Jorge Amado
Jorge Leal Amado de Faria, coñecido como Jorge Amado, nado en Itabuna (Baía) o 10 de agosto de 1912 e finado en Salvador o 6 de agosto de 2001, foi un escritor brasileiro.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na Facenda Auricídia[2], na cidade de Itabuna, situada ao sur do estado de Baía. Fillo do dono da facenda, cando tiña 1 ano de idade, a súa familia estableceuse na cidade de Ilhéus, litoral de Bahia, onde Jorge pasou a súa infancia. Fixo os estudos secundarios na cidade de Salvador, capital do Estado. Neste período, comezou a traballar en xornais e a participar da vida literaria, sendo un dos fundadores da chamada Academia dos Rebeldes.
Jorge publicou a súa primeira novela, chamada O País do Carnaval en 1931, cando tiña 18 anos. Casou con Matilde Garcia Rosa dous anos despois, e con ela tivo unha filla, Lila, que naceu en 1933. Neste ano, publicou a súa segunda novela, Cacau.
Graduouse na Facultade Nacional de Dereito[3] (en portugués, Faculdade Nacional de Direito) na cidade do Río de Xaneiro en 1935. Militante comunista, foi obrigado a exiliarse na Arxentina e o Uruguai entre os anos 1941 e 1942, período en que fixo unha viaxe por América Latina. Ao regresar a Brasil, separouse de Matilde Garcia Rosa.
No ano 1945, foi elixido membro da Asemblea Nacional Constituínte, polo Partido Comunista Brasileiro (PCB), sendo o deputado máis votado do estado de São Paulo. Como deputado, foi o autor da lei que asegura a liberdade de culto relixioso. Neste mesmo ano, casa coa tamén escritora Zélia Gattai.
En 1947, ano en que naceu João Jorge, primeiro fillo con Zélia, o seu partido PCB foi declarado ilegal, e os seus membros foron perseguidos e arrestados. Jorge tivo que exiliarse en Francia, onde quedou ata o ano 1950, cando foi expulsado. A súa primeira filla, Lila, morreu en 1949. Desde 1950 ata 1952, Amado residiu en Checoslovaquia, onde naceu a súa filla Paloma.
Ao volver a Brasil en 1955, Jorge Amado distanciouse da militancia política, pero sen deixar o Partido Comunista. Dedicouse, desde entón, integralmente á literatura. Foi electo, o 6 de abril de 1961 para a Academia Brasileira de Letras. Recibiu o título de Doutor Honoris Causa por diversas universidades. Tamén recibiu o título de Obá de Xangô na relixión Candomblé.
A súa obra foi adaptada ao cine, ao teatro e á televisión, e tamén foi tema de varios traballos de escolas de samba no Carnaval brasileiro. Os seus libros están traducidos a 49 idiomas e publicados en 55 países. Existen tamén publicacións en braille, e cintas de son gravadas para cegos.
En 1987, foi inaugurada no Largo do Pelourinho, situado na cidade de Salvador, Baía, a Fundación Casa de Jorge Amado, que abriga e preserva o seu acervo para investigadores. A fundación tamén axuda o desenvolvemento de actividades culturais no estado de Baía.
Jorge Amado morreu na cidade de Salvador o 6 de agosto de 2001. Foi cremado e as súas cinzas foron enterradas no xardín da súa casa o día 10 de agosto, cando cumpriría 89 anos.
O 4 de decembro de 2014, recibiu (post mortem) da Asemblea Lexislativa de Bahia a dignidade de Cidadán Benemérito da Liberdade e da Xustiza Social João Mangabeira, debido á súa traxectoria en defensa dos intereses sociais, o máis alto honor do Estado.[4][5]
En 2012 Cultura e Educación homenaxeou o 12 de maio ao escritor Jorge Amado na segunda sesión do ciclo ‘Galicia, Ceo das letras’.[6]
Crenzas e estilo literario
[editar | editar a fonte]Mesmo dicíndose materialista, Amado era un practicante da Umbanda e do Candomblé relixión esta última na cal exercía o posto de honra de Obá de Xangô no Ilê Opó Afonjá, do cal moito se compracía. Amigos que Amado aprezaba no Candomblé eran mães-de-santo Mãe Aninha, Mãe Senhora, Mãe Menininha do Gantois, Mãe Stella de Oxóssi, Olga de Alaketu, Mãe Mirinha do Portão, Mãe Cleusa Millet, Mãe Carmem e o pai-de-santo Luís da Muriçoca.
