Saltar ao contido

John Roxborough Norman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Roxborough Norman
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1898
Putney, Londres
Morte26 de maio de 1944
Tring, Hertfordshire
País de nacionalidadebritánica
Actividade
Campo de traballoIctioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo. Ictiólogo
EmpregadorMuseo Británico, Museo de Historia Natural de Tring
Obra
Obras destacables
Abreviatura do autor en zooloxíaNorman Editar o valor en Wikidata

John Roxborough Norman, nado o 9 de setembro de 1898 en Putney, Londres, e finado o 26 de maio de 1944 na parroquia de Tring, Hertfordshire,[1] foi un ìctiólogo inglés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Norman comezou a súa vida laboral como empregado nun banco. Durante o servizo militar na primeira guerra mundial contraeu febre reumática, afección que lle duraría toda a súa vida.

Ingresou no Museo Británico en 1921, onde traballou para Charles Tate Regan. De 1939 a 1944 estivo á fronte do Museo de Historia Natural de Tring como conservador de zooloxía.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Johh R. Norman foi o autor de, entre outros traballos, A History of Fishes (1931) e A Draft Synopsis of the Orders, Families and Genera of Recent Fishes (1957).

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Norman emprégase para recoñenes a John Roxborough Norman como autoridade na decrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Johh Norman Falecidos en Inglaterra e Gales ente 1837 e 2007 (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Control de autoridades

[editar | editar a fonte]