Joanna Russ
Joanna Russ, nada en Nova York o 22 de febreiro de 1937 e finada en Tucson o 29 de abril de 2011, foi unha escritora, académica e feminista radical estadounidense. É a autora de varias obras de ciencia ficción, fantasía e crítica literaria feminista como How to Suppress Women's Writing. A súa obra máis soada é The Female Man, unha novela que combina sátira e ficción utópica, que pode lerse como novela, así como na súa calidade de texto teórico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Joanna Russ naceu no Bronx, na cidade de Nova York. Os seus pais, Evarett I. e Bertha (nada Zinner) Russ, foron ambos os dous profesores. Comezou a escribir ficción nunha idade moi temperá. A través dos anos, enche os seus cadernos con historias, poemas, banda deseñada e ilustracións, a miúdo encadernadas a man.[1]
Sendo estudante do último ano no Instituto William Howard Taft, Russ foi escollida entre os primeiros dez postos do Westinghouse Science Talent Search.[2][3] Gradúase na Universidade Cornell, onde estuda con Vladimir Nabokov en 1957, e obtén un mestrado en Belas Artes na Yale Drama School en 1960. Despois de ensinar en varias universidades, incluíndo Cornell, pasa a ser profesora de tempo completo na Universidade de Washington.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PCL MS-7: Joanna Russ Collection". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2018.
- ↑ "Joanna Russ". NNDB.
- ↑ "Science Talent Search 1953". Society for Science & the Public. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2018.
- ↑ "Guide to the Joanna Russ Papers, 1968–1989". Northwest Digital Archives. Consultado o 20 de marzo de 2011.