Como Érico Veríssimo, Rachel de Queiroz, José Américo de Almeida, José Lins do Rego e Graciliano Ramos, Amado representaba o modernismo rexionalista brasileiro (segunda xeración do modernismo).[7]
Na súa actuación literaria presentou dúas fases distintas: primeiramente de claro cuno social e político, que poden ser vistas en obras como O País do Carnaval, Cacau, Suor, Jubiabá, Capitães de areia e Os subterrâneos da liberdade, entre outras. Xa en obras como Gabriela, cravo e canela,Gabriela, cravo e canela, Dona Flor e Seus Dois Maridos, Tenda dos milagres, Tereza Batista cansada de guerra e Tieta do Agreste, pódese ver un aspecto máis rexionalista, segundo opinión do profesor, crítico e historiador de literatura brasileira Alfredo Bosi: "Na última fase abandónanse os esquemas da literatura ideolóxica que nortearan as novelas de 30 e de 40; e todo se disolve no pnitoresco, no 'saboroso', no 'gorduroso', no apimentado do rexional.[7]
Breve análise da súa obra
[editar | editar a fonte]Jorge Amado adoptou un compromiso social cos pobres, os desposuídos, os marxinados da sociedade: obreiros, campesiños, prostitutas e vagabundos poboan as súas novelas, convértense en protagonistas e heroes.
Co paso dos anos, Amado foi cambiando a súa concepción do ben e o mal, da pobreza e a riqueza: nos momentos de militancia comunista aceptaba o ben identificado coa pobreza e o mal coa riqueza, aos poucos comprendeu que o ben e o mal non son froitos da pobreza ou a riqueza, senón que nacen da vontade e o carácter de cada persoa.
O éxito da literatura latinoamericana da década dos anos 60 tivo un precursor na obra de Jorge Amado, en cuxas obras mestura o realismo social cunhas acertadas doses de humor, erotismo e sensualidade, co heroísmo da tradición romántica do século XIX, e coas paixóns, os amores e os odios propios do melodrama.
Novelas de Bahía
Esta denominación, dada polo propio escritor, refírese ás novelas que teñen a Salvador de Baía como escenario. Jorge Amado denuncia as inxustizas sociais e a opresión nun mundo dividido entre bos e malos, negros e brancos, oprimidos e opresores, pobres e ricos: O país do Carnaval, Suor e Capitães da areia.
Novelas ligadas ao ciclo do cacao
En Cacau, São Jorge dous Ilhéus e Terras do sem-fim denuncia a explotación dos traballadores rurais polos exportadores de cacao nas facendas do sur de Baía; Amado narra historias líricas de malandros e vagabundos elevados á categoría de heroes románticos e folletinescos: Mar morto, Gabriela, cravo e canela, esta de 1958, converteuse nun dos maiores éxitos editoriais da literatura brasileira. Nesta tendencia encádrase tamén a novela A morte e A morte de Quincas Berro d'Água, na que Jorge Amado crea un dos seus mellores personaxes, o marinero Quincas Berro d'Água. Nestas novelas as protagonistas son grandes heroínas, moi coñecidas polo público brasileiro: Gabriela, Tieta do agreste e Dona Flor.
Outras obras
Jorge Amado escribiu tamén dúas importantes biografías noveladas: ABC de Castro Alves e O cavaleiro dá esperança na que narra a vida de Luís Carlos Prestes, o primeiro presidente do Partido Comunista Brasileiro.
En 1992, Amado publicou Navegaçãou de cabotagem, cuxo subtítulo é "apuntes para un libro de memorias que xamais escribirei", un libro de escritos fechados pero non ordenados cronoloxicamente, nos que o autor relata pasaxes da súa vida persoal e da súa carreira literaria.
