josep Mª; Nadal, Jordi (2005). Introdución a la prehistoria. La evolución de la cultura humana. pp. 184–185.
- ↑ "A Caixa saca dun longo esquecemento ao enigmático pobo tracio" (en español). Terra. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Idade dos Metais |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tras las huellas de nuestros orígenes: La Edad de los Metales (Instituto de Tecnologías Educativas, Ministerio de Educación de España) (en castelán).