Traducións das obras
[editar | editar a fonte]A obra de Jorge Amado xa foi editada en 55 países, e vertida para 49 idiomas: albanés, alemán, árabe, armenio, azerí, búlgaro, catalán, chinés, coreano, croata, danés, eslovaco, esloveno, español, esperanto, estoniano, finés, francés, galego, xeorgiano, grego, guaraní, hebraico, holandés, húngaro, iídiche, inglés, islandés, italiano, xaponés, letón, lituano, macedonio, moldovo, mongol, noruegués, persa, polaco, romanés, ruso (tamén tres en braille), serbio, sueco, tailandés, checo, turco, turcomán, ucraíno e vietnamita.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- O país do Carnaval (1930)
- Cacau (1933)
- Suor (1934)
- Jubiabá (1935)
- Mar Morto (libro)|Mar Morto (1936)
- Capitães da areia (1937)
- Terras do Sem-Fim (1943)
- São Jorge dos Ilhéus (1944)
- Seara vermelha (1946)
- Os subterrâneos da liberdade (1954)
- Gabriela, cravo e canela (1958)
- A morte e a morte de Quincas Berro d'Água (1961)
- Os velhos marinheiros ou o capitão de longo curso (1961)
- Os pastores da noite (1964)
- O Compadre de Ogum (1964)
- Dona Flor e Seus Dois Maridos (1966)
- Tenda dos milagres (1969)
- Teresa Batista cansada de guerra (1972)
- Tieta do Agreste (1977)
- Farda, fardão, camisola de dormir (1979)
- Do recente milagre dos pássaros (1979)
- Tocaia grande (1984)
- O sumiço da santa (1988)
- A descoberta da América pelos turcos (1994)
- O milagre dos pássaros, fábula (1997)
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]- O gato gaiado e a andoriña señá (1976). O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá, traducido ao galego por Xela Arias.
- A bola e o goleiro (1984)
Poesía
[editar | editar a fonte]- A estrada do mar (1938)
Teatro
[editar | editar a fonte]- O amor do soldado (1947)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- ABC de Castro Alves, biografía (1941)
- O cavaleiro da esperança (1942) biografía
- Bahia de Todos os Santos (1945) guía
- O mundo da paz (1951) viaxes
- O menino grapiúna (1982) memorias
- Navegação de cabotagem (1992) memorias
- Hora da Guerra (2008) crónicas
Cartas
[editar | editar a fonte]Son máis de 100 mil páxinas en proceso de catalogación as cartas trocadas con xente do mundo enteiro, gardadas nun acervo illado da súa fundación. A doazón foi entregada cunha reserva, por escrito: "Jorge escribiu que soamente cincuenta anos tras súa morte ese material debía ser aberto ao público", segundo a poeta Myriam Fraga, que dirixe a Casa desde súa creación hai vinte anos.
De relatos sobre libros e obras de arte a traxes do cotián, escribiuse con grandes escritores, poetas e intelectuais de seu tempo: Graciliano Ramos, Érico Veríssimo, Mário de Andrade, Carlos Drummond de Andrade, Monteiro Lobato e Gilberto Freyre, entre tantos outros brasileiros; Pablo Neruda, Gabriel García Márquez e José Saramago, entre tantos outros estranxeiros. No campo da política, a correspondencia estabeleceuse con nomes dos máis variados como: Juscelino Kubitschek, François Mitterrand e Antônio Carlos Magalhães.
As cartas mostran como o escritor recibía as máis imprevistas peticións ben como presentaba persoas unhas ás outras en época en que era intenso o diálogo vía postal. A correspondencia persoal de Jorge Amado pode ofrecer inestimável fonte de pescuda.[8]
Entre outros que formaban parte do círculo de amizades de Jorge Amado vale citar: Federico Fellini, Alberto Moravia, Yves Montand, Jorge Semprún, Pablo Picasso, Oscar Niemeyer, Vinícius de Moraes, Jean-Paul Sartre e Simone de Beauvoir.[9]
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Moitas das súas obras foron adaptadas para cinema, TV, teatro e radio, ben como para banda deseñada.[10] En 1960 estreou na TV Tupi a adaptación de Gabriela, Cravo e Canela, de Antônio Bulhões de Carvalho e dirixida por Maurício Sherman. En 1975, outra adaptación da novela Gabriela, feita por Walter George Durst estreouse na televisión pola Rede Globo. En 1976 estreou no cinema Dona Flor e seus Dois Maridos con dirección de Bruno Barreto. O filme tivo moito éxito, visto por máis de dez millóns de espectadores. Aínda virou miniserie e peza teatral. En 1982 e 1987 estrearon, respectivamente, no teatro Capitáns de Area e O Gato Malhado e a Andorinha Sinhá. A Rede Bandeirantes levou ao ar unha adaptación de Capitães de Areia á televisión en 1989. O mesmo ano, a Rede Globo estreou a telenovela Tieta, con dirección de Reynaldo Boury, Ricardo Waddington, Luiz Fernando Carvalho e Paulo Ubiratan. En 1995, a Rede Titular adaptou a obra Tocaia Grande para televisión. En 1998, foi ao aire outra adaptación da obra Dona Flor e Seus Dous Maridos, desta vez en formato de minisérie. En 2012, o remake de 1975 de Gabriela foi exhibido pola Rede Globo.
Premios
[editar | editar a fonte]Premios internacionais
[editar | editar a fonte]- Prêmio Stalin da Paz (Moscou-1951), posteriormente Prêmio Lênin da Paz;
- Prêmio da Latinidade da Academia do Mundo Latino (Francia-1971), con Ferreira de Castro e Eugenio Mondale;
- Prêmio do Instituto Ítalo-Americano (Italia-1976);
- Prêmio Internacional Dag Hammarsk (Portugal-1983);
- Premio Nonino Risit d’Âur (Itália-1984); Prêmio Moinho (Italia-1984);
- Prêmio Dimitrov de Literatura (Sofía-1986);
- Prêmio Pablo Neruda (Moscovo-1989);
- Prêmio Etruria de Literatura (Italia-1989);
- Premio Mundial Cino Del Duca (Francia-1990);
- Prêmio Mediterrâneo (Italia-1990);
- Prêmio Vitaliano Brancatti (Italia-1995);
- Prêmio Luís de Camões (Portugal-1994);
- Medalha de Vermeil (Francia-1988);
- Medalha de Ouro Simón Bolivar (Francia,1997);
- Prêmio Mediterrâneo do Centro di Cultura Mediterranea (Italia, 1998).
Premios brasileiros
[editar | editar a fonte]- Prêmio Graça Aranha, Río de Xaneiro (1936);
- Prêmio Nacional de Romance do Instituto Nacional do Livro, Río de Xaneiro (1959);
- Prêmio "Jornal do Comércio", Río de Xaneiro (1959);
- Prêmio Luisa Cláudio de Souza, do Pen Club do Brasil, Río de Xaneiro (1959);
- Prêmio Carmem Dolores Barbosa, São Paulo (1959);
- Prêmio Jabuti, São Paulo (1959, 1995);
- Prêmio Paula Brito, Río de Xaneiro (1959);
- Prêmio Juca Pato — "O Intelectual do Ano", São Paulo (1969);
- Prêmio Fernando Chinaglia, Río de Xaneiro (1982);
- Prêmio Nestlé de Literatura Brasileira, São Paulo (1982);
- Prêmio Brasília de Literatura — Conxunto de Obras, Brasília (1983);
- Prêmio Moinho Santista de Literatura, São Paulo (1984);
- Prêmio Personalidade Literária do Ano, São Paulo (1984);
- Prêmio BNB de Literatura, Ceará (1985);
- Prêmio Pablo Picasso. Brasília (1988);
- Medalha do Mérito Jornalístico da Associação Baiana de Imprensa, Brasil (1996);
- Prêmio do Ministério da Cultura (1997).
Títulos
[editar | editar a fonte]- Comendador da Ordem de Andrés Bello (Venezuela-1977);
- Comendador da Ordem das Artes e das Letras (Francia-1979);
- Comendador da Legião de Honra (Francia-1983);
- Comendador da Ordem do Mérito Judiciário do Trabalho (Brasil-1983);
- Grande Oficial da Ordem do Infante Dom Henrique (Portugal-1986);
- Comendador da Ordem do Congresso Nacional (Brasil-1986);
- Comendador da Ordem do Mérito de São Jorge dos Ilhéus (Brasil-1992);
- Comendador da Ordem do Mérito Aperipê (Brasil-1992);
- Comendador da Ordem de Maio (Argentina-1992);
- Comendador da Ordem do Mérito Cultural (Brasil-1995);
- Comendador da Honorífica Ordem da Cultura, pola Academia de Cultura de Curitiba (Brasil,1996).
- Grã-Cruz da Ordem do Mérito de Brasília (Brasil-1988);
- Grã-Cruz da Ordem de Bernardo O'Higgins (Chile-1993);
- Grande Oficial da Ordem de Santiago da Espada (Portugal-1980);
- Grande Oficial da Ordem do Mérito da Bahia (Brasil-1981);
- Grande Oficial da Ordem de Rio Branco (Brasil-1987);
- Doutor Honoris Causa da Universidade Federal da Bahia (Brasil-1980);
- Doutor Honoris Causa da Universidade Federal do Ceará (Brasil-1981);
- Doutor Honoris Causa da Universidade Lumière, Lyon II (Francia-1987);
- Doutor Honoris Causa en Língua e Literatura da Universidade de Dagli Studi (Bari-1990);
- Doutor Honoris Causa da Universidade de Israel (Israel-1990);
- Doutor Honoris Causa da Unversidade Estadual do Sudoeste da Bahia (Brasil-1992);
- Doutor Honoris Causa da Universidade de Pádua (Italia-1995);
- Doutor Honoris Causa da Universidade Paris III - Sorbonne Nouvelle (Francia-1998);
- Doutor Honoris Causa da Universidade de Bolonha (Italia-1998);
- Doutor Honoris Causa da Universidade de Lisboa (Portugal-1998);
- Doutor Honoris Causa da Universidade de Brasília (Brasil-1999)
- Ordem Carlos Manuel de Céspedes, Conselho do Estado da República de Cuba (Cuba -1988);
- Sócio Honorário do Centro Brasileiro da Associação Mundial de Escritores (Brasil-1987);
- Grã-Cruz da Ordem do Mérito Cultural (Brasil-2012) — post mortem.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Escritores.org. "Amado, Jorge". www.escritores.org (en castelán). Consultado o 2020-04-25.
- ↑ "Historia y biografía de Jorge Amado". Historia y biografía de (en castelán). 2018-06-20. Consultado o 2020-04-25.
- ↑ "Biografia de Jorge Amado". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2020-04-25.
- ↑ Institucional. "Jorge Amado é homenageado com a mais importante honraria da AL". ALBa. Arquivado dende o orixinal o 03/03/2016. Consultado o 05/12/2014.
- ↑ "Cidadáns Galardoados". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014.
- ↑ "Cultura e Educación homenaxea o 12 de maio ao escritor Jorge Amado na segunda sesión do ciclo ‘Galicia, Ceo das letras’ Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-04-25.
- ↑ 7,0 7,1 Amaral, Emília (2010). Novas palavras, nova coleção. FTD. ISBN 9788532274922.
- ↑ "Jorge Amado - Vida e obra de Jorge Amado". Brasil Escola (en portugués). Consultado o 2020-04-25.
- ↑ "Pernambuco.com - Diario". web.archive.org. 2014-08-19. Archived from the original on 19 de agosto de 2014. Consultado o 2020-04-25.
- ↑ "Bis!: Clássicos de Jorge Amado adaptados para cinema, TV e teatro". redeglobo.globo.com (en portugués). Consultado o 2020-04-